Xuntanza de Rectora da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM) do 18-12-2.005
Encol da elaboración dunha nova Lei de MVMC de Galiza
Escrito discutido:
SR. DIRECTOR XERAL DE MONTES
A Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM) entende que a maior tacha que se lle pode por a vixente Lei de MVMC é o incumplimento de mesma realñizada polos anteriores gobernos da Xunta de Galicia. Mais tendo coñecemento de que no programa do goberno actual da Xunta de Galicia figura a elaboración dunha nova Lei de MVMC, presentamoslle as seguintes suxerencias:
1.- Débese manter o concepto xermánico de propiedade dos MVMC.
2.- A veciñanza debera ser o único requisito para gozar dos dereitos dos MVMC. Mais para que haxa un maior vencellamento entre a veciñanza e o MVMC teríase que establecer como obriga a asistenza ás Asembleas Xerais.
3.- Deberase manter o concepto de plena capacidade xurídica das CMVMC, potenciandoas de xeito que poideran adquirir todo tipo de bens no camiño da millora do funcionamento das mesmas. Como consecuencia desto: non se debe dotar ás CMVMC de personalidade xurídica. Dotalas dela sería eliminaren o concepto de propiedade veciñal.
4.- Os MVMC somentes poderían ser expropiados no caso de obras públicas de interese social prevalentes ós dos MVMC. Os ingresos derivados destas expropiacións non poderían ser repartidos entre os veciños/as comuneiros. Dado que a expropiación forzosa siñifica a eliminación física do MVMC e a eliminación para sempre do seu, de xeito excepcional, cos ingresos das expropiacións forzosas poderíase mercar monte que adquiriría a característica de MVMC.
5.- Os ingresos derivados dos actos de disposición deberan te-la obriga de investilos na mellora do monte ou en obras e servicios comunitarios.
6.- Os Xurados provinciais de clasificación de MVMC deberan funcionar periodicamente en dúas sesións ó ano e deberan regulamentarse as características das sesións extraordinarias. Debera se manter a presencia de dous representantes da Comunidade propietaria e regular a presencia das comunidades da provincia que ben poidera ser un representante da organización de CMVMC que exista a nivel galego ou un representante de estas escollido pola comunidade á que se lle vai a clasificar o seu monte.
7.- Eliminación da esixencia do quorum para a terceira convocatoria (a engadir ás dúas que existen) para o funcionamento normal das CMVMC. Deberanse mante-los quorums cando se trate de actos de disposición, aprobación ou reforma dos estatutos, elección de xuntas rectoras.
8.- Eliminación de anunciar as convocatorias de Asembleas Xerais nos taboleiros de anuncios dos Concellos e eliminación de ter que pasar dúas hors entre a primeira e segunda convocatoria (debera bastar media hora).
9.- Obrigatoriedade de investir o 50% dos ingresos do monte na ,millora do propio monte.
10.- Distinguir entre montes degradados e montes abandonados, entendendo por degradados, un inaxeitado aproveitamento, e por abandonados, aqueles que por falla de poboación non teñan formada a CMVMC. Nos montes degradados a Administración galega deberá requerir da CMVMC un plan de mellora ou, no seu defecto, elaboralo ela mesmo. Nos montes abandonados, o seu uso, podería ser entregado a Mancomunidade de MVMC, ou a CMVMC cercanas sen que estan adquiran a propiedade. No caso de que se formase a CMVMC, o monte pasaría as súas mans.
11.- Eliminación dos consorcios e nova regulación dos convenios. O órgano de xestión destes estaría formado por unha Mesa paritaria (Administracion e CMVMC) e nela tratarían toda-las cuestións relacionadas co convenio (organización de subastas, execución do plan de traballo anual, adxudicación de obras, ...).
12.- Elaboración dunha fiscalidade acaída a figura do MVMC. En todo caso a fiscalidade do IRPF sería de aplicación ós veciños comuneiros/as que acadasen rendas polos ingresos dos montes.