NOTA DE PRENSA
As comunidades de montes de
Galicia apoian o borrador da lei de Montes con importantes emendas.
A Organización Galega de Comunidades de Montes
celebrou una asemblea xeral con carácter extraordinaria o derradeiro 26 de
abril de 2008 no auditorio do Museo do pobo Galego en Santiago de Compostela,
co gaio de debater o borrador da Lei de Monte de Galicia e recoller e consensuar as alegacións ao antedito borrador.
Logo do debate decidíronse as claves da
negociación coa Consellería de Medio Rural, que se centrarán en catro frontes
principais.
A
primeira delas centrase nas definicións da propia lei que son demasiado
reiterativas no aspecto forestal deixando de lado a multifuncionalidade e os
distintos aproveitamentos e usos do monte.
A segunda é que non se recoñece a propiedade
veciñal como unha mais e distinta da privada e da pública, o monte veciñal é
unha propiedade non corporativa de uso común que dende tempo inmemorial se ven
aproveitando de xeito colectivo, con investimentos dos beneficios na posta en
valor do propio monte, en obra social e excepcionalmente reparto equitativo
entre tódolos comuneiros, este xeito distinto de posuír fai que o monte veciñal
sexa unha propiedade distinta.
No terceiro punto non se menciona o carácter
xermánico do monte, sen embargo defínese concretamente. Este é un xeito de
recoñecer que o monte veciñal en man común e unha propiedade xermánica pero non
se menciona o termo en ningunha parte no borrador da lei.
E no cuarto fronte está a falta de garantías para
o monte veciñal en caso de abandono, non se pode considerar en iguales
condicións un monte dun lugar onde non queda poboación e polo tanto esta en
abandono, que un monte en que a comunidade veciñal incumpre coas súas obrigas
legais e estatutarias e se dá unha situación de abandono, na que a
administración deberá coxestionar coa comunidade
veciñal o monte ata que este restablecida a normalidade na mesma.
A ORGACCMM está a preparar sobre este borrador as
súas alegacións nunha parte importante do articulado, que se fará chegar a
consellería e se debaterá nunha reunión coa mesma, e na que, aínda que, perseguen
estes catro fins principais como partes fundamentais tamén se tocarán outras partes
importantes do borrador da Lei.
Aínda que a ORGACCMM presenta importantes alegacións
ao borrador da lei de Montes entende que con algúns cambios o borrador é útil
de cara a conformar unha Lei de Montes que axude a desenvolver o sector
primario galego e evitar o despoboamento do medio rural.
Recibide un cordial saúdo.Alberto
Lema Couso
Responsable da comunicación
interna da ORGACCMM