Borrador da lei de montes de Galiza

 

Preámbulo.

 

Título Preliminar. Concepto, funcións, competencias e clasificación dos montes.

 

Capítulo I Disposicións xerais.

 

Artigo 1. Obxecto da Lei.

 

Esta Lei ten por obxecto a regulación dos montes situados na Comunidade Autónoma de Galiza, consonte á competencia exclusiva que lle atribúe o artigo 27.10 da Lei orgánica 1/1981 do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonomía de Galiza.

 

Artigo 2. Principios da Lei.

 

Esta Lei inspírase nos seguintes principios:

 

Artigo 3. Concepto de monte.

 

  1. Para os efectos desta Lei, enténdese por monte todo terreo coa superficie mínima autonómica no que vexetan especies forestais arbóreas, arbustivas, de matorral ou herbáceas, sexa espontaneamente ou procedan de sementeira ou plantación, que cumpran ou poidan cumprir funcións ambientais, protectoras, produtoras, culturais, paisaxísticas ou de lecer.

 

  1. Ten tamén a consideración de monte:

 

    1. Os terreos ermos, rochosos e areais.
    2. As construcións e infraestruturas destinadas ao servizo do monte onde se ubican.
    3. Os terreos agrícolas con signos inequívocos de estado forestal nos que a actividade agrícola fose abandonada durante un prazo superior aos dez anos e que, a xuízo da consellaría competente en materia de montes, sexan obxectivamente recuperábeis para fins forestais, e así sexan declarados polo procedemento que regulamentariamente se estableza.
    4. Todo terreo que, sen reunir as características descritas anteriormente, se adscriba á finalidade de ser repoboado ou transformado ao uso forestal, de conformidade coa normativa aplicábel.
    5. Os enclaves forestais en terreos agrícolas coa superficie mínima fixada nesta Lei.

 

  1. Non ten a consideración de monte:
    1. Os terreos dedicados ao cultivo agrícola.
    2. Os terreos urbanos e aqueloutros que se exclúan na normativa forestal e urbanística de Galiza.
    3. Os terreos incluídos no Banco de Terras de Galiza, definido na Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galiza.

 

Artigo 4. Función social dos montes.

 

Os montes desenvolven unha función social como fonte de recursos naturais, económicos, didácticos e recreativos, polo que a Administración da Comunidade Autónoma de Galiza procurará a súa conservación, protección, ordenación e mellora, habilitando os medios humanos e materiais que sexan necesarios para manter e potenciar esa función social.

 

Artigo 5. Definicións.

 

Aos efectos desta Lei,  defínense os seguintes termos:

 

Aproveitamentos: os madeirábeis e leñosos, incluída a biomasa forestal, os de cortiza, pastos, caza, froitos, fungos, plantas aromáticas e medicinais, produtos apícolas e os demais produtos e servizos con valor de mercado característicos dos montes.

 

Cambio do uso forestal: toda actuación material ou acto administrativo que faga perder ó monte o seu carácter de tal.

 

Cadea Monte-Industria: o conxunto do sector forestal integrado polos propietarios, silvicultores, as entidades xurídicas que presten servizos forestais, as dedicadas á execución de aproveitamentos, as de comercialización e as industrias de primeira transformación, nas que se inclúen as de serra, chapa, taboleiros, pasta de celulosa e cortiza, e as restantes que transformen produtos forestais procedentes dos montes galegos, exceptuando as industrias dedicadas á transformación de produtos agroalimentarios.

 

Poderíanse incluír ás empresas que xestionan aproveitamentos enerxéticos, como as eólicas.

 

Corta: o conxunto de operacións selvícolas que implican o aproveitamento de pes enteiros, destinadas a mellorar ou rexenerar as masas arboradas, poidendo obter ou non delas aproveitamentos forestais.

 

Forestación: repoboación, mediante sembra ou prantación, dun terreo que era agrícola ou estaba dedicado a outros usos non forestais.

 

Forestal: todo aquello relativo aos montes.

 

Incendio forestal: o lume que se extende sen control sobre combustíbeis forestais situados no monte.

Esta é a definición da Lei 43/2003, de montes.

Poderíase tomar a definición da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incedios forestais de Galiza: o lume que se estende sen control sobre combustíbeis forestais situados no monte, incluíndose os enclaves forestais localizados en terreos agrícolas calquera que fora a súa extensión.

O anteproxecto de 13 de maio de 2004 establece especificamente que terán tamén esta consideración as queimas realizadas no monte:

1)      Nas épocas de prohibición

2)      En horario nocturno

3)      As feitas sen as correspondentes autorizacións administrativas.

 

Instrumentos de xestión forestal: baixo esta denominación inclúense os proxectos de ordenación de montes, plans dasocráticos, plans técnicos ou outras figuras equivalentes.

 

Parques periurbáns: son terreos forestais de certa extensión habilitados para unha utilización sociorecreativa en canto a accesibilidade, a existencia de infraestructuras e, en xeral, a accións e dotacións que aumenten a súa capacidade de acollida.

 

Pastoreo: o aproveitamento, por calqueira tipo de gando, de pastos herbáceos ou leñosos en terreo forestal.

