DEBEDA ISTORICA  
PROBLEMAS DE DESLINDES E SINALAMENTOS
CONVENIO SILVANUS-CONSELLERIA
GONIPTERUS
PRAIAS E MONTES PERIURBANS. ORDENACION DO TERRITORIO
CLASIFICACION E XURADO PROVINCIAL
OCUPACIONS
GARDERIA FORESTAL E PERMISOS DE TALA
EXPROPIACIONS
MANCOMUNIDADE-CONCELLOS DO SALNES E O MEDIO AMBIENTE E O FORESTAL
SUBVENCIONS, AXUDAS E CREDITOS
INCENDIOS E PREVENCION
ASESORAMENTO E FORMACION
A SOCIEDADE E O MONTE
AS COMUNIDADES E A EDUCACION
IMPOSTO DE SOCIEDADES

M A N C O M U N I D A D E   DE MVMC  N O R O E S T E

                DE   P O N T E V E D R A

 

ENTREVISTA DE PRESENTACION DA RECTORA DE MANCOMUNIDADE DE MON­TES VECIÑAIS EN MAN COMUN DO NOROESTE DE PONTEVEDRA AO DELEGADO DA CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE

 

DATA: 18 DE SETEMBRO DO 2.001, MARTES, AS DEZ DA MAÑAN

 

LUGAR: DELEGACION DE MEDIO AMBIENTE NA   R U A   N O V A   D E

                                       / /   A B A I X O 

ASISTENTES:

PRESIDENTE:     CELSO MILLEIRO FARIÑAS (CMVMC San Vicente de Noguei­ra)  607.895410 986.715202    DNI: 9.605.680 Y

VICEPRESIDENTE: ANTONIO MARTINEZ VILAS (CMVMC Chan da Fonte e outros)    670.757777 986.680065    DNI: 35.252.928

SECRETARIO:     CLAUDIO QUINTILLAN VALLEJO (CMVMC Rega dos A­gros).       679.233474 986.741283    DNI: 35.997.717

TESOUREIRA:     ROSA MARIA GARRIDO VIDAL (CMVMC San Vicente do Grove)    986.738341casa  986.731055hotel  DNI: 76.856.016 C

 

BORRADOR DOS TEMAS A TRATAR:

 

Presentación da Mancomunidade:

 A nosa Mancomunidade tenta confederar ás Comunidades de Montes do Salnés e máilas das abas do Castrove co fin de ir, paseni­ñamente, poñendo en común, os temas de xestión dos montes e ser un ins­trumento de defensa e promoción dos valores do monte ve­ciñal nas facianas económicas, sociais e ecolóxicas.

 

Os Concellos que abrangue a nosa actuación son os seguintes: Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Meis, Vilagarcía de Arousa e Barro.

 

As Comunidades que teñen relación con nos son:

 

MEMBROS DA MANCOMUNIDADE:

San Salvador de Poio, Combarro, Noalla, San Vicente do Grove, Lois, A Illa, San Vicente de Nogueira, Armenteira, San Lourenzo de Nogueira e Curro.

COMUNIDADES EN TRAMITES DE SE XUNGUIR:

San Tomé de Nogueira e Baión

COMUNIDADE EN TRAMITES DE CLASIFICACION:

San Martiño do Grove voltar arriba

 

Clarexar diante de todo que acodimos ó Delegado, a máis de por educación protocolaria, na súa doble vertiente política e admi­nistrativa.

 

Primeiro de todo expresarlle ó Delegado a nosa disposición a traballar coordinadamente coa Delegación en todo aquilo que siñifique o mellor para o monte veciñal e as súas Comunidades. Estamos dispostos a escoitalo, teimamos en que se nos escoite, e a levar adiante todo aquilo que isa colaboración mutua deci­da.

