- Felicitamos a tódolos asistentes á manifestación celebrada o pasado día 22 de setembro de 2001 en Compostela. Nela reivindicamos unha tributación xusta é acaída ás Comunidades. Houbo unha grande participación de comuneiros. En canto teñamos as fotos da manifestación poñerémolas aquí. Únicamente laiarnos da censura deste acto feita polos meios de comunicación oficiais ( TVG, Radio Galega, TVE en Galicia, RNE), medios que pagamos todos e que teñen a obriga de informar ós cidadáns de todos estes acontecimentos. A Organización Galega de Comunidades de Montes agradece a presencia no acto das formacións Políticas BNG e PSdeG-PSOE, agradecemento que fai extensible a tódalas Asociacións e Organizacións de distinta índole que nos mostraron o seu apoio por distintos medios ( FEG, ADEGA, etc. ). Lamentar, por outra banda, que o PP siga mantendo unha postura negativa a buscar unha solución ó problema da fiscalidade. As comuneiras e comuneiros de Galicia seguimos sen entender como a Xunta de Galicia pode apoiar un imposto inxusto e discriminatorio para o monte Galego.