MANCOMUNIDADE DE MVMC DO CASTROVE-SALNÉS

 

 

NOTA DE PRENSA: Asemblea da Mancomunidade do 17 de Novembro do 2.002 (Ó remate vai a CONVOCATORIA)

 

A máis das CMVMC membros da Mancomunidade asistiron:

-A CMVMC de Campañó (Pontevedra) que se xunguiu á MANCOMUNIDADE por aprobación nise senso da súa Asemblea da Comunidade.

-A CMVMC de Trabanca Sardiñeira da parroquia de Carril (Vilagarcía de Arousa) en condición de invitada co obxeto de observalo funcionamento da nosa Mancomunidade por mor de tentar formar outra MANCOMUNIDADE na zona do XIABRE.

 

No que se refire ó tratado na ASEMBLEA (a convocatoria vai ó remate destas notas co o acontecido na MESMA) salientarei os seguintes extremos:

 

TROCO DE NOME DA MANCOMUNIDADE:

Por unanimidade aprobouse trocalo nome da Mancomunidade: na vez de “DO NOROESTE DE PONTEVEDRA” pasará a ser “DO CASTROVE-SALNÉS”.

 

 

EXPLOTACIÓN DE COGUMELOS NOS MONTES VECIÑAIS:

Comunicouse á Asemblea a nova trasmitida polos confeccionadores do Proxecto de que xa estaba rematado e que na próxima semana nos sería entregado. Pódese adiantar que o monte ten unha productibidade explotabel aínda que recomendan que a extensión sexa maior. O proxecto se fixo só para a CMVMC de San Vicente de Nogueira (MEIS) mais a idea que subxacía dende o principio era extrapolalo ás CMVCM veciñas e incluso a tódalas da MANCOMUNIDADE.

Quedouse en que a Rectora da Mancomunidade estudase o proxecto e no prazo máis breve posibel facer unha nova Asemblea para velo tema polo miudo. Entra dentro do posibel organizar, despois, unha Mesa Redonda na que intervirían especialistas empresariais, sociais da micoloxía, xurídicos, científicos, etc.

Encol deste asunto tamén se falou da posibilidade económica de levalo adiante por medio do PRODER xa seña dentro de los Grupos de Acción Local de Pontevedra ou do Salnés.

 

PROXECTO DE ORDENACIÓN DO GANDO:

Informouse que se está rematar o Proxecto de Ordeación do Gando nas partes altas do Castrove e as súas extribacións. Nos próximos meses, primeiros do próximo ano, cando estea rematado informarase coa maior celeridade ás CMVMC e gandeiros interesados.

 

BIOMASA:

Explicaronse á Asemblea os derradeiros acontecementos encol do aproveitamento dos restos vexetais procedentes de desbouces, talas e clarexos. É un asunto que pode ter influencia no abaratamento dos custos das operacións selviculturais ditas coa conseguinte repercusión no estado dos montes e a subseguinte amingoamento dos lumes forestais. Ficouse en seguir acontecementos neste orde para tomar no seu momento decisións acaídas.

 

EÓLICO:

Explicaronse as implicacións económicas do asunto.

Como primeira puntualización díxose que se está a falar de números e que estos só teñen unha argumentación que os bote abaixo: outros números.

Según os nosos cálculos, e sendo bos coas expectativas de negocio das empresas, estase a perpetrar coas persoas máis desfavorecidas de Galicia un “roubo”, unha “estafa”, non sei como calificalo, de proporcións xigantescas.

As nosas argumentacións nos levan a proclamar que, nestes intres, con 1.700 Mw. instalados, a “expropiación” a xente dos montes, cunha renta que non chega ó 40% da media da Unión Europea, é de 10.000.000.000 ptas ANUAIS  (10 MIL MILLÓNS DE PTAS., 60 millóns de €)

Cando o Plan Eólico PREVISTO (12.000 Mw.) estea en funcionamento o “roubo” á xente será de 420 MILLÓNS DE EUROS ¡¡¡ Ó ANO!!!, é dicir: TÓDOLOS ANOS, UN TRAS OUTRO. Para ter unha idea do que iso siñifica hai que matinar que os Plans Proder previstos para os próximos 5 ou 6 anos SIÑIFICAN en total 317 millóns de Euros.

Volvemos a facer fincapé que o que amosamos son números e que estamos dispostos a rectificaren diante doutros números.

Esto que digo non hai xeito de velo publicado, agás unha excepción; cando se tenta publicar isto, semella que coa comprobación dos datos que nos damos diante das empresas ou da Xunta, só sai a súa visión e nalguns casos con moitas páxinas ou reportaxes na TV, falando doutras cousas e non do “roubo”.

No caso de CASTROVE, a empresa interesada, ENGASA, está participada, que eu saiba, pola Xunta nun 6%. Pola boca andan a dicir que hai que facer Desenvolvemente Rural para evitaren o envellecemonto, a despoboación e o empobrecemento e por outro non paran de chuchar a eito. A XUNTA DE GALICIA É COMPRICE.

