Xuntanza de Rectora da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM) do 18-12-2.005
Encol da elaboración dunha nova Lei de Montes de Galiza
Escrito discutido:
SR. DIRECTOR XERAL DE MONTES
Tendo no noso coñecemento a información que no programa do novo goberno da Xunta de Galicia está incluida a elaboración dunha nova Lei de Montes de Galicia, a Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM) quer presentarlle as seguintes suxerencias:
1.- Na clasificación dos diversos tipos de montes que existen en Galicia debera figurar o "monte veciñal en man común" a par dos montes públicos e privados.
2.- Non se debera entender o termo forestal como sinónimo do termo monte xa que nono son. O forestal e somentes un aspecto máis do monte. Polo tanto o correcto sería usar o termo monte. E o mesmo poderíase dicir cando se fala de recursos, aproveitamentos, propietarios, ... do monte.
3.- Cando se faga referencia ós propietarios dos mentes debera engadir "e as comunidades de montes". Non cabe dúbida que as comunidades de montes son propietarias de montes mais son uns propietarios especiais. Evitar esa referencia, é dicir, situalas dentro dos propietarios de montes é desvirtuaren ás CMVMC.
4.- Cando se trate o referente ás exenciós e as bonificacións fiscais debera se facer referencia a que os MVMC precisan dunha fiscalidade especial. Calquera exención ou bonificación que se aplique ós montes particulares non ten consecuencias nos MVMC dado que éstes son, precisamente, unha propiedade especial, son outro xeito de posuir.
5.- A futura Lei de Montes de Galicia debera recoñece-la débeda istórica que o Estado ten hacia os MVMC. Non a débeda istórica que foi condonada coa vixente Lei de MVMC senón a débeda istórica que siñificou a usurpación dos MVMC polas diversas Administracións, a rotura da simbiose monte-veciñanza, o abandono dos MVMC, a despoboación das zonas rurais, ...
6.- Teríase que conceptuar como recursos dos montes todos aqueles que se producen no propio monte, dende a madeira ás actividades extractivas, pasando pola biomasa, gando, parques eólicos, producción agrícola, ... Independentemente de que alguns recursos do monte tiveran que ter unha lexislación específica.
7.- A Administración galega debera seguir tendo competencias en deslindes, loita contra o lume, loita contra as pragas, integridade do monte, plans de aproveitamentos dos MVMC, formación das CMVMC, convenios de aproveitamentos, ... xa que os MVMC aportan á sociedade beneficios indirectos de tipo social e ambiental.