III ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

E

IV xornada monográfica do monte veciñal

 

SABADO, 17 DE MARZO DE 2001

LUGAR: Coliseo Noela de Noia (Barrio do Curro)

NOIA ( A Coruña)

 

 

 


 

 

Asemblea Ordinaria

Sesión de mañá

09: 30 horas Recepción de Asistentes.

10:00 horas Orde do día.

1.- Lectura e aprobación da acta anterior.

2.- Altas e baixas no censo de comunidades.

3.- Informe de actividades do ano 2000.

4.- Balance económico do ano 2000.

5.- Proposta de actividades para o ano 2001.

6.- Presuposto económico e cota anual para o ano 20001.

7.- Preguntas e propostas.

Asemblea Extraordinaria

13:30 horas No mesmo local.

Orde do día:

Único.- Modificación de estatutos.

 

 

Sesión da tarde.

 

IV Xornada monográfica sobre o monte veciñal.

"O Gando bravo no monte veciñal: situación e alternativas"

16:00 horas Comezo da xornada.

Intervirán:

 

 

NOTAS:

 

------

 

RESUMO DA ASEMBLEA E XORNADA.

Por Celso Milleiro Fariñas.

18 de Marzo do 2.001

Tal como anunciabamos fai uns días, celebroúse onte, día 17, en Noia, a Asemblea Xeral Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Da nosa Mancomunidade asistiron as Comunidades de San Vicente do Grove, San Vicente de Nogueira e Combarro. A Asemblea foi moi densa e durou dende as 10 da mañá deica as 9 da noite.

A Mancomunidade de MVMC do Noroeste de Pontevedra que como sabedes tenta xuntar ás Comunidades do Castrove e as súas ramificacións e na que o Salnés ten gran importancia, presentou os propostas que se especificaban na nosa nota de prensa anterior á celebración da Asemblea:

-LOITA CONTRA O IMPOSTO DE SOCIEDADES: A Asemblea aprobou comezar a preparar unha Manifestación para os derradeiros días do verán ou primeiros do outono, en calquera caso antes das ELECCIONS O PARLAMENTO DE GALICIA e o máis preto posible delas. A ORGANIZACION quere deixar craro que non ten outra política que a política do Monte; politicamente meteuse ás Comunidades no Imposto de Sociedades, politicamente ten que se saír dil e politicamente ten que se criar unha fiscalidade e un control de contas axeitado á realidade das Comunidades. Quérese aproveitar a especial sensibilidade que teñen os partidos políticos nos períodos electorais para acadar nos o xusto obxetivo polo que teimamos. ¿se ninguén está a prol do Imposto de Sociedades, por qué non se troca? ¿Hai alguén a favor?

A anterior Manifestación do ano pasado foi como acto un suceso total, a concorrencia superou todalas expectativas razoabeis e foi o principio de que encetárase a considerar á ORGANIZACIÓN como o máis representativo no que se refire a Comunidades de Montes... Non se entende que un acto como aquel, non trouxera, canda menos, un díalogo por parte do Poder ... Dado que desta volta o desexo da Manifestación xurde da indignación por ise feito das Comunidades, pode ser un fito ainda máis grande ca anterior.

CONSELLO COMARCAL MADEIRA-FORESTAL DO SALNES: A Asemblea acordou apoiar as iniciativas da Mancomunidade no senso de obter respostas que expliquen o feito deica agora incomprensible de que non haxa representantes dos propietarios e, moi especialmente, no que ten que ver conosco, das Comunidades de Montes.

ACTIVACION DO XURADO PROVINCIAL: A Asemblea acordou continuar na liña mantida deica agora no apoio ás Comunidades que teñen problemas no recoñecemento das súas propiedades de Monte; considerase primordial como primeiro paso chegar a obtela representación legal das Comunidades no dito Xurado para o que, no próximo curso, emprénderanse accións.