 

No que ten que ver co apartado de cousas a arranchar ou proble­mas que se lle presentan ás Comunidades da nosa Mancomunidade van as seguintes:

DEBEDA ISTORICA

PROBLEMAS DE DESLINDES E SINALAMENTOS

CONVENIO SILVANUS-CONSELLERIA

GONIPTERUS

PRAIAS E MONTES PERIURBANS. ORDENACION DO TERRITORIO

CLASIFICACION E XURADO PROVINCIAL

OCUPACIONS

GARDERIA FORESTAL E PERMISOS DE TALA

EXPROPIACIONS

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO SALNES E O MEDIO AMBIENTE E O FORESTAL

SUBVENCIONS, AXUDAS E CREDITOS

INCENDIOS E PREVENCION

ASESORAMENTO E FORMACION

A SOCIEDADE E O MONTE

AS COMUNIDADES E A EDUCACION

IMPOSTO DE SOCIEDADES

 

Antes de falar dos problemas dos Montes Veciñais devan­ditos e conveniente clarexar unha cuestión previa moi importan­te e que é o raigame de moitas dificultades.

Os montes veciñais estiveron perante moitos anos nas mans das Administracións xa foran éstas do Estado, Provinciais ou Conce­llís. Isa situación, entre outras cousas, levou de seu o aban­dono das funcións que os veciños viñan desenvolvendo secular­mente por mor dunhas repoboacións que non tiveron en conta a vida dos veciños: visto cos ollos e a sapiencia de hoxe, aquilo non pode calificarse máis que de barbaridade pois se algo se ten claro hogano é a multifuncionalidade do monte e non a mono­plantación (que non monoCULTIVO) que aquilo foi. Está en tódo­los textos que analizan a situación: quíxose un monte que favo­recera os inte­reses de SNI­A­CE, primeiro, e de CELULOSAS, des­pois, esmagando os dereitos dos veciños e dos cidadans en xe­ral.

Dito o anterior no que é referente a "fisicidade" do Monte, aqui­la política levou de seu a perda da conciencia do Monte como algo dos veciños e ó seu desinterese.

Polo anterior cando, pola loita dun pequeno mangado de veciños, se foi quen de acadala devolución dos montes atopámonos coa seguinte situación:

-montes en situación de monocultivo e sen unha selvicultura digna dise nome.

-montes en estado caótico na súa ordenación.

-montes usurpados polas administracións e non devoltos

-montes ocupados por particulares igual a montes co bicho den­tro

-veciños se concenza do seu

-perda das actuacións dos veciños no monte e polo tanto sen unha evolución dos coñecementos.

 

Algunhas das cousas ditas anteriormente, doadamente dedúcese cuais son, ocasionan que o esforzo e os recursos, poucos, (non os que se din topicamente que ten o monte), dos comuneiros, na vez de se dirixir a xestionar e arranchala desfeita "física", teñen que se empregar nos Xulgados.

 

DEVEDA ISTORICA

Cando os montunos falamos de "déveda istórica", cando menos, estamos a falar de:

-quen estragou a situación xurídica da propiedade dos Montes Veciñais, ten a resposabilidade de arranchala,

-quen ocasionou a perda de continuidade na concenza e coñeci­mentos dos veciños ten que arrimalo ombreiro en restituilos,

-quen optou por unha política monocultivística do monte ten que cooperar a levalo o monte a súa multifuncionalidade tradicional axeitada ós tempos de hoxe,

-quen non foi quen de mantelos montes ordenados e silcicultu­ralmente aquelados ten a obriga de cooperaren en correxilo.

 

NON SE TRATA DE ACTOS DE QUE "¡BOA É A ADMINISTRACION!" SE PON OS MEDIOS PARA RESOLVELOS, É UNHA CUESTION DE XUSTIZA, TRATA­SE DE ASUMIR CONSECUENTAMENTE A RESPONSABILIDADE. voltar arriba

 

PROBLEMAS DE DESLINDES E SINALIZACION

-Aínda que por Lei é unha competencia exclusiva da Administra­ción, as Comunidades, porque andamos a sofriren isa carencia e porque sabemos das outras carencias da Administración neste pais de promulgar leis sen os correspondentes acompañamentos presupos­tarios, estamos dispostas a botar unha man nos custos da opera­ción.