 

PRAGA DO GONIPTERUS NOS EUCALITAIS :

Explicouse ás CMVCM os resultados das dúas Mesas celebradas na Consellería de Medio Ambiente: na primera delas decidiuse facer unha rede de observación da extensión da praga e na segunda o estado da situación cando están a piques de rematala observación.

Ó noso modo de entendelas cousas, temos a esperanza de que desta volta se fagan de verdade cousas contra plaga e non campañas medíáticas como deica agora.

Aínda non sabemos que é o Plan Integral no que se refire a medidas específicas concretas: esperamos que na próxima primaveira a Xunta as expoña.

Para nos, a campaña, entre outras cousas, debe, por unha banda, levar a praga o nivel de equilibrio que ocasione as perdas económicas máis pequenas posibeis, e, por outra, a tomalas medidas selviculturais que remedien o estado no que se atopan moitos montes.

 

Hai que pensar que a praga apareceu fai máis de 10 anos, que a súa extensión a tódalas zonas de eucalitais aconteceu fai máis de 6 anos e que, neste intre, atopámonos na situación de estar a confeccionar o Plan Integral.

 

Independentemente do que se diga nos medios por parte da Xunta, a partires de agora, a nosa MANCOMUNIDADE, vai a usar a proba do algodón: a loita contra a Plaga irá ben cando así o vexamos nos nosos montes, os de CASTROVE-SALNÉS; en canto as medidas selviculturais a proba está á vista: os montes de Samieira e Combarro. No que se refire a extensión podense velos de CURRO, San Tomé e San Vicente de Nogueira. A MANCOMUNIDADE invita dende agora a calquera medio de comunicación a ver o estado dos montes, ese estado é o que amosará no futuro se se ten feito cousa.

 

PLAN INTEGRAL DOS MONTES:

Ca fin de optimizar a xestión dos montes aceptouse o ofrecemento dunha empresa, GUÍA, S.A. de nos explicar os seus sistemas nese senso asi como tamén os procedementos de facer medralos rendementos dentro dun respecto as normas de sostibilidade.

Dentro do mesmo apartado existe a experiencia do Concello de Trabada (Lugo) no que acadouse o consenso da maior parte dos propietarios, incluidos CMVMC, en levar a cabo un proxecto conxunto de PLAN INTEGRAL no que tendo moi en conta os aspectos social e máis ecolóxico dos seus montes atinguiranse grandes medres no aspecto productivo.

Nunha próxima Asemblea representantes de ámbalas dúas experiencias explicaranos as súas andainas.

 

CURSOS:

Repartiuse entre tódolos presentes unha oferta de cursos por parte de ASEFOGA. O ofrecemente abrangue dende formación de CMVMC na súa xestión deica cursos selviculturais, pasando por formación fiscal, tratamento de pragas, etc.

Ficouse de tomar unha decisión na próxima Asemblea a celebrar o máis axiña posibel.

 

CASOS DE NOALLA, SAN MARTIÑO E SAN VICENTE DO GROVE:

Polas tres partes expuxeronse os seus casos respectivos.

No caso de Noalla, volveuse a ofrecer por parte da Mancomunidade toda a colaboración posibel como xa se ten feito noutras ocasións. A CMVMC de Noalla manifestou que cando fora preciso requeriría a intervención da Mancomunidade.

No que se refire as CMVMC do Grove volveuse a tomalo acordo, por outra banda, unha obriga estatutaria, que a MANCOMUNIDADE non pode entrar na vida interna das COMUNIDADES.

Neste apartado xurdeu o tema colateral de cómo aparecen as novas nos xornais; dentro duns días a MANCOMUNIDADE fará un comunicado no que se expresarán as nosas indeas encol diste asunto

 

 

MANCOMUNIDADE DE MVMC DO NOROESTE DE PONTEVEDRA

 

 

                        En Meis, a 3 de Novembro do 2.002

 

                        Como Presidente da Xunta Rectora teño o gusto de convocar ás Comunidades de MVMC da Mancomunidade do Noroeste de Ponte­vedra (CASTROVE-SALNÉS) a unha Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o DOMINGO,  día 17 de Novembro do 2.002, as 1045 horas, once menos coarto da maña, nos locais da Casa da Cultura da ARMENTEIRA, preto do Mosteiro da Armenteira e do CentroEscolar, Con­cello de Meis.

 

                        Se tedes algunha dúbida para a lo­cali­za­ción chamade a Celso 607.89 54 10.

 

                        Tamén podedes espallar este escri­to entre as Comuni­dades que estean preto das vo­sas para invitalas a concurriren.

 

                        A Orde do día da Xuntanza será:

 

                                               11 Dacordo co Artigo 17 dos Estatutos, preguntar ós repre­sentantes das Comunidades se teñen algun punto que incluir no Orde do día.

 

                                               21 Aproba­ción, se procede, do Acta da Asemblea anterior.

 

                                      3º Troco dos Estatuto: chamarnos “CASTROVE-SALNÉS” na vez de “DO NOROESTE DE PONTEVEDRA”.

 

                                               41 Exposición das Actividades efectuadas deica a data..

 

                                               51 Rogos e preguntas.

 

                  O PRESIDENTE :

                       -Celso Milleiro Fariñas-