Borrador da lei de montes de Galiza

 

31 marzo de 2008

 

AS SEGUINTES EMENDAS FORON DEBATIDAS E APROBADAS EN ASEMBLEA XERAL DE CARACTER EXTRAORDINARIO DA ORGACCMM CELEBERADA O 26 DE ABRIL DE 2008 NA CIDADE DE SANTIAGO.

Lenda:


 Texto en azula eliminar

Texto en vermelloa engadir

Texto en verdeexplicación da emenda.

Texto en laranxa- suxestións

 

Artigo 