Sabemos que a Organización Galega de CMVMC mantivo conversas con vostede e, recentemente, co Director Xeral de Montes para tratar de sacar dun punto morto a situación. Houbo boas verbas que agardamos sexan unha realidade. Insisto que se hai diálogo, o normal, haberá unha boa resposta da grande maioría das Comu­nidades. voltar arriba

 

CONVENIO SILVANUS-CONSELLERIA

O día 14 de Outubro do 1.998 asínase en Santiago de Compostela un Convenio (temos unha copia do orixinal) entre a Consellería e SILVANUS. Rubrican o mesmo polas dúas institucións, respecti­vamente, o sr. Del Alamo e o sr. García-Borregón.

O obxeto do Convenio é, (en ningún lugar do Convenio fáie alu­sión á algo que faga entender que os beneficiarios non on todos os que teñan que ver co Monte), "a realización de programas di­vulgativos e de formación para a:

potenciación, promoción, estímulo e formación."

O labor do Convenio "analizarase" (sic ¿?) en catro Comarcas de Gali­za; una delas é Arousa-Salnés.

Para a dita Comarca a Consellería porá 56.755.720 ptas. (o 70%) e a SILVANUS corresponderíalle 24.323.880 ptas. (o 30%). En total 81.079.600 ptas.

O Convenio nunha primeira fase é de 36 meses deica o 2.001, que está a se rematar, mais hai unha claúsula que dí que poderá pro­rrogarse por acordo das partes. ¡qué Deus nos acolla confe­sados!

Dende que me enterei da esistencia de dito Convenio non conse­guin atopar ningunha Comunidade de Montes que houbera se bene­ficiado das devanditas "divulgación e formación".

E UN MISTERIO E PODE SER UN ESCANDALO ..., ¿Coñece a Delegación unha explicación de por qué ninguen na Comarca sabe cousa do froito disas decenas de millóns?, ¿prorrogarase o Convenio?, moi rico é SILVANUS para poñer 24 millóns, ¿de ónde os saca: doutro convenio ou subvención?, así calquera pon cartos.

Na VOZ DE GALICIA do 7 de Novembro de 1.999, en relación cos 56 millóns facilitados por Medio Ambiente, se pon en boca de res­ponsa­beis de SILVANUS: que organiza en la COMARCA sesenta char­las men­suais (iso fai 720 ó ano ¿é creibel? a máis diso fai cursos, non di cantos, de oitenta horas, aínda máis increibel, ... iso é des­coñecer á xente que ten que ver cos montes, ¿quén dispón dise tempo. Tamén se dí, hai que ter en conta que no contexto que se dí están a falar da Comarca, que tramitan nos derradeiros tres anos subvencións para 300 explotacións o que non din é que eles fan o traballo e que quedan cos cartos ínte­gros das subvencións (digo só que non o dín).

¿as Comunidades de Montes da zona temos dereito a saber algo do que aconteceu? voltar arriba

 

GONIPTERUS

Cando, dende hai anos, se pasea polas bandas Sul das Rías de Pon­tevedra e Vigo, ó fitar para os montes da ribeira Norte, a sensación que se sinte é arrepiante: montes marróns a eito. ¿Cándo se vai poñer solución a isa situación?, ¿se estiveramos nun pais máis sensibel consentirían que unha paisaxe coma o das Rías Baixas se manteña tan deturpada?, ¿cómo poden uns profe­sionais de me­dio ambiente e montes da Administración permañecer tranquilos dian­te de semellante desfeita? ... son miles de Has. só nos lugares que teño nomeado.

Se a praga comeza en Lourizán e en Návia e en 1.996 tiña alcan­zado toda Galicia, ¿por qué no se enceta a combatila en Galiza deica 1.998?; cando se detecta por Areeiro no 92, ¿por qué non avisou á Consellería? ou ¿avisou? ... por non decir nada dos servicios de vixianza de pragas da Consellería de Agricultu­ra, ou ¿do Ministerio?

Independentemente das medidas legais que os perxudicados podan tomar polo acontecido, tamén hai que ver adiante. ¿qué facer?

  voltar arriba

P R A I A S  E MONTES PERIURBANS. PLANIFICACION DO TERRITORIO

   A zona do Salnés e Castrove pola súa situación central na co­marca natural das Rías Baixas, dunha grande densidade de po­bla­ción e con un turismo en ascensión, ten os seus Montes some­ti­dos a unha forte presión sobor de todo de caracter urbanísti­co. Existe unha tendenza xeral por parte dos Concellos (tamén das outras Administracións do Estado) a conside­ra­ren o Monte Veci­ñal coma unha reserva de chan barato da que poden dispoñer coa iñorancia máis crasa das Leis.

