Asunto: COUTO DE
COGOMELOS; DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Celso
Milleiro Fariñas
Presidente da Mancomunidade de MVMC CASTROVE-SALNÉS
Lugar de Caticobas 14-B
36637 MEIS (Pontevedra)
Tfo. 607.89.54.10
cmilleiro@terra.es
Na Asemblea celebrada no día de hoxe, 22 de Febreiro do 2.004, a máis de asuntos internos propios da Mancomunidade, tiveron especial tratamento os seguintes:
COUTO DE
COGOMELOS
Decidiuse dalos
primeiros pasos para a criación dun “Couto de Cogomelos” na zona de actuación
da nosa Mancomunidade: o Castrove e mailo Salnés.
Creouse unha Comisión
formada por representantes das Comunidades de Montes Combarro, Campañó, San
Vicente de Nogueira e Noalla.
Esta Comisión terá que
elaborar en colaboración cos A.D.R. PRODER II “Comarca de Pontevedra” e
“Salnés” as Bases para a contratación dunha empresa que elabore un Estudo de
Viabilidade.
Nestes derradeiros días de Febreiro a
Comisión porase a traballar co obxeto de chegar o antes posible a elaboración das
devanditas Bases que leven despois a un Proxecto.
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Durante a Asemblea
falouse das xestións feitas durante o ano pasado ca fín de velas posibilidades
de facer un proxecto integral encol dos multiusos do monte que atinxira a
tódalas Comunidades da zona ou, polo menos, a maior parte delas.
Dentro
dise apartado explicáronse as xestións feitas na Deputación; según se nos dixo
recibianos o deputado Xosé Manuel Figueroa Vila representando ó
Presidente da Deputación. Este home recibiunos moi abertamente e díxonos que
lle parecía, o proxecto integral, moi interesante e que il propuña a formula de
criar unha Fundación. Ficou il en se enterar dos fundamentos xurídicos
necesarios e chamarmos... a partires diso tódalas xestións por teléfono e por
escrito que fixemos quedaron sen resposta.
A
nosa indignación ven por dous motivos:
-a mala educación, o desprecio ós
cidadans ós que debe servir.
-falouse da utilización da nosa idea
e da nosa documentación por il, nos acordos coa Mancomunidade de Comunidades de
Montes de Vigo co Concello, onde il é concellal. Non queremos dicir que non se
utilicen pero ...
Calquera
clarexamento que querades encol do exposto non tedes máis que pidila.