REXIME ESPECIAL PARA OS MONTES COSTEIROS TURISTICOS: Expúxose a necesidade de que os Montes Veciñais destas características tiveran unha réxime especial; dado que é un tema complexo e non resoluble nun dous por tres e as nosas pretensións non ían máis alo, por agora, da simple manifestación, esperámolo tratar no sucesivo máis de vagar.

No que ten que ver con outros aspectos da, repito, densa Asemblea podería destacarse:

ASISTENCIA, POR PRIMEIRA VEZ, DE REPRESENTANTES OFICIAIS DA XUNTA A UN ACTO DA ORGANIZACION:

Dun tempo deica agora encetaron a ser máis frecuentes as chamadas da Xunta á Organización para consultas relacionadas co Monte nos seus diferentes aspectos. O labor da Organización no que só primaban os intereses HONESTOS polo Monte foi quen de chegar ó feito de que nada pode facerse no Monte, repítome: especialmente no Veciñal, sen que a voz dela poda estar ausente. Este feito foi recoñecido pola Administración, unha das partes que semellábanos máis resistentes á nosa existencia. E agora, tal coma dixen, despois de nos invitar á sua casa onde debían considerarse seguros, acodirón á nosa, na persoa do Director Xeral de Montes, por primeira vez e quiza comprobaron que a HONESTIDADE, verba que foi usada unhas cantas veces, reina no noso Lar. Eu entendo HONESTIDADE como o feito de traballar polo Monte libres, sen intereses espureos, e que como o único que nos move e o ben da Comunidade e do Monte, se nos decatamos de estar errados trocamos e punto.

SERVICIO DE MONTES VECIÑAIS, AREA DE MONTES VECIÑAIS: Tal como tíñamos dito na nota de prensa anterior á celebración da Asemblea, celébrase, tamén, unha Xornada Monográfica encol dalgun tema relacionado co Monte Veciñal; desta volta o tema elexido foi: "O gando bravo no monte veciñal: situación e alternativas". Interviño tal como diciamos o Director Xeral de Montes que no transcurso da súa exposición falou da criación, dentro da súa Dirección Xeral, da Xefatura de Servicio de Montes Veciñais coa súa correspondente Xefatura de Area de Montes Veciñais nas Delegacións provinciais. A existencia de organos especificos para as Comunidades de Montes era algo que viñamos defendendo dende a Organización, pode ser algo que mellore a situación, de todolos xeitos, ... estamos lonxe de entender que os Montes son algo máis que forestal e productivo. Se é un primeiro paso, benvido.

GANDO: Non temos dúbida que o gando tanto dende un punto de vista económico coma dende os problemas que leva de seu non ten moita importancia na nosa Mancomunidade; só unhas poucas Comunidades teñen que ver co gando e non moito.

A estas Comunidades, a Xornada de onte pode suxerirlle un par de inquedanzas:

-o feito de consentila presencia de gando no Monte pode se la causa de responsabilidade das Comunidades nos danos que produza a terceiros.

-tamen poderan xerarse responsabilidades para as Comunidades por mor do gando morto no Monte.

CONGRESO: Para o próximo ano, o 2.002, está previsto realizalo II CONGRESO DE CMVMC. Hai que ter en conta que a fase actual de actividade encetouse no I CONGRESO, o Congreso de Poio; naquil Congreso manifestouse a vontade de criar a nosa Organización. O próximo Congreso ten que siñificar un momento de reflexión do periodo anterior de catro anos para criticalo e poñer as bases da actuación cara adiante. A nosa Mancomunidade tentará ter anha actitude activa en temas como poden selos Montes da beira do mar, Parque forestal (ordenación xeral conxunta dos Montes da Mancomunidade), atención ás novas tecnoloxias da información (¿por qué non da comunicación e relación e máis da formación?), ...

Ainda que non coma fito, o Congreso de Poio ten que ser superado polo menos en participación e en consolidación do movimento do Congreso de Poio.