   As Comunidades de Montes conscentes saben que teñen que co­labo­rar e que moitas veces os Montes poden selos lugares axei­tados para certas obras mais ¿ate qué punto?. Coidamos que te­ñen que existiren unhas reglas de xogo e istas non poden máis ca esta­ren encadradas nunha Planificación da Ordenación do Te­rritorio a longo prazo.

   Hai espacios nas costas que para calquera mente sensata é doado comprender que teñen que estar sometidas a certas limita­cións as facianas productivas dos Montes (na nosa zona os mon­tes veciñais da Illa, O Grove, ...) mais os propietarios, pou­cos, deben ser compensados polos usuarios, moitos. E non só polas lóxicas limitacións senón tamén pola carga dos traballos de conservación.

  O resto dos Montes da Mancomunidade tamén teñen un claro uso paisaxístico que debe se considerar na planificación.

  Independentemente da implicación no lecer, os Montes da nosa zona están preto de vilas e cidades que os someten a grandes presións especulativas máis semellantes a verdedairas rapi­ñas, xa que logo e vital a existenza da devandita Planificación que sexa o alicerce dos usos axeitados do Monte voltar arriba

 

 

CLASIFICACION E XURADO PROVINCIAL

Que eu saiba das Comunidades nomeadas ben un 50% teñen proble­mas coa clasificación dos seus Montes.

Cando unha Comunidade inicia os trámites de Clasificación dos seus Montes é normal que transcorran máis de catro anos en ver recoñecida a súa propiedade. Dado que Galiza non crece de su­perficie é doado se decatar que o labor de Clasificación dos Montes Veciñais é algo que ten o seu fin; se levan decenas de anos clasificando Montes co que iso siñifica de abandono dos mesmos. ¿non poderían potenciarse e dotarse de xente que traba­lle a cotío ós Xurados Provinciais para rematar dunha vez con isa laboura?.

E doctrina común dos Tribunais que a IMPRESCRIPTIBILIDADE impón a súa Lei. ¿por qué non o Xurado actúa tendo en conta ise prin­cipio?

Noutro orde de cousas, a Lei sinala a presenza das Comunidades de Montes como membros dos Xurados Provinciais tanto de xeito permanente como provisorio. Polo menos no que se refire a pre­senza permanente nos Xurados tería que se chegar a unha solu­ción e o ideal é que isa solución se acade polo traballo coor­denado da Delegación coas Comunidades, Mancomunidades e Organi­zación Galega de CMVMC.

Para aquelala situación, podería haber más solucións, propoño fixalos seguintes pasos (dende as Comunidade estamos dispostos a colaborar en tódolos pasos):

-data D menos seis meses: avisar a tódalas Comunidades da Pro­vincia que se procederá no prazo de seis meses a citalas a unha Asemblea no que se elexirá a representación das Comunidades no Xurado Provincial e que só poderán participar nela as Comunida­des que cumpran o esixido no Artigo 57 do Regulamento (que por certo é como ten que ser) e dando un prazo de tres meses para se por ó día;

-data D menos tres meses: peche da lista de Comunidades que poden participar na elección e comunicación disa lista coas direccións as institucións das Comunidades colaboradoras. Fixa­ción do lugar, hora da xuntanza e condicións de representación das Comunidades.

-data D menos un mes: envío dunha convocatoria para Asemblea da elección.

-data D: elección con presencia da Administración.