 

Planeamento de defensa fronte aos incendios forestais: o definido no artigo 13 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza.

 

Reforestación: reintrodución de especies forestais, mediante sembra ou prantación, en terreos que estiveron poboados forestalmente ata épocas recentes, pero que quedaron rasos a causa de talas, incendios, vendavais, pragas, enfermidades ou outros motivos.

 

Reparación: as medidas que se adoptan para lograr a restauración do monte.

 

Repoboación forestal: introdución de especies forestais nun terreo mediante sembra ou prantación. Pode ser forestación ou reforestación.

 

Residuos forestais: aqueles restos forestais procedentes de cortas, podas, rozas e outras actividades selvícolas realizadas nos terreos forestais, sen aproveitamento na industria de .primeira transformación, e que deben ser procesados ou eliminados.

 

Restauración: a volta do monte ao seu estado anterior ao dano.

 

Restauración hidrolóxica forestal: os plans, traballos e accións que sexan necesarios para a conservación, defensa e recuperación da estabilidade e fertilidade dos solos forestais, a regulación de escorrentías, a consolidación de abas, a contención de sedimentos e a defensa do solo contra a erosión.

 

Selvicultura: conxunto de técnicas que tratan da conservación, mellora, aproveitamento e rexeneración ou, no seu caso, restauración das masas forestais.

 

Tala: a operación que ten por obxecto facer desaparecer o arborado e deixar raso o terreo, con fins non selvícolas.

 

Viveiros forestais: todas as superficies de cultivo ou instalacións nas que se obteña material vexetal destinado ao uso forestal.

 

Xestión: o conxunto de actividades de índole técnica e material relativas á conservación, mellora e aproveitamento do monte.

 

Xestión forestal sostíbel: a organización, administración e uso dos montes de xeito e intensidade que permita manter a súa biodiversidade, productividade, vitalidade, potencialidade e capacidade de rexeneración, para atender, agora e no futuro, as funcións ecolóxicas, económicas e sociais relevantes a escala local, autonómica, estatal e global, e sen producir danos a outros ecosistemas.

 

Xestor de biomasa: a entidade que acreditada pola administración forestal realice accións de recollida, transporte, almacenaxe ou procesado de residuos forestais, para a súa valoración como aproveitamento enerxético, compostaxe ou outros sistemas de apreciación distintos do depósito no vertedoiro.

 

Zonas de especial risco de incendio forestal: As zonas identificadas e delimitadas no planeamento de defensa contra os incendios forestais de Galiza nas que se recoñece como prioritaria a aplicación de medidas máis rigorosas de defensa contra os incendios forestais, ante o elevado risco de incendio, pola especial frecuencia ou virulencia dos incendios forestais ou pola importancia dos valores ameazados.

 

 

Capítulo II: Competencias das administracións públicas.

 

Artigo 6. Disposicións xerais.

 

  1. A Xunta de Galiza respectará os principios e procurará os fins aos que atende esta Lei no desenvolvemento das súas competencias en materia forestal, e cooperará no seu exercicio coas demáis Administracións públicas para garantir a execución coordinada das políticas públicas forestais, medioambientais e de ordenación do territorio.

 

  1. As comunidades de montes veciñais en man común contarán co asesoramento e a colaboración da Xunta de Galiza no desenvolvemento da xestión dos montes veciñais en man común, procurando que esa xestión se realice consonte aos principios desta Lei, e nomeadamente, co de xestión sostíbel.

 

Artigo 7. Competencias da Comunidade Autónoma.

 

  1. Correspóndelle á Administración da Comunidade Autónoma de Galiza a determinación e a execución da política forestal e a protección, defensa, administración e xestión dos montes, sen prexuízo das competencias propias das demáis Administracións públicas en materia forestal.

 

  1. Son competencias da Comunidade Autónoma de Galiza:

 

    1. A elaboración da política forestal da Comunidade Autónoma.
    2. A aprobación dos plans de actuación en materia de montes e dos instrumentos de xestión forestal.
    3. A xestión do Catálogo de Montes de Utilidade Pública de Galiza e do Rexistro de Montes Protectores de Galiza.
    4. A defensa da propiedade pública forestal e o exercicio das facultades e dereitos dominicais sobre os montes de titularidade da Comunidade Autónoma.
    5. A xestión das asignacións procedentes dos fondos comunitarios e doutros recursos que poida percibir.
    6. A autorización, suspensión ou supresión de servidumes e o outorgamento de concesións nos montes catalogados.
    7. O outorgamento de autorizacións en materia de montes.
    8. O exercicio da potestade expropiatoria nos montes situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galiza.
    9. O exercicio da potestade sancionadora.
    10. A regulamentación dos usos e aproveitamentos nos montes galegos.
    11. A prevención e loita contra os incendios forestais.
    12. As actuacións en materia de sanidade forestal.
    13. A promoción da investigación e a educación en materia forestal.
    14. O exercicio dos dereitos de tenteo e retracto e demáis dereitos e accions destinadas ao patrimonio forestal.
    15. A promoción da xestión sostíbel dos montes galegos e o fomento do desenvolvemento ambiental, económico e social do sector forestal en Galiza.
    16. Outras competencias determinadas na normativa sobre montes que lle sexan atribuídas.

