M A N C O M U N I D A D E   DE MVMC  N O R O E S T E

DE   P O N T E V E D R A

(XUNTA RECTORA)

 

 

Asunto: DÚAS RECTORAS NA CMVMC DE SAN VICENTE DO GROVE

 

O Salnés-Castrove, a 25 de Outubro do 2.002

 

Despois de ter sopesado as informacións dos xornais, xuntanzas coas “dúas Rectoras”, posicionamento da Organización Galega de CMVMC, xestións na Delegación de Medio Ambiente e asesoramento xurídico chegamos as seguintes

 

CONCLUSIÓNS:

 

1ª.- A Mancomunidade, estaturiamente, non pode entrar na vida interna das CMVMC. Á solicitude de ámbalas dúas partes podería levar adiante un arbitraxe de forzoso cumplimento agás se a Asemblea da Comunidade manifesta a súa vontade contraria.

 

2ª.- A Delegación en resposta a unha cuestión prantexada pola Mancomunidade respostou: “Na sección Rexistro de MVMC da Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra, consta a data de hoxe que dita CMVMC ten dúas Xuntas Rectoras, encabezadas por D. Manuel Ochoa Pérez e D. José Luis Vidal Castro.”

 

3ª.- A Conselleria de Medio Ambiente, pola Lei de MVMC e mailo seu Regulamento, non ten facultades para resolveren o conflito, ÓS EFECTOS QUE NOS INTERESAN É UN MERO REXISTRO. Ainda que cousa algunha se opoña a unha mediación.

 

4ª.- Dado o que está a acontecer, esta Mancomunidade non acepta ningún troco de representación que non veña avaliado polas formalidades normais dunha transmisión de Rectoras.

 

5ª.- Consideramos que o mellor xeito de arranchalas cousas é o diálogo e a negociación.

 

6ª.- De non se ter saída polo dito na conclusión 5ª, son os Tribunais de Xustiza os únicos que poden resolvermolo conflito.

 

7ª.- Na primeira Asemblea da Mancomunidade que se celebre se informará deste asunto e máis destas conclusións e sairá a postura “definitiva” da Mancomunidade.

 

Esta Mancomunidade

 

LAMENTA

 

Que unha Comunidade como a de San Vicente do Grove (que tanto se ten distinguido na solidaridade cos problemas que asulagan ás CMVMC de Galicia e que, por outra banda, tanto ten loitado polo mantemento do seu Monte Veciñal fronte ós anceios chuchantes de moitos, públicos e privados (comuneiros e non comuneiros)), se atope nesta situación.

 

No nome da Xunta Rectora, o Presidente:

 

 

 

 

 

 

-Celso Milleiro Fariñas-