NOTA: se se cumpre o devandito Artigo 57, a Administración ten coñecemento do asino dos Presidentes das Comunidades o que ga­rante as delegacións de voto. voltar arriba

 

OCUPACIONS

Polo abandono no que estiveron os Montes Veciñais chegouse a unha situación na que as ocupacións abondaron, se os veciños houberan tido a xestión dos seus montes non existirián; as cau­sas son variadas sendo dúas especialmente siñificativas:

-os veciños que no seu día, falo de fai sesenta ou oitenta anos, tiveron o USO, non a Propriedade, dunha tenza, pola des­feita da institución veciñal naquiles tempos, seguiron no uso dela in­cluso heredandola como era costume namentras non houbera outro reparto de tenzas, que vedaba que as mismas persoas vol­veran a telas mesmas tenzas. Os Concellos desentenderonse deses repar­tos ancestrais, pre­cisamente para que ninguén se creira propie­ta­rio, e houbo xente que de boa fe sentiuse proprieta­ria. Sen embargo o veciñal é imprescriptible, ..., as Rectoras, por cul­pa doutros, cando queren facer valer os dereitos dos Comu­neiros ato­panse cunha situación desagradabel con outros veci­ños. Tería que se arbitraren un medio que fixera doado res­pec­taren os de­reitos da Comunidade.

-ocupacións recentes:

San Martiño do Grove, O Bao: O Concello do Grove, polas bravas, arremete con toda unha parafernalia de máquinas un terreo que il sabe se atopa en plena fase de clasificación para a Comuni­dade de San Martiño, ... no intre no que estou a escribiren istas liñas e cando tiña en mente falar da responsabilidade da Delegación de Medio Ambiente, chega a nova da actuación desta derradeira abrindo un expediente: AS NOSAS FELICITACIONS A DE­LEGACION POLA SUA ACTUA­CION.

-San Vicente do Grove, nun monte clasificado dista parroquia, en concreto o situado en Punte Moreiras, uns particulares teñen procedido a enchelo de postes, semella que é coa intención de pechalo para uso particular. A primeiros de Setembro a Rectora desta Mancomunidade e maila de San Vicente reunironse no Conce­llo co Alcalde ca fin de que éste, diante dunha obra sen licen­cia, non permitira non só a continuación das obras senón que contestara en sentido negativo á peticición de licencia pois ó Concello lle consta que a propriedade lle corresponde á Comu­nidade. Noutro orde de cousas teño que resaltar desa xuntanza, que a Mancomunidade do Noroeste prantexou as dúas partes, Con­cello do Grove e Comunidade de San Vicente, se non tiña chegado o tempo de se sentar de vagar nunha mesa para iren resolvendo tódolos contenciosos que manteñen as dúas Institucións; é de salentar a boa disponibilidade dos dous para, proximamente, ir, repito: paseniñamente, poñéndollo solución ós problemas presen­tes e tendendo as vías de futuras colaboracións. voltar arriba

 

GARDERIA FORESTAL E PERMISOS DE TALA

Con certa frecuencia ven acontecendo que se conceden permisos de tala ós ocupantes dun monte clasificado para talar nil.

A Administración no que ten que ver cos Montes Veciñais, por Lei, ten que "velar pola súa conservación e integridade", e non permitilos despoxos por particulares. Esta obriga é tanto para os conveniados coma par os que non o están.

Cando se solicita un permiso de tala hai que poñelo paraxe no que se realizará. E lóxico que se existe iste requisito sexa para comprobar EXACTAMENTE ONDE ESTA O LUGAR DA TALA, ... se o terreo é monte clasificado, os gardas saben ou teñen que saber cál é monte da súa garda, non pode permitir tala algunha dun particular nil.

Moitas veces diante de feitos disa faciana a Administración responde que ela non se pode meter en cousas de titularidade. Mais esa resposta non é correcta: a Lei, por decisión Adminis­trativa do Xurado, dí: "Atribuirlle a propriedade á Comunidade Veciñal correspondente, en tanto non exista sentencia firme en contra, dictada pola xurisdicción ordinaria." ¡Doado!, ¿non?:

Bastaría remesar os permisos de tala ó Distrito correspondente, comprobalo paraxe (se asegurando no terreo), no caso de coinci­dencia pedila sentencia que anule a Clasificación e actuar en consecuencia. No caso de ta­las ilegais: as operacións das talas de certa conside­ración non se fan nun día, o garda ten que se deca­tar.

Repítense con frecuencia ocupacións por parte das Administra­cións, sinaladamente polos CONCELLOS, que teñen o deber, coido, de ser exquisitos coa Lei. voltar arriba

 

EXPROPIACIONS

Según a Lei, para expropiar un Monte Veciñal é preciso que se declare o motivo da expropiación PREVALENTE á utilidade pública e in­terese social que o proprio Monte ten.

