Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis

en Mán Común

Asemblea Anual

Outes, 24/03/07

INFORME  DE  XESTIÓN

                                                                                     Ano de 2006

                            Introducción:

 

A Xunta Rectora da  Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común, presenta diante da Asamblea Xeral anual, o INFORME DE XESTIÓN correspondente  da actividade desenvolvida o longo do ano 2006.

 

Un ano máis,  ésta organización a través da súa Xunta Rectora, quere amosar a través désta fiestra un balance do que dentro do ano de referencia acontecéu, sinalando unha serie de feitos destacados como foron a organización e celebración do III Congreso Galego de Comunidades de Montes e ás eleccións a Xunta Rectora , no mes de Maio en Caldas de Reis (Pontevedra), xunto a  publicación do Libro de dito Congreso. Por outra banda,  a situación extraordinaria derivada da vaga de lumes do mes de Agosto e ás súas consecuencias posteriores acaparóu bastante atención cunha certa intensidade.

 

 Ademáis, a maiores do que figura no presente INFORME, hái que voltar a facer referencia tanto a numerosos escritos tramitados como ás diversas chamadas  que  se atenderon dentro da xeografía galega, por situacións moi puntuáis de apoio a comunidades de montes e  que tiveron  na Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común  a soliedariedade necesaria.

 

            Tamén, suliñar como unha faceta importante do ano 2006, e a continuidade no 2007, da implicación da nosa organización , nos aspectos formativos e de difusión de diferentes cuestións  relacionadas coas comunidades de montes e ós montes veciñáis.

 

                                               A Xunta Rectora.

 

Resumo da actividade desenvolvida o longo do ano 2006

 

Reunións da Xunta Rectora:

Durante o ano de 2006 a Xunta Rectora da OGCMVMC mantivo 14 reunións.

 

Organización do III Congreso Galego de Comunidades de Montes:

Celebrado no Concello de Caldas de Reis, ós días 13 e 14 de Maio do 2006 tivo como precedente varias xornadas preparatorias do mesmo.

 

Asembleas da O.G.C.M.V.M.C.:

 

Asemblea Xeral Ordinaria:

Celebrada no Auditorio de  Ourense o día 4 de Febreiro de 2006. 

 

Asemblea Xeral Extraordinaria:

-         Celebrada o día 14 de Maio de 2006,  no Concello de Caldas de Reis. Elección da Xunta Rectora.

-         Celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra. Setembro.

 

Publicacións e circulares:

 

4 circulares informativas.

1 número da revista O Común dós Veciños.

Libro do III Congreso Galego de Comunidades de Montes.

 

Actividades 2006

Més de Xaneiro:

-         Organización da Asemblea Xeral Ordinaria en Ourense.

-         Xestións sobre Imposto de Sociedades.

-         Reunión con Caixanova.

-         Reunión co Ministerio de Defensa. Traballos topográficos.

-         Medios de Comunicación: Asemblea Xeral de Ourense.

-         Escritos o Presidente da Xunta de Galiza: Imposto de Sociedades, Enerxía Eólica.

-          Escritos ó Senador Sr.  Lago Lage e ó Deputado Sr. Ceferino Diaz, ambolosdóus do PSOE, e ó Grupo Parlamentar do BNG,  sobre Imposto de Sociedades.

-         Escritos ás Consellarías de Política Territorial, Medio Rural, Medio Ambiente, Vivenda: sobre PXOM e Montes Veciñáis.

-         Escritos a Dirección Xeral de Tributos. Fiscalidade.

-         Escritos o Director Xeral de Montes, Delegados Provinciáis de Medio Rural.

-         Mesa Redonda convocada por FEARMAGA sobre Estudio Sectorial de Montes no Hotel “Los Abetos”-Compostela.

 

Més de Febreiro:

-         Asemblea Xeral Anual. Auditorio de Ourense.

-         Escrito Director Xeral de Montes. Acordo da Asemblea de Ourense sobre reforma da Lei de Montes Veciñáis en Mán Común.

-         Reunión co Conselleiro de Industria.

