Montes Veciñais en Ourense: Unha esperanza no ermo
A ESPERANZA: Dende hai tempo a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Roblido (A Rúa) ven mantendo conversas coa Organización Galega ca fín de estudar a figura da Mancomunidade de MVMC.
Froito desas inquedanzas foi unha xuntanza en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) celebrada o 30 de Abril. Asistiron á reunión 12 persoas representates de CMVMC dos Concellos de A Rúa, Petín e Vilamartín de Valdeorras a máis de representantes da Organización Galega de CMVMC co seu presidente Xosé Alfredo Pereira Martínez.
Na xuntanza analizouse polo miudo a figura da Mancomunidade de MVMC e a cousa foi de tal xeito que a finais deste mes de Maio farase unha Asemblea de CMVMC que aprobará os Estatutos e nomeará unha Xestora que dea os primeiros pasos para o estabelecemento oficial da Mancomunidade de Valdeorras e para o madurecemento de accións en común.
A figura do Monte Veciñal con abutres a montóns só ten un xeito de acada-la súa pervivenza: a unión e defensa mutua e, máis aínda, no ermo de Ourense.
O ERMO: Na xuntanza tamén deu tempo para parolar encol da situación dos Montes Veciñais na provincia de Ourense.
Dentro dun clima de caciquismo tradicional local levado tamén polas figuras tradicionais existe o caciquismo-clientelar da Administración da Xunta (en xeral, pois coñecemos a existencia de persoas dignas que teñen o seu mérito nun ar acorante). As amosas de trato despectivo, cuasi-feudal, son frecuentes e sementan de desesperanza ós comuneiros. Se actúa como si os Montes foran da Administración e non dos seus propietarios: as CMVMC.
Algúns dos temas nos que se trataron foron:
-Mantemento dos antigos Consorcios
-Actuacións da Administración sen contar coas Comunidades PROPIETARIAS.
-Sinalamentos de madeira arbitrarios e taxacións con valores moi por baixo do mercado.
-Non execución dos procedementos formais das actas de entrega e recoñemento final das adxudicacións dos lotes de madeira.
-Nulo asesoramento ás Comunidades de Montes.
Carencia de planificación na loita contra os incendios (non participan os propietarios e se descoñece a existenza dun Plan).
-Non condonación das débedas que por Lei deberan desaparecer (chegouse a respostar a unha Comunidade que o que dí a Lei de Montes Veciñais encol da condonación non é para Ourense)
Diante desta situación e co obxeto de muda-la, a Organización Galega de CMVMC e as Comunidades presentes na xuntanza elaboraran un informe que presentarán persoalmente ós máximos representantes da Xunta de Galicia en Compostela. A situación de Ourense ten que trocar.