Isa PREVALENCIA tería que ser definida dalgún xeito pois deica agora isas notas do Monte son inutiles pois non prevalecen so­bor de nada e non hai seguridade xurídica.

Estando xa nunha expropiación, aprobada debera ser Lei que o Monte a ex­propiar, a máis das compensacións económicas que lle poideran corresponder, fora permutado por outro equivalente. voltar arriba

 

ACTUACIONS DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO SALNES NO MEDIO AMBIENTE E NO FORESTAL.

Na nosa Comarca estanse a constituir Consellos Comarcais secto­riais co obxeto, seica, de promovelo desenvolvemento da zona.

En particular, entre outros, constituironse os Consellos Comar­cais de Medio Ambiente e Forestal-Madeira.

Segun as novas dos medios de comunicación en ambolos dous, a máis de representantes de institucións oficiais e civís de di­versa índole, está representada a Conselleria. Se examinan con coidado os fins dos ditos Consellos resulta, cando menos, pará­doxico que no estean representados os propietarios dos Montes nos que se teñen que basear as súas actuacións. A asociación máis siñifica­tiva, senón a única, de propietarios de Montes que e­xiste no Salnés é a nosa Mancomunidade e a vostedes lles cons­ta. Adian­tome a un posible argumento en relación coa represen­tación de SILVANUS, ¿dende cándo en calquera actividade a fe­rramenta pro­fesional que utilizan algúns propietarios é o seu representante en canto proprietario?

Fálase que todo o montaxe, sen ánimo de usar ista verba en sen­so peiorativo, obedece a unhas posibeis axudas europeas e polo tanto é lóxico que moitos subvencionistas queran se achegar a il. Non é ise o noso caso: nos queremos que as cousas se fagan o mellor posible e pensamos que estar dentro pode contribuiren á dita fín.

SOLICITAMOS DA SUA INTERMEDIACION PARA QUE A NOSA MANCOMUNIDADE ESTEA REPRESENTADA EN AMBOLOS DOUS CONSELLOS. voltar arriba

 

SUBVENCIONS, AXUDAS E CREDITOS

Mentras por Lei non se lles conceda, ninquén ten máis priorida­de que as Comunidades de Montes: a Lei está por riba dos decre­tos e as ordes sexan de quen sexan.

O estado de abandono no que, en gran parte, teñen estado os nosos montes fai que a laboura de encarrilalos deica unha boa xestión teña que ser contemplada dun xeito específico. Na medi­da que se van facendo os Plans Técnicos ou de Aproveitamento dos Montes da zona, faise evidente o caos existente; temos es­tu­dado o asunto e resulta o seguinte: para acadar un futuro tran­zón de tala ou de actuación ten que se actuar nunha media de sete rodais. Esta situación leva a que a superficie en coto cerrado de cada rodal ronde 1 Ha. de superficie, ... ista ex­tensión fai imposible acollerse ningunha axuda e pode acadar que os Plans fiquen moi bonitiños en papel e só iso.

Independentemente do que se está a falar a cotío nos paises máis desenvolvidos: que non pode estar só nas mans duns pou­cos, os proprietaraios, as cargas do mantemento dos Montes dos que se beneficia toda a sociedade, tería que exitir outro xeito, a máis de subvencións e axudas, para xestionalos Montes.

Nalgúns casos, as axudas e subvencións para repoboacións e sel­vicultura nos montes só serven para ise labor cou­tándose des­pois a continuidade se non se volve a telas.

Nos Montes cunha clara productividade podería ensaiarse unha política de créditos axeitada as particularidades dos montes, mediante, digo eu, uns Convenios de créditos entre a Xunta, as institucións financieiras e as Comunidades. Podería nun princi­pio facer ex­periencias piloto. O feito de ter un crédito enrri­ba poidera ser un acicate ó coidado do Monte. voltar arriba

 

INCENDIOS E PREVENCION

Esta Mancomunidade avoga pola potenciación dunha política de PREVENCION e por unha profesionalización axeitada da EXTIN­CION.

