De: mcc [supermerequetengue@yahoo.es]
Enviado: lunes, 14 mayo, 2007 4:45 p.m.
Para: ogcmvmcelso@terra.es
Asunto: Resolucion de duda!!!
Hola boa tarde!!!!!
 
Teño unha pequena dubida no que respecta a xestión dos montes comunais e o réxime xurídico dos mesmos; vou explicarvos un pouco o tema para que se é posible me deades unha explicación.
 
Son de Ourense, dun pequeno concello, no que existen varios montes veciñais pero a maioria deles están sin clasificar como montes comunais polo xurado provincial de montes, e  tamén na maior parte deles nin tan sequera se promoveu un expediente de iniciacion da tramitación necesaria por parte dos interesados para a declaración de monte veciñal en man común.
 
Ben, vou ao tema que nos ocupa. No monte que me interesa, que esta sin clasificar como monte comunal, nin se iniciou ningun expediente para a súa clasificación, fíxose unha minicentral ocupando a canle de derivación parte destes terreos veciñais. Tamén se creou unha sociedade entre a empresa promotora da minicentral e o concello. Con respecto a parte dos terreos veciñais ocupados, a empresa promotora o que fixo foi o seguinte:
 
- Elaborouse un contrato de arrendamento en forma de concesión administrativa por un periodo de 30 anos se mal non recordo, entre a empresa promotora e os veciños "que son posibles comuneiros" (digo posibles comuneiros, porque repito non hai clasificación do monte como monte comunal, polo tanto penso que non me podo referir a istes veciños como comuneiros de pleno dereito). O contrato ascende a 12.000 €.
 
- Dende a empresa se deu a entender que eles iniciaran os tramites pertinentes para a declaración do monte veciñal como monte comunal, pero despois de moitos anos, ninguen recibiu notificación algunha, nin vin anuncio ningun no DOG, nin nada de nada.
 
As miñas preguntas son as seguintes:
 
- Se o monte non foi declarado en man común, pode a empresa constructora empezar a traballar nese monte????
 
- En caso de que non poida empezar os traballos ata que se clasifique o monte, que validez teria ise contrato asinado cos veciños do pobo que teñen a condicion de posibles comuneiros, pero que non o son porque non hai monte clasificado????
 
-Pode o Concello dar a autorización para traballar niste monte non clasificado??? Seria posible que o Concello ou a Xunta declarase a obra de prevalencia ou interese público, e se poidan empezar a executar as obras???
 
- En resume, a lei e a normativa de montes, ampara esta forma de actuar???
 
Como vedes son varias as preguntas, e me gustaría que me botasen unha mana para poder resolvelas.
 
De antemán, moitas gracias.
 
Un saúdo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com