Convocatoria
Asemblea Xeral Ordinaria
Organización Galega de
Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
ORGACCMM
Guitiriz, (Lugo) 27/03/04
A ORGACCMM convoca
Asemblea Xeral Ordinaria do Ano de 2004, que terá lugar o vindeiro día 27 de Marzo (Sábado) de 2004 nas
instalacións do Hotel Balneario de
Guitiriz (Lugo), a partires das 10,00
horas, coa seguinte ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación se procede da acta
anterior.
2.- Altas e baixas no censo de comunidades.
3.- Informe de xestión do ano 2003.
4.- Balance económico do ano 2003 e cota para o
2004.
5.- Rogos e preguntas.
A continuación están programados dous debates
sobre:
1.- Lei de Montes en elaboración pola Consellería
de Medio Ambiente.
2.- Funcionamento externo-interno da Organización.
Propostas.
Ás 14,30 horas Xantar de Irmandade.
Pola tarde as 16,30 horas está programada unha
visita guiada a Aula de Natureza de San Xosé, na parroquia de San Xosé de
Lagostelle, no mesmo Concello de Guitiriz.
XANTAR
DE IRMANDADE:
No Restaurante do Hotel
Balneario, terá lugar o xantar. Para poder acceder o mesmo os/as asistentes
deberán estar en posesión do correspondente VALE, que será retirado na
recepción.
Para formalizar a
asistencia ó mesmo, deberán de ingresar a cantidade de 30 euros por persoa
antes do día 23 de Marzo na conta da Organización: 2080/0072/70/0040006299 de Caixanova, Sucursal Sabarís-Baiona,
facendo constar o número de persoas e nome da comunidade de montes.
O
Presidente da ORGACCMM