-         Escritos sobre deslindes ós Delegados Provinciáis de Medio Rural.

-         Escritos ós Grupos Parlamentares: Monte Veciñal e novo Estatuto.

-         Aportacións o borrador de liñas de axudas para montes.

 

Més de Marzo:

-         Escritos grupos políticos: Monte Veciñal no Estatuto de Autonomía.

-         Reunión co grupo político do BNG por petición déste.

-         Participación en cursos e xornadas: Escola de Mabegondo e Facultade de Bioloxía.

-         Reunión co Vicepresidente da Xunta de Galiza.

-         Escritos ó Deputado do PSOE Ceferino Diaz e Deputada do BNG Olaia Fernández, sobre Imposto de Sociedades.

-         Escrito o Secretario Xeral de Unións Agrarias sobre Imposto de Sociedades.

-         Aportacións  Estatuto de Galiza en materia de Montes Veciñáis.

-         Participación no Comité Galego de Caza.

-         Xornadas sobre Certificación Forestal. Lugo.

Páx.: 4

 

 

Mes de Abril:

-         Organización do III Congreso Galego de Comunidades de Montes.

-         Reunión do Grupo Galego de FSC en Lugo.

-         Presentación de candidatura a Xunta Rectora da OGCMVMC.

-         Convidados polo Sindicato CIG. Estatuto de Galiza.

-         Participación nunha xornada sobre Montes no Concello de Lousame.

-         Participación na Asemblea Xeral de FEARMAGA. Padrón.

-         Participación na 5ª Conferencia sobre Baldíos en Viséu-Portugal.

-         Alegacións Proxecto de Decreto Prevención Incendios Forestáis.

-         Participación nas Xornadas “O Monte Galego e a súa Sustentabilidade”. Facultade de Bioloxía. Compostela.

 

Mes de Maio:

-         Celebración do III Congreso Galego de Comunidades de Montes. Caldas de Reis.

-         Asemblea Xeral. Eleccións a Xunta Rectora.

-         Participación no  debate sobre o Estatuto de Galiza na Comisión de Estudo da Reforma.

-         Costitución da Mesa da Madeira.

-         Actuacións sobre a creación do Consello Consultivo  para a Xestión de Parques Naturáis.

-         Escritos varios: Dirección Xeral de Montes e Consellaría de Medio Rural.

-         Xornadas de divulgación do Patrimonio no Medio.

-         Aportación de suxerencias ó Decreto de Axudas o Sector Equino.

-         Intervención diante da Dirección Xeral de Montes sobre a “Federación de Propietarios Forestáis”.

-         Diante da Delegación Provincial da Consellaría de Medio Rural en Lugo. Asunto Comunidade As Lagoas (Os Nogáis).

-         Delegada de Cultura e Delegado de Medio Rural en Pontevedra. Patrimonio Arqueolóxico en Nigrán

-         Reunión Delegado Provincial da Consellaría de Medio Rural de Ourense. Asunto: Comunidade de Veiga de Seixo (Riós).

-         Alegacións a reforma do IRPF.

 

Mes de Xuño:

-         Reunión co Delegado Provincial da Consellaría de Medio Rural de Ourense. Asunto consorcios.

-         Participación nás Xornadas sobre Biomasa.  Semana Verde de Silleda.

-         Participación no programa da TVG, “Labranza”.

-         Mesa Redonda sobre Lumes Forestáis. “La Voz de Galicia”.

-         Solicitude de reunión co Concelleiro de Industria. Enerxía Eólica.

-         Convidados a un acto sobre “Galeusca”.

-         Participación nas VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente do Val Miñor.

-         Participación nás Xornadas sobre Montes Veciñáis en Mán Común en Pobra do Brollón. (Lugo).

-         Comité Galego de Defensa dos Montes Contra os Incendios Forestáis.                                                                                           

 

Mes de Xullo:

-         Participación na elaboración do Decreto de Prevención de Incendios Forestáis.

-         Participación no contido da futura Lei de Dereito Civil Galego.

-         Participación en Mesa Redonda sobre “Lumes Forestáis” organizada polo diario Correo Galego.

