IMPRESIONES PERSONAIS DE CELSO MILLEIRO FARIÑAS ENCOL, EN XERAL, DA LOITA CONTRA O DEFOLIADOR DOS EUCALITAIS E, EN PARTICULAR, DA II MESA SOBOR DO TEMA.

 

1.- II MESA CONTRA A PRAGA DOS EUCALITAIS:

 

O día 30 de Octubre tivo lugar na Consellería de Medio Ambiente, en Santiago, unha xuntanza (II MESA CONTRA A PRAGA DOS EUCALITAIS) para expor os traballos levados adiante pola Xunta para poñer en funcionamento o PLAN ESTRATÉXICO DE LOITA INTEGRADA CONTRA: Gonipterus scutellatus Gyllenhal.

 

Asistiron á Xuntanza representantes da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM), Asegoga, Afoga, Silvanus, Ence e a Mancomunidade de MVMC do Noroeste de Pontevedra (CASTROVE-SALNÉS). Tamén asistiron membros de TRACSATEC, a empresa contratada pola Xunta para a investigación de campo. Por parte da Xunta dirixiu a exposición e mailo debate o Sudirector Xeral de Montes Teodoro Arribas Serrano. En relación coa I MESA non asistiron os encargados de pragas das Delegacións.

 

En primeiro lugar explicóusenos a rede establecida para a investigación da extensión da praga. Esta rede de cadrados de 4 Kms. superponse ás zonas que no III Inventario Forestal Nacional teñen máis dun 30% de eucalito. Establecense cinco grados de afectación pola praga de 0 (menos do 10% afectado) deica 4 (árbores MORTOS). Hai que ter en conta que en cada cadrado de 4 Kms. (1.600 Has.) se estudia só un cadrado de 100 ms. (1 Ha.): a proporción de investigación é, pois, de 1 a 1.600. Non sei ...

 

Para o Subdirector Xeral o reconto do que atoparon foi sorpresivamente bo; seica orredor do 80% está afectado por menos do 25% (grados 0 e 1).

 

Por parte da Mancomunidade do Noroeste (CASTROVE-SALNÉS), Celso Milleiro Fariñas, se lle expuxo o seguinte:

-dado que semellou que na exposición se dicía que ó cabo dun ano xa se terían resultados fefacentes, preguntouse, se dado que por diferentes técnicos se tiña dito que debido ás diferentes condicións climáticas a actuación do Gonipterus e moi variabel e que unha observación menor de, polo menos, cinco anos acadaría resultados enganosos, o control levaríase máis tempo? respostouse que así sería.

-expúsoselle o caso do monte Castrove, no que dende hai uns cinco anos a situación e desoladora na parte que mira a Ría de Pontevedra, onde comezou a extenderse á cara norte, a que fita ó Salnés, e que, incluso, está extendendose ás zonas baixas. Por outro lado volveuse a insistir en que é de vergoña xa non no aspecto económico senón no estético-paisaxístico ver dende os Concellos de Marín e Pontevedra todo ó longo do Concello de Poio, de Lourido a Raxó, apodrecido. E o mesmo dende Redondela e Vigo os montes de Vilaboa e Moaña.

-Dado que na I Mesa se tiña exposto ó Director Xeral que a páxina-web da Consellería de Medio Ambiente semellaba unha folla de autobombo e que se desaproveitaban as posibilidades de formación e información, diante da aparición na web de cousas encol do Gonipterus: felicitouse a Xunta por iso aínda que se criticou a falla de cousas concretas, agás o anuncio do Inventario, na loita contra a praga. Tamén pediuselle que a formación e información na web extenderase a máis cousas.

-Despois da polémica mantida na primaveira pasada entre o Concelleiro e o Presidente da ORGACCMM encol da participación dos propietarios e do labor da Organización, inquiriuse cómo tiña que artellarse esa participación. A  resposta do subdirector xeral foi que ante a extensión da praga a levaría a cabo SÓ a Consellería.

 

Por parte da ORGACCMM, Claudio Quintillán e David Pérez Losada:

-Preguntouse se a máis das medidas biolóxicas e químicas estaban previstas medidas selviculturais, ... a pregunta atopounos co pé trocado, despois do desconcerto remataron que as estudiarían e que se verían na III MESA, orredor de finais da primaveira do 2.003.

-Tamén expusoselles que alguns funcionarios, en concreto na Terra Chá, queixabanse da falla de medios. O subdirector respostou que lle parecía raro pois estaban a poñer en acción tódolos medios que se pedían dende o terreo.

 

Teño que dicir que o resto das asociacións pouco menos que convidados de pedra. ( ¡o que é recibir subvencións dixitais e precisar delas para mantela casa!)

 

Ó remate da xuntanza repartíronse unhos folletiños e unhos trípticos nos que se explican os ciclos biolóxicos do Gonipterus Scutelletus e máis do Anaphes Nitens e xeralidades da loita contra a praga. A xente colleu unha cantidade prudente agás os de SILVANUS que colleron dúas caixas, ... ¿?

 

2.- IMPRESIÓNS

 

Vaia por diante a satisfacción porque, despois de dez anos, a Consellería comece, polo menos, a difundir información e a escoitar ós perxudicados. A Xunta polo tema da praga saiu ós medios dúas veces: unha no 99 e outro no 2.002 e ámbalas dúas por mor de que acadamos filtrar ós nosos pareceres ós xornais. Froito da primeira foi un plan do que xa non se fala: como sempre non foi outra cousa que facer unha política somentes de propaganda. Desta volta, a segunda, semella que o Conselleiro decatouse que a teimosía da ORGACCMM non tiña parada que tiñan que facer cousa. (Cada vez decátome máis de que quen resiste, gaña.)

