Viernes, 20 de febrero de 2004
Falar do monte veciñal sen coñecementoNa
revista n.º 3 do Instituto de Estudos Miñoranos, Xosé María Bouzó
Fernández escribe un artigo titulado "Baiona: patrimonio e
turismo", no que verte afirmacións e aseveracións sobre a figura
do monte veciñal en man común e sobre a laboura das comunidades de
montes veciñais en man común de Baiona e do Val Miñor, que ademais de
non ter sentido, son mentiras descaradas.
O artigo de Xosé María Bouzó Fernández, sendo bos e xenerosos, só
se pode entender dende a visión dun total descoñecemento da figura do
monte veciñal en man común e dende a mentalidade urbanita-ecoloxista
no cal os árbores non lle deixan ver o bosque. Descoñecemento total da
figura do monte veciñal en man común xa que afirma que a xestión dos
montes veciñais en man común se lles da as comunidades de montes. Pois
non é certo señor articulista. Ninguén lles da a xestión dos montes
veciñais ás comunidades de montes. Os montes veciñais en man común,
dende tempos inmemorais, son unha propiedade dos veciños e veciñas
comuneiros. A súa xestión e a súa administración corresponde
somentes os veciños e veciñas comuneiros. E ninguén alleo a eles ten
este dereito. Mentalidade urbanita-ecoloxista xa que aboga porque as
administracións "controlen" os acordos dos veciños e veciñas
comuneiros, e aboga porque un "comité de sabios" encauce os
acordos dos veciños e veciñas comuneiros.
Pois non señor articulista. Os veciños e veciñas comuneiros temos
os coñecementos (e sobre todo, o sentido común) para xestiona-los
nosos montes.
O artigo de Xosé María Bouzó Fernández, non sendo nin tan bos nin
tan xenerosos (sendo realista se cadra) só se pode entender dende a
mala fe que escupe cara as comunidades de montes veciñais en man común.
Mala fe porque pon no haber das comunidades de montes obras
negativas, que non fan (tala de carballos, plantacións de eucaliptos,
obras aberrantes, di el, dos lavadouros de Belesar e de Baredo). Mala fe
porque pola contra, non di nada sobre as obras que si fan as comunidades
de montes veciñais en man común (loita contra o fume, recuperación da
toponimia, xornadas de montes e de medio ambiente, mantemento das
actividades culturais das parroquias, rotas de senderismo, creación de
postos de traballoÉ)
O monte veciñal en man común é unha propiedade dos veciños e veciñas
comuneiros. Non é tan difícil de entender.
X. Alfredo Pereira Martínez,
Coordenador Xeral da
Mancomunidade de Montes
do Val Miñor
|