MANCOMUNIDADE DE MVMC DO NOROESTE DE PONTEVEDRA (Castrove e Salnés)

 

Celso Milleiro Fariñas
Lugar de Caticobas 14-B
36637 MEIS (Pontevedra)
DNI 9.605.680 Y

Tfos. 607.895410 e 986.715202
cmilleiro@terra.es
Secretario da CMVMC de San Vicente de Nogueira
Presidente da Mancomunidade de MVMC do Noroeste de Pontevedra

 

Unha Empresa que se adica á Enerxía Eólica chamada ENGASA ten solicitado e lle foi concedida pola Xunta unha zona para a construcción dun PARQUE EÓLICO chamado CASTROVE.

 

As cordenadas UTM da concesión son:

 

523.000 4.706.000

527.000 4.706.000

527.000 4.703.000

525.000 4.700.500

521.000 4.700.500

 

Como pode ser que eses números non vos digan cousa vou tratar de describiros os lindeiros da zona dentro da cal teñe a Empresa as mans libres para facelo PARQUE.

 

O primeiro punto está preto de Redondelo, na parroquia de San Salvador de Meis (MEIS); dende ese primer punto comeza unha linea que vai ate Fonte de Curro (BARRO); deiquí vai ate Galiana de Campañó (PONTEVEDRA) e segue deica Ucha de San Xoán (POIO) dende pasa a outro punto ó carón de Balboa da Armenteira (MEIS) e pecha o polígono doutra volta en Redondelo.

 

Dentro dises lindeiros están os lugares de  ¿Valdeus?, Caroi, O MOSTEIRO DE ARMENTEIRA, Vilar, Silván, Serraos, As Barreira, Marco, Lusio, Quintáns, Penente, A Escusa e Riomouro. Dentro, tamén, fican moitos restos arqueolóxicos

 

Eu, polo menos, non sei qué consecuencias pode ter semellante delimitación de máis de 22 millóns de m2  (2.200 Has.) O que non entendo é como os Concellos afectados (Pontevedra, Poio, Barro e Meis) non se enteran, ... como sempre seremos os AFECTADOS quens teremos que seir da desfeita.

 

Esta carta vai dirixida as CMVMC impricadas: San Xoán de Poio, Armenteira, San Salvador de Meis, San Vicente e San Tomé de Nogueira, Curro e Campañó.

 

O meu plan é  faceros chegar esta carta, despois chamareivos por teléfono para ter unha xuntanza na que farei entrega do plano da delimitación e falar o que nos pete desa teima.