No que se refire ó actual sistema de cuadrilla da loita contra os incendios, no que ten que ver coas Comunidades de Montes, terían que se clarexalos seguintes puntos:

-claridade do sistema organizativo,

-a participación non pode ser quixotesca: todos teñen que par­ticipar,

-o adestramento ten que ser acorde cos riscos, non burocrático,

-a responsabilidade no caso de accidentes non pode recair nas Rectoras se estas actúan de boa fe

-os baremos dos custos teñen que se actualizar e diñificar. voltar arriba

 

ASESORAMENTO E FORMACION

E intención dista Mancomunidade, se non hai incoveniente por isa Delegación, nos entrevistar co Xefe de Area de Comunidades de Montes e co noso Distrito Forestal para dalos primeiros pa­sos en sacar proveito nises eidos. voltar arriba

 

A SOCIEDADE E O MONTE

Coidamos, dada a iñorancia cáseque xeral da sociedade, encol do papel que poden xogalas Comunidades e o Monte no desenvolvemen­to económico do Pais que compriría unha campaña continuada de concienciación na que camiñaran da man a Administración e os proprietarios comprometidos (habería que procurar que fosen maioría).

Falo en primeiro lugar dos aspectos directamente económicos por que semella que é o que máis doadamente pódese comprender.

Non deixo atrás nin moito menos os aspectos social e ecolóxico directos para as poblacións do entorno nin a importancia que no global, usando ista verba no senso que hoxe está tan de moda, ten o forestal (nun senso extenso).

O tema das "economías externas" que o monte proporciona é algo do que de vez en vez será máis tratado. E neste aspecto hai que considerar que moitos tratadistas falan de que ainda que non é doado valoralo, en todo caso, ten máis valor co productivo.

O final fica o de que a Sociedade ten que resposabilizarse do que recibe polo esforzo duns poucos e cooperar. voltar arriba

 

AS COMUNIDADES E A EDUCACION

   As Comunidades pola propria supervivenza están interesadas en que os valores do Monte sexan coñecidos polos nenos e rapa­ces.

   En 235 (dous de cada tres) Concellos de Galiza existen Comu­nidades de Montes (12 Comunidades por Concello no que as haia). A superficie total na nosa terra das Comunidades é maior ca al­gunhas provincias.

  Cando nunha Asemblea se prantexa o empleo dos cartos do Monte ningunha cousa prantexa menos problemas ca o invertido en Edu­cación.

  Pola nosa parte hai unha predisposición total a colaborar coa Administración en tódalas aquelas actividades que teñan que ver coa extensión dos coxecementos do Monte, no económico, social e máis ecolóxico, entre a xuventude.

  Moitos matinamos na idea de que nos Plans de Estudios na Area Social (coñecemento do medio) deberán conter referencias ós Mon­tes Veciñais e as súas Comunidades posto que en moitas bis­barras a maior parte de su superficie é monte, por non falar de que en moitas dela tamén constitue a súa maior potencialidade.

¿INICIAMOLA COLABORACION NISTE EIDO? voltar arriba

 

IMPOSTO DE SOCIEDADES

Por se fora pouco os problemas que as Comunidades teñen que manter non Xulgados, cos Concellos e con algúns dos veciños por mor do estado da entrega dos Montes e pola avidez de solo bara­to, a Administración Central, coidamos que descoñecendo a rea­lidade galega, impuxo ás Comunidades o aberrante Imposto de Sociedades.

As Comunidades queremos UNHA FISCALIDADE E UN CONTROL DE CON­TAS ACAIDO A NOSA REALIDADE.

Pensamos que vostede, na súa faciana de cargo político e coñe­ce­dor da realidade, pode expoñer en esferas superiores a situa­ción criada polo Imposto de Sociedades, ... o Monte está nece­sitado dun empurrón non de trabas burocráticas que é, á fín, ó que se reduce o actual Imposto. voltar arriba

 

MOITAS GRACIAS COA ESPERANZA DE QUE A ADMINISTRACION COOPERE A EITO CUNHAS PERSOAS QUE COA MELLOR VONTADE DAN O SEU TEMPO DE VAGAR E MAIS, ALTRUISTAMENTE, POLO BEN DE TODOS.