Organización Galega de Comunidades de
Montes Veciñáis
en Mán Común--ORGACCMM
Asemblea Anual
Guitiríz, 27/03/04
INFORME DE
XESTIÓN --Ano de 2003
Introducción:
A Xunta Rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán
Común, presenta éste INFORME a modo de
resumo das actividades desenvolvidas o longo do ano 2003.
Moitas foron ás actuacións levadas a cabo
pola mesma, dentro da liña de defensa
dos intereses da figura do Monte Veciñal en Mán Común.
Ademáis das que aparecen reflexadas a continuación no presente
texto, tiveron lugar outras moitas de a cotío, diante de diferentes
requerimentos, consultas e reunións que fixeron da representación da ORGACCMM.
unha presenza da mesma como entidade,
recoñecida en diversos foros e institucións tanto de Galicia como de Portugal.
O
caracter voluntarísta dos membros da Xunta Rectora, así asumido, e a carencia
de calquera tipo de axuda ou subvención oficial, coidamos que aporta a nosa
organización un valor fora de toda dúbida nos tempos que corren.
De todolos xeitos, non estaría de máis facer
un chamamento a todalas comunidades de montes de Galicia que consideren o monte veciñal como algo tan noso, tan
ligado a nosa historia, con esa carga emocional que conleva, a adherirse a nosa
organización, e ás que xa son socias incrementar a súa participación, facer no
ámbeto da súa actuación, no séo das mancomunidades, donde sexa posíbel contar
coa súa presenza, un pequeno esforzo,
para que a figura do monte veciñal sexa coñecida e revalorizada, único xeito de poñer fréo os múltiples
intereses que xiran sobre él.
Elo
pode ser factible organizando actividades, locáis ou comarcáis, donde se fale
nos diferentes níveis da poboación (escolar e adultos) do siñificado do monte
veciñal, e da súa importancia, a elo temos que animarnos.
A Xunta Rectora.
Resumo das actividades desenvolvidas o longo do 2003
Reunións da Xunta Rectora:
Mantiveronse un total de 11 reunións en Compostela, agradecendo a
colaboración da AA.VV. de Pontepedriña, pola cesión do séu local social para
poder celebralas.
Asemblea da ORGACCMM.:
Tivo lugar no Concello de Baiona, o 15
de Marzo do 2003. Celebróuse en sesión de mañá e tarde. Ademáis da
celebración da Asemblea (pola mañán), tratóuse como mesa redonda o papel das
Mancomunidades de Montes no
desenvolvemento local e rural (pola tarde).
A participación foi bastante alta en canto a
asitencia e ós debates.
Publicacións e circulares:
Editóuse o Libro do II Congreso.
Remitíronse 2 números da revista “O Común dos Veciños”.
Remitíronse 5 circulares informativas.
Mes de Xaneiro:
-
-
Xestións con Caixanova sobre
financiación da Axenda 2003.
-
-
Recepción do Proxecto de Lei Básica de Montes elaborado polo
Ministerio de Medio Ambiente e remitido pola Consellería de Medio
Ambiente.
-
-
Reunión sobre o modelo FSC de Certificación Forestal.
-
-
Sobre a Lei do Solo e consecuencias para ós M.V.M.C.
Mes de Febreiro:
-
-
Alegacións o Proxecto de Lei Básica de Montes.
-
-
Escrito a Dirección Xeral de
Montes e Industrias Forestáis sobre os deslindes.
-
-
Reunión de Mancomunidades de
Montes Veciñáis en Compostela.
-
-
Envío de propostas para a 26
edición da Semana Verde de Galicia.
-
-
Remisión a todolos grupos
parlamentares no Congreso dos Deputados e ós Sindicatos Agrarios, das propostas
de modificacións ao texto do borrador do anteproxecto de Lei de Montes.
Mes de Marzo:
-
-
Asemblea Xeral da ORGACCMM. en
Baiona (15/03/03).
-
-
Escritos a varios xurístas sobre cuestións de interese para as
Comunidades de Montes sobre o articulado do proxecto de Lei de Montes.
-
-
Participación como convidados no
VI Congreso do Sindicato Labrego Galego en Compostela (22/03).
-
-
Varios escritos remitidos a
Consellería de Medio Ambiente sobre diversos temas: discriminación nas axudas e subvencións para actividades, entrevistas
varias, asunto deslindes, etc.)
-
-
Convocatoria da Consellería de
Medio Ambiente en Compostela. Asunto: Plan de loita integrada contra o Gonipterus Scutellatus nos eucaliptos
(27/03).
-
Convocatoria da Conselleria de
Medio Ambiente en Compostela. Asunto: Comité Galego de Defensa dos Montes
Contra Incendios Forestáis (28/03).
Mes de Abril:
-
-
Escritos remitidos a varios
xurístas . Asunto: Reforma do IRPF.
-
-
Convenio de colaboración entre UNITEGA (Unión de Tecores de Galicia) e
a O.G.C.M.V.M.C.
-
-
Participación en Astur-Foresta, Tinéo-Asturies.
-
-
Reunión do Comité Provincial de
Caza de Lugo (25/04)
-
-
Acto da Federación Empresarial
de Aserradoiros e Rematantes de Madeira (FEARMAGA)
en Compostela (30/04).
-
-
Reunión con ADENA e rematantes de madeira: certificaión forestal.
Mes de Maio:
-
-
Nomeamentos para o Comité
Provincial de Caza en Ourense e no Comité Galego de Caza.
-
-
Convocatoria da mesa sectorial
do PRODER en Vigo.
-
-
Remisión de escritos ós Grupos
Parlamentares de Galicia sobre a
Reforma Parcial do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
-
-
Sobre medidas agroambientáis polo S.L.G.
Mes de Xuño:
-
-
Reunión convocada pola Promotora
da Asociación para a Certificación Forestal modelo PEFC, a celebrar en Compostela o 5/06.
-
-
Escrito sobre a participación da
O.G.C.M.V.M.C. na mesa de certificación forestal PEFC.
-
-
Convenio de
colaboración entre o Sindicato Labrego
Galego e a O.G.C.M.V.M.C.
-
-
Participación o día 5 de Xuño no
Día Mundial do Medio Ambiente.
-
-
Reunión do Comité Provincial de Caza en Lugo.
-
-
Recepción de escrito confirmando
subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Normalización Linguistica.
Mes de Xullo:
-
-
Escrito da Consellería de Medio
Ambiente sobre borrador de decreto polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais Forestáis de Reproducción.
-
-
Comunicación ós promotores da
Asociación para a Certificación Forestal PEFC, sobre acordo da Xunta Rectora da
O.G.C.M.V.M.C.
-
-
Alegacións a
creación do Consello Galego de Xestión
Forestal Sostible.
Mes de Agosto:
-
-
Convocatoria en Compostela
(13/08), para constituir o Comité en
Defensa do Monte Galego.
-
-
Convocatoria do Comité de
Defensa do Monte Galego en Ourense (27/08).
Mes de Setembro:
-
-
Convocatoria do Comité de
Defensa do Monte Galego en Ourense (16/09).
-
-
Convocatoria no Pazo de
Congresos de Pontevedra (30/09), dunha reunión sobre Certificación Forestal FSC.
-
-
Remisión a todolos grupos
parlamentares do Estado de petición de reunións para tratar asuntos de interés
relacionados coa nova Lei de Montes.
Mes de Outubro:
-
-
Escrito con resposta á pregunta
escrita do Deputado do Grupo Socialista D. Ceferino Díaz Díaz, en relación co
Proxecto de Lei de Montes.
-
-
Participación nás Xornadas de Debate e Analise sobre Cooperativismo en Galicia. Convoca a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e
Relacións Laboráis.
-
-
Escrito da Consellería de Medio
Ambiente sobre borrador do “Decreto de
Regulación de Aproveitamentos en Terreos Forestáis”, para remisión de
alegacións.
-
-
Convocatoria de reunión pola
Consellería de Medio Ambiente en Compostela para tratar o Plan de Loita Integrada contra O Gonipterus (30/10).
-
-
Petición de entrevista co Ilmo. Sr. Conselleiro de Política
Territorial, obras Públicas e Vivenda, para tratar asunto relativo a Lei
9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural en Galicia.
Mes de Novembro:
-
-
Convenio de colaboración entre a
Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), e a ORGACCMM
-
-
Convocatoria de reunión pola
Consellería de Medio Ambiente, do Comité de Defensa dos Montes Contra Incendios Forestáis (18/11)
-
-
Escrito a Deputada Ana Vázquez
Blanco e tamén a Presidenta da Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos
Deputados (PP), sobre modificación de acordos referidos o Proxecto de Lei de Montes, sen seren informados.
-
-
Participación nos actos de homenaxe ás Comunidades de Montes
celebrados en Pazos de Borbén (Pontevedra, 14/11).
-
-
Participación na edición FIREFOR/2003 (Incendios Forestáis)
celebrada en Vilagarcía de Arousa (14 ó 16 /11/03).
-
-
Varias iniciativas sobre a
situación da Comunidade de Montes de Sán Martiño de O Grobe.
-
-
Participación como convidados na
Asemblea do B.N.G. en Compostela (22 e 23).
-
-
Reunión có Conselleiro de Política Territorial, obras Públicas e
Vivenda en Compostela (25/11).
-
-
Aportación de suxerencias o
texto da Lei de ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural, trala
reunión do día 25/11.
-
Co-organización da homenaxe
ós/ás mártires de Sobredo
(Guillaréi-Tui).
Mes de Decembro:
-
-
Edición do Libro do II Congreso de Montes Veciñáis.
-
-
Presentación por FEARMAGA (Aserradoiros e Rematantes),
dún estudo sobre a situación do sector. (Compostela 5/12)
-
-
Recepción de documentación
relativa a tramitación da nova Lei de Montes do Estado, remitida polo Grupo
Político do B.N.G.
-
-
Reunión na
Consellería de Medio Ambiente en Compostela (15/12), para tratar das liñas de axuda para o fomento da
silvicultura e ordenación de montes arborizados.
-
-
Participación como co-organizadores
dunha visita e posterior encontro con representantes de Montes Baldíos de Portugal. (13/12).
-
-
Organización dunha Mesa Redonda
sobre Montes Periurbáns en
Pontevedra (19/12).
- - Convidados a Asemblea Anual de OVICA en Sarria (Lugo). (20/12).