P R I M E I R A M E N S A X E
|
|||||||
|
Fecha: 17/04/2006 11:46 |
|||||||
|
Para: "cmilleiroTERRA"<cmilleiro@telefonica.net> |
|||||||
|
CC: |
|||||||
|
Asunto: RE: RV: WEBS DE PARROQUIAS E ALDEAS GALEGAS |
Ola Celso:
son o responsable da web da aldea de Soutipedre, poñeremos proximamente unha ligazón a túa páxina.
na miña aldea non está constituída ningunha asociación de montes, pero uns veciños e eu estamos na procura de información sobre tratamentos contra o chancro do castiñeiro ¿dispós ti de información?
Saúdos
David
S E G U N D A M E N S A X E
De:
cmilleiroTERRA [cmilleiro@telefonica.net]
Enviado: lunes, 17 abril, 2006
1:55 p.m.
Para: CMVMC Soutipedre; CMVMC
Soutipedre II
CC: CMVMC Combarro II;
ESCOLAforestaisDIRECTOR; ESCUELA DE CAPATACES FORESTALES DE LOURIZÁN; ANAMAGAN;
distrito.forestal13@xunta.es; APROFOGAaxentes forestais;
SINDICATOGALEGOLABREGOnacional (slgnac@terra.es); REBOREDA; secretariaMRURAL;
AGADER (direccion.xeral.agader@xunta.es); conselleiro e gabinete; javier pereira
gonzalez; PRENSAmrura; 'xose.manuel.puga.gonzalez@xunta.es'; 'AGADER'; 'Javier.
Angel. Perez. Rodriguez@Xunta. Es (javier.angel.perez.rodriguez@xunta.es)';
'prensa.agri@xunta.es'; 'secretariaACORUÑA'; 'secretariaLUGO';
'secretariaOURENSE'; 'secretariaPONTEVDRA'
Importancia: Alta
Como esta resposta a máis ca ti, vai para outros destinatarios, polo que logo direi, reproduzo a túa mensaxe:
Ola Celso:
son o responsable da web da aldea de Soutipedre, poñeremos proximamente unha ligazón a túa páxina.
na miña aldea non está constituída ningunha asociación de montes, pero uns veciños e eu estamos na procura de información sobre tratamentos contra o chancro do castiñeiro ¿dispós ti de información? Saúdos David
1º . � Coido que deberades constituirvos en Comunidade de Montes, ? según os meus dados tedes monte clasificado como monte veciñal e a máis da vosa responsabilidade ( responsabilidade: non no senso de posibeis cargas senón do coidado do voso) é lóxico que a vosa propiedade a levedes do mellor xeito. Tedes unha obriga: legarlle ós vosos descendentes o que recíbichedes dos devanceiros polo menos nas mesmas condicións.
A Organización Galega non ten o menor inconvinte en achegarse as vosas terras e explicaros como constituirvos en Comunidade. Non teríades costo algún: as Comunidades irmáns da Organización levarían os gastos. Aínda que sería bó, non é indispensabel, que houbera outras comunidades da zona; no voso Concello polo que eu sei debera habelas en:
|
Nome da Comunidade |
|
Cubeiros |
|
A Mata |
|
Langullo e Cimadevila |
|
San Miguel (Manzaneda) |
|
San Vicencio |
|
Trabazos e Outros |
|
Veciños do Concello de Manzaneda |
|
San Martiño de Abaixo |
|
Paradela (Manzaneda) |
|
Soutipedre |
|
Escadas e Rebodepo |
|
Reigada (Manzaneda) |
|
San Martiño de arriba |
Xa diredes os vosos desexos encol do choio.
2º . � No que se refire ó do CHANCRO, nos non somos especialistas.
Esta mensaxe como podes ver no seu encabezamento vai dirixido a unha serie de persoas e institucións das que saíra cousa proveitosa para vostedes. Neste senso gostaría que me dixeras cómo vai a cousa para te-lo en conta noutras peticións parellas as vosas.
