Onte venres 25 de abril a Asociación de Amigos do Monte Veciñal celebrou unha Asemblea de Socios co obxecto de abordaren o borrador da lei de montes de Galicia.

Separar da Lei a regulación dos Montes Veciñais pois o monte veciñal transcende ao seu aproveitamento e debe ser tratado de forma independente como un elemento singular da cultura galega e do noso patrimonio material e inmaterial. Acordouse facer un artigo dende unha visión xurídica.

O luns, 28, sacarase unha nota de prensa encol do tratado na xuntanza.

A máis do da Lei do Montes Veciñais propia tratarone outros temas dos que se daran explicacións máis de vagar:

- a prevalencia da utilidade pública
- o grave abandono
- a regulamentación da protección dos montes (pasan do réxime dos montes públicos aos dos montes privados)
- a regulamentación da protección dos montes fronte "amenazas internas": regulamentación interna.