 

  1. As competencias da Xunta de Galiza en materia de montes serán exercidas pola consellaría competente en materia de montes, sen prexuízo daquelas atribuídas expresamente a outras consellarías.

 

  1. A consellaría con competencias en materia de montes desenvolverá normativamente as materias que son obxecto de regulación nesta Lei.

 

  1. O Consello Forestal de Galiza, creado polo Decreto 306/2004 do 2 de decembro, actuará no marco das súas competencias respectando esta Lei e a demáis normativa que lle sexa aplicábel.

 

Artigo 8. Competencias das Administracións Locais:

 

1. As Administracións Locais de Galiza administrarán e dispoñerán dos aproveitamentos e terreos forestais da súa pertenza, con arreglo ao disposto nesta Lei.

 

2. Todas as autoridades, órganos e axentes das Administracións Locais velarán, no exercicio das súas respectivas atribucións, polo cumprimento do preceptuado nesta Lei.

 

3. As Administracións Locais regularán a actividade forestal en terreos que non reúnen a condición de forestais.

 

 

 

Capítulo III: Clasificación dos montes.

 

Artigo 9. Clasificación dos montes segundo a súa titularidade.

 

  1. Segundo a súa titularidade, os montes poden ser públicos, privados, ou veciñais en man común.
  2. Son montes públicos os pertencentes a calquera das Administracións Públicas e a outras entidades de dereito público, concretamente:
    1. Os montes de dominio público ou demaniais, que son aqueles montes incluídos no Catálogo de Montes de Utilidade Pública e máis os montes afectados a un uso ou servizo público.
    2. Os montes comunais, aproveitados en común polos veciños.
    3. Os montes patrimoniais, de titularidade pública que non sexan demaniais nin comunais

 

  1. Son montes privados os que pertencen ás persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, individualmente ou en copropiedade. Os montes abertais, de voces, de varas ou de fabeo son montes privados en copropiedade.

 

  1. Son montes veciñais en man común as terras situadas na comunidade autónoma de Galiza que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais, e non como entidades administrativas, e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas, na súa condición de veciños con casa aberta e con fume. Esta definición está tomada da Lei 2/2006 de dereito civil de Galiza (artigo 56).

 

Definición alternativa: “son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas e a súa vocación agraria, pertenzan ás agrupacións veciñais na súa cualidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se viñeran aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos seus membros na súa condición de veciños.”

 

 Artigo 9 bis. Clasificación dos montes segundo a súa funcionalidade.

 

    1.Son montes protectores, de titularidade pública ou privada, os que sexan declarados como tales por se atopar nalgún dos seguintes supostos:

 

a.       Os situados en cabeceiras de cuncas hidrográficas e aqueloutros que contribúan decisivamente á regulación do réxime hidrolóxico, evitando ou reducindo aludes, riadas e inundacións e defendendo poboacións, cultivos ou infraestruturas.

    1. Que se atopen nas áreas de actuación prioritaria para os traballos de conservación de solos fronte a procesos de erosión e de correción hidrolóxico-forestal e, en especial, as dunas continentais.
    2. Que eviten ou reduzan os desprendementos de terras ou rochas e o aterramento de embalses e aqueles que protexan cultivos e infraestruturas contra o vento.
    3. Que se encontren nos perímetros de proteción das captacións superficiais e subterráneas de auga.
    4. Que se atopen formando parte daqueles tramos fluviais de interese ambiental incluídos nos plans hidrolóxicos de cuencas.
    5. Aqueloutros que se determinen pola lexislación autonómica.
    6. Que estean situados en áreas forestais declaradas de protección dentro dun Plan de Ordenación de Recursos Naturais ou dun Plan de Ordenación de Recursos Forestais.

 

O artigo 24 da Lei 43/2003 esixe tal declaración.

 

 2. Son montes de especial protección autonómica os  declarados dese xeito pola Comunidade Autónoma por presentaren algunhas destas características:

 

a.       Que contribúan á conservación da diversidade biolóxica, a través do mantemento dos sistemas ecolóxicos, a protección da flora e a fauna ou a preservación da diversidade xenética.

b.       Que constitúan ou formen parte de espazos naturais protexidos, áreas da Rede Natura 2000, reservas da biosfera ou outras figuras legais de protección, ou se atopen nas súas zonas de influenza, así como os que constitúan elementos relevantes da paisaxe.

c.       Que estean incluídos dentro das zonas de alto risco de incendio consonte ao artigo 48.

d.       Que presenten unha especial significación polos seus valores forestais.

e.       Aqueloutros determinados pola lexislación autonómica.

 

Título I. Réxime xurídico dos montes.

 

Capítulo I. Réxime xurídico dos montes públicos

 

Artigo 10. Réxime xurídico dos montes demaniais.

 

Os montes demaniais son inalienábeis, imprescriptíbeis e inembargábeis e están exentos de calquera tributo que grave a súa titularidade.

 

Artigo 11. Declaración de utilidade pública.