Pase o que pase cos correspondentes douche dados do distrito forestal o que perteñecedes pois independentemente do anterior poderedes facer xestións nil.
3. Distrito de Valdeorras-Trives.
* Comarca forestal de Terra de Caldelas-Terra de
Trives, concellos de Castro Caldelas, Montederramo,
Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa,
Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
* Comarca forestal de Terra de Valdeorras, concellos
do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda
de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga
e Vilamartín de Valdeorras.
DISTRITO FORESTAL XIII: VALDEORRAS-TRIVES
CASA GRANDE DE VILOIRA
32300 O BARCO DE VALDEORRAS
TELÉFONO: 988.32.51.44
FAX: 988.32.64.95
CORREO ELECTRÓNICO: distrito.forestal13@xunta.es
COMARCAL CASTRO CALDELAS
STA. ISABEL 1-1º 32760 CASTRO CALDELAS
TELÉFONO: 988.20.35.23
FAX: 988.20.35.23
E máis nada polo de agora, espero a túa información sobor das respostas que recibides, ? senón hai un bo suceso seguirímos tentádoo.
SAÚDE, pola ORGACCMM: Celso Milleiro Fariñas
T E R C E I R A M E N S A X E
|
|||||||
|
Fecha: 24/04/2006 13:03 |
|||||||
|
Para: <soutipedre@soutipedre.es> |
|||||||
|
CC: <cmilleiro@telefonica.net> |
|||||||
|
Asunto: Cancro do castiñeiro |
Ola David:
Escribo dende a empresa Reboreda, S.L. Somos unha empresa que nos adicamos ó
control de pragas e enfermidades forestáis.
Lido o voso correo, e como Celso tivo a deferencia de mandarnos unha copia
quería comentarte un pouco sobor do control do cancro do castiñeiro:
O control curativo eficaz da enfermidade hoxe con métodos tradicionáis de
aplicación de funxicidas que eu saiba non existe, o único que se podería
recomendar neste sentido é o seguinte:
1.- Corta-las partes afectadas por el cancro e cura-las feridas feitas para
evita-la entrada do patóxeno a través delas.
2.- Cando aparece o cancro nunha plantación de castiñeiros hai que podar
tódalas pólas afectadas e queimalas o máis rápido posible, para rebaixa-lo
nivel de inóculo do fungo, e cubri-los cortes con pastas protectoras, que
evitarán a entrada doutros patóxenos.
3.- Se o ataque é moi forte, cómpre corta-las árbores a rentes do pé,
aplicándolle ó corte o mesmo tratamento. Deste xeito, ó agromar de novo a
planta dende abaixo, transformáse o souto nunha reboleda de castiñeiros, que
precisará dun tratamento selvícoola para producir madeira ou convertelo nun
novo souto manso.
4.- Se decidides empregar este método debedes facer cortes limpos sen deixar
rebarbas, empreñando para isto motoserras coa cadea ben afiada e facendo
cortes lixeiramente deitados, de xeito que a auga escorregue sen cegar a
apodrece-la madeira. Sempre se deben protexe-los
cortes con pastas
protectoras que impidan a entrada do fungo. É moi importante, desinfecta-las
ferramentas antes de volver a facer outros cortes, para non contagiar
árbores sas. A madeira das podas debe ser queimada.
Outras solucións das que nos no somos especialistas son:
- O emprego de híbridos resistentes
- A loita biolóxica
Para estas dúas cuestións recomendo que te poñas en contacto con Francisco
J. Fernández de Ana Magán, él sabe moito destes temas.
Recomendote en calquera caso o libro:
"O Souto, un ecosistema en peligro"
Francisco J. Fernández de Ana-Magán, María Cristina Verde Figueiras e
Antonio Rodríguez Fernández
Servicio de Estudios e Publicacións. Consellería de Agricultura, Gandería e
Política Agroalimentaria.
Xunta de Galicia. 1998
Unha aperta;
Belén Reboreda Reboreda, S.L