Por certo que onte (día 7 de Novembro) saiu unha nova en varios xornais nos que facíanse eco de que para o Ministerio de Medio Ambiente non existía a praga do Gonipterus; ¿será confirmación da non información da XUNTA (xa sabemos do seu incumplimento das normas da Unión Europea) e de que sigue a andar só na loita mediática?

 

Penso que deberamos estar preparados para a próxima xuntanza (como iles dín a III Mesa) e ir a ela con máis información, preparación táctica e contundencia (lóxica, non demagóxica ( non quero dicir que nalgun intre houbera pola nosa parte desta derradeira clas)).

 

Eu, persoalmente, considero que, namentres, vexa deturpadas as abas do Castrove e as ladeiras do Morrazo cara á Ría de Vigo, a cousa non vai cara adiante: é a miña proba do algodón.

 

Investigación da praga:

 

Pregunto: ¿Á xunta que lle interesa?: ¿qué haxa moito ou pouco dano?

Ó meu xeito de velas cousas, a contestación é crara: que haxa pouca pois xustificaría as accións anteriores, para mín paos de cego visto que hoxe teñen que facela rede do estado como punto de partida.

 

Encol da empresa encargada de facela investigación: ¿é TRACSATEC unha empresa neutral?

 

Os cadros de 4 Km. de lado siñifican unha superficie de 1.600 Has (para facernos unha idea do que iso siñifica e dado que en Galicia existen máis de 30.000 nucleos de poboación, quere dicir que nise cadro habería 4 nucleos). Dentro disa superficie só se investiga unha zona de 100 m. de lado, 1 Ha.

 

Partindo de que nos mapas do estado da praga, que, por certo, presentaron a todo correr, a mín pareceume que nas zonas do Castrove e Morrazo sinalaban afectación 0, dubido da escolla dos puntos de investigación. Se quixera que houbera pouca praga, nunha zona tan ampla, escollería o cadrado de 1 Ha. acorde cos meus intereses.

 

Non sería o mesmo se eu quixera de verdade combatila praga: iría ós puntos máis noxentos. Entón as miñas zonas da proba do algodón aparecerían cun alto grau de afectación e nón sen pegadas como asi, coido, que é.

 

Este podería ser un punto para a próxima xuntanza.

 

Prazo da loita:

 

Hai que ter en conta que un ano non é nada para ver resultados: o ano nesta loita son ciclos de 5 anos ou algo semellante. Esto hai que telo en conta sobor de todo no que ten que ver coa campaña mediática que vai an existir. Na zona da proba do algodón, falo agora do Castrove, a praga extendeuse.

 

Para a MESA: cómo vaise a artellar no tempo.

 

Papel da ORGACCMM e participación dos propietarios:

 

Non sei se agora resultaría prudente mais é certo que na campaña de Marzo pasado quen dixo a derradeira verba foi o Conselleiro decindo:

-que os propietarios tiñan que participar

-¿qué tiña feito á ORGACCMM?

 

Na II MESA, o subdirector xeral, ¡vaia sorte que temos cos subirectores xerais!, dixo o que indiquei máis arriba. Non precisan para nada ós propietarios. Coido que unha burrada e, cecais, a proba de que ainda non se estan a facelas cousas con seriedade.

Ando a matinar que os propietarios, un representante por cadrado, terían que ter voz en dicir como anda a praga e sinalar o cadriño de investigación e, a máis, onde teñan que se tomar medidas selviculturais selos receptores de axudas, información e formación nise senso.

 

Por parte da ORGACCMM tiña que clarexar cál é o seu papel contra o que dicía naquilas témporas o Conselleiro.

 

RECOMENDO que antes de asistiren á próxima MESA se recolla información das CMVCM e se leve. Volvo a insistir en que a información que demos está nun contexto de algo no que un ano son cinco, máis menos.

 

Medios da Xunta na loita contra a praga:

 

No trascurso da II MESA saliu o tema, eu non o oín ven, cecais por excepticismo, que había presuposto para a loita. Cando esta Xunta ten cartos para algo, bótome a tremer: ¡os chuchóns teñen máis sangue que chuchar!

Por parte oficial manifestouse que non se poidera facer todo o que se quería porque a loita contra incendios requeriu moito persoal. Pola parte da ORGACCMM manifestouse que nalgunhas zonas o personal da Xunta queixabase da falla de medios no que ten que ver coa pragas. Os funcionarios expresaron a súa extraneza, dicindo que tódolo que pidían os da pé llo daban (seica foi aquí cando se falou do presuposto).

Coido que os medios tamén deberan cobrilas medidas selviculturais que na zona do algodón, o meu xeito de velas cousas, son totalmente necesarias.

 

Artellamento de medios, económicos, informativos e formativos, para facer fronte á praga no que se refire ás medidas selviculturais.

 

Campaña na sociedade:

 

Penso que deberamos implicar a máis xente no da loita contra a praga polas súas impricacións ecolóxicas e, en particular, paisaxísticas.

 

Cecais non fora malo facer unha circular ou escrito para coñecemento das Asociacións de Veciños e Agrupacións Ecoloxistas.

 

Nese mesmo senso tería que se facer chegar ós grupos políticos e ós Alcaldes afectados, porque o teñan ou porque o vexan.

 

REMATE:

 

O máis probabel, dados os feitos do pasado, e que estean, doutra volta, a vestilo santo que dentro non ten máis que un artello v”á”cio.