-         Participación no proxecto de Lei de Minería de Galiza.

-         Escritos Grupo Parlamentar do PP.Difusión do Monte Veciñal.

 

Mes de Agosto:

-         Valoración Incendios Forestáis. Varias.

-         Organización de Asemblea Extraordinaria.

-         Acordos de manifestación no convite de Nunca Máis.

-         Apoios a OVICA para ós premios AGADER.

-         Propostas de medidas para combater o efecto dos lumes forestáis.

-         Escrito o Xurado Provincial de Montes de A Coruña. Representante dás Comunidades.

 

Mes de Setembro:

-         Participación na Mesa da Madeira.

-         Celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria.Pontevedra.

-         Participación na Comisión de Estudo dos Incendios Forestáis.

-         Participación na Mesa Redonda “Presente e futuro do Monte Galego”. Redondela.

-         Propostas xunto a  Sindicato Labrego Galego e FROUMA, diante da Dirección Xeral de Montes:Medidas diante da vaga de lumes.

-         Reunión co Grupo Portucel-Soportel de Portugal. Pontevedra.

-         Sinatura do Convenio de colaboración coa Cosellaría de Medio Rural.

-         Participación nas Xornadas sobre “A sostibilidade do monte en Galicia”. Boiro.

-         Participación no Festival das Artes pola Biodiversidade Terr@ctiva.

-         Escritos ós Grupos Políticos do PSdeG-PSOE e BNG sobre exención de tributar no Imposto de Sociedades,  trala vaga dós lumes.

 

Mes de Outubro:

-         Participación diante do PSdeG-PSOE. Incendios Forestáis.

-         Reunión co Director Xeral de Montes.

-         Convenio de formación coa Consellaría de Medio Rural.

-         Participación en FORESTALIA.

-         Entrevista coa Consellaría de Medio Ambiente.

-         Participación en Xornadas sobre Lumes Forestáis en  Cabral. Vigo.

-         Xornada organizada polo Sindicato Labrego Galego para Inxeñeiros Técnicos Forestáis.

-         Propostas - borrador da Lei de Prevención de Incendios Forestáis..

-         Reunión do Consello Forestal de Galiza.

-         Reunión da Mesa da Madeira.

-         Xornadas colaborando coas Consellarías de Cultura e Medio Rural. Patrimonio no Medio.

-         Propostas diante da Consellaría de Medio Rural sobre Liñas Estratéxicas de Desenvolvemento Rural de Galiza.

-         Escritos varios: Conselleiro de Medio Ambiente sobre Comunidades de Montes e “ánimo de lucro”.

-         Respostas o Grupo do PSdeG-PSOE sobre preguntas da Comisión de Estudo dos Incendios Forestáis.

-         Xestións diante do Deputado Ceferino Diaz sobre Imposto de Sociedades.

-          Debate en Compostela organizado por ADEGA.  Os incendios forestáis en Galiza.                                                             

Mes de Novembro:

-         Curso sobre Xestión de Montes Veciñáis en Mán Común. A Veiga.

-         Homenaxe ós Mártires de Sobredo. Guillaréi.

-         Xornadas sobre Xestión Forestal na Montaña Lucense. Becerréa.

-         Curso de formación  de Comunidades de Montes en Guitiríz.

-         Curso de formación de Comunidades de Montes en Viveiro.

Mes de Decembro:

-         Escritos ós Grupos Políticos en Madrí. Imposto de Sociedades.

-         Preparación da Asemblea Xeral Ordinaria de Marzo 2007.

-         Convidados a Asemblea Nacional do BNG en Compostela.

-         Curso de formación de Comunidades de Montes no Val Miñor.

-         Consellaría de Medio Rural. Mancomunidade de Cerdedo.

-         Reunión na Dirección Xeral de Montes do Consello Forestal de Galiza.

-         Queixas diante da Dirección Xeral de Montes sobre ás poxas de madeira.

-         Participación no acto “Os Montes fonte de riqueza”. Tomiño.

-         BNG na  Comisión de Economía e Facenda do Congreso dos Deputados. Imposto de Sociedades.