Miércoles, 27 de noviembre de 2002 Índice O MORRAZO

 

 

JOSÉ GAYO - PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SANTA MARÍA DE CELA

"Non deixo a asociación para adicarme á política"

M.M. - bueu

A busca dun novo presidente para a Asociación de Veciños Santa María de Cela iniciouse este fin de semana tralo anuncio do actual responsable, José Gayo, de non presentarse á reelección. Con cincuenta anos de idade e ó timón dun negocio familiar, o buenense decidiu abandona-lo colectivo para permitir un cambio na navegación do mesmo. Catro anos como presidente da organización mostran a traxectoria deste empresario que, ademais, compaxina a súa actividade coa presidencia da xunta de comuneiros do lugar.

-¿Por qué decidiu non presentarse de novo á reelección?

-Creo que xa cumprimos unha etapa de catro anos e todo vai cansando. Considero que hai xente agora que pode entrar con ganas e con máis brío co que comezamos nós. O que necesitamos son persoas novas con ganas, que traten de face-las cousas que nós non puidemos. Porque isto, parece que non, pero vai desgastando. Cansa leva-la asociación... e chega un momento no que é preciso unha renovación.

-Algúns veciños cren que non se presenta á reelección porque ansía ocupar un posto na lista electoral do PP para as próximas eleccións municipais. ¿Que opina disto?

-(Ja, ja, ja) Ríome porque ese comentario... Non, non hai nada diso. Esa afirmación é infundada. Nada de nada.

-Ou sexa, se o Partido Popular lle propuxese ir na lista, vostede non aceptaría...

-Non, porque precisamente deixo a asociación porque non teño tempo. Eu teño o meu traballo e vivo del. Metinme na asociación como unha maneira de colaborar polo benestar da parroquia, a ver se conseguiamos algo. Na posición agora que estou no me traballo non teño tempo para atende-la asociación entón decidín deixala.

-Ó longo destes catro anos, ¿cales cre que foron os maiores logros conseguidos pola asociación?

-Para min, primordialmente, a unión entre Hermelo e Cela foi algo decisivo. Antes, para ir dunha zona a outra tiñamos que dar un rodeo por unha terceira parroquia, a de Bueu, cando resulta que Hermelo e Cela están pegadas entre sí. Despois, fixémo-lo arranxo do cementerio e o pavimentado das suas rúas tanto no vello como no novo. Tamén propuxémo-la pista deportiva no grupo escolar de A Torre a pesar de que non logramos pechala nen cubrila. Agora, estamos co saneamento e o asfaltado de pistas... A verdade é que aínda queda moito por facer. A nova directiva terá moito traballo por diante. Espero que reciba o apoio de todos.

 

"Con 8.000 euros, faremos un parque no Carballal"

-Coa súa saída do colectivo, quedan pendientes algúns proxectos...

-Sí, a Diputación concedeunos uns 8.000 euros para crear unha zona de lecer, é dicir un parque, no lugar de Carballal, xunto ás casas. Era unha petición que plantexamos hai catro anos e resulta que recibimos agora os cartos.

-¿Como describe o seu periodo fronte á asociación?

-Lémbroo como unha época da miña vida que gardo con cariño e na que tratei de facer algo pola parroquia.

-¿Cre que os veciños están satisfeitos?

-Eu creo que a maior parte da xente é consciente do traballo que fixen. O problema é que non hai cartos para todo e ó mellor sí hai persoas que se sintan marxinadas ou non atendidas. Pero xa digo que foi unha cuestión de que non chegaban os cartos.

-¿Que actuacións quedan por conseguir para Cela?

-Na parroquia queda aínda moito por facer. Queda o remate do alcantarillado... Nós sempre rexeitamos asfaltar unha rúa para ano e medio despois volver a levantala para instala-la rede de saneamento. O ideal é facer primeiro a obra e despois pavimentar.

 

Imprimir Subir

 

Noticia anterior: El PP analizará en un comité la decisión del gobierno de Bueu de pleitear contra la Xuntaÿ
Siguiente noticia: El coleccionismo en las venas

 

© FARO DE VIGO, 2002. Todos los derechos reservados digital@farodevigo.es