DE NOVO COA LEI DE MONTES DE GALIZA, ... Asemblea das Comunidades de Montes de Galiza

 

Antecedentes

    No mes de febreiro chegou a mans de membros da Organización Galega de CMVMC un chamado "Borrador do Anteproxecto da Lei de Montes de Galicia". Este documento contiña, non me paro noutros extremos pola gravidade do punto que suliño, a formación dun Organismo alimentado por unha sangría de cartos das Comunidades no que se levaría a xestión dos Montes públicos e os das Comunidades de Montes consorciadas e conveniadas (case o 50% do total).

    Diante de tan grande barbaridade tomouse a decisión de facer dise tema o cerne da Asemblea da Organización do 27 de Marzo en Guitiriz. Nos días anteriores á Asemblea fixéronse notas de prensa e unha roda en Santiago que acadaron comprido reflicte nos medios. De inmediato a dirección da Organización tivo unha chamada do Director Xeral de Montes na que propoñía unha xuntanza o día antes da Asemblea, ... a xuntanza tivo lugar e nela se manifestou á Organización que o borrador que tiñamos non era máis que un instrumento de traballo lonxe do definitivo, que o organismo de xestión ficaría fora e que cando houbera un borrador de Anteproxecto máis adiantado pasaríalo á Organización para coñece-la súa opinión.

 

Asemblea de Guitiriz

    Na Asemblea era craro a inquietude das Comunidades polo tema da Nova Lei de Montes. As verbas da Mesa da Asemblea relatando a entrevista co Director Xeral levaron as augas ó seu canle maís con reservas pois estamos afeitos as promesas incumpridas da Xunta. Froito desa inquedanza foi a proposición dalgúns participantes de facer tan axiña coma se tiveran novas unha Asemblea Xeral Monográfica de Comunidades de Montes sobor da Lei.

 

Últimos acontecementos

    Na primeira semá de Abril, na xuntanza-retiro espiritual da Xunta de Galicia en Monforte, saiu nalgúns medios de comunicación que se tiña aprobado o Anteproxecto da Lei de Montes. Esta nova sementou a mesma inquedanza que se tiña antes da Asemblea. Poco despois do retiro chega, subreptizamente, as nosas mans outro Borrador no que, certamente, desapareceu o relacionado co organismo xestor de montes mais víamos que poidera facer fume a posibilidade de facer alegacións.

    Diante do feito do que o Anteproxecto poidera ser presentado ó Parlamento sen poder alegar tratouse de se por en comunicación co Director Xeral, ... semella que desta volta no hai tanto interese por se xuntar, pois a resposta que recibiamos da secretaria era a doblemente tópica e, a cotío, enganosa de está falando por outra liña ou está nunha xuntanza.

    Polo devandito, na Xuntanza da Rectora da Organización Galega de CMVMC do 17 de Abril, acordouse celebrar unha Asemblea Xeral Extraordinariade CMVMC en Santiago ou, se non atopamos local, en Pontevedra,  ás 5 da tarde do sábado, 22 de Maio, co só tema da Lei de Montes.

    A partir da semá entrante remesarese ás Comunidades a convocatoria e unha copia da copia "pirata" que temos do Anteproxecro da Lei de Montes de Galicia".

    No momento oportuno convocarase ós medios para unha Roda de Prensa.

 (todo o anterior está no meu coñecemento por conversas cos asistentes á xuntanza co Director Xeral, ter asistido á Asemblea de Guitiriz en representación da miña Comunidade e, tamén, ter asistido como convidado á xuntanza da Rectora que se dí máis enriba, a responsabilidade do escrito é miña: Celso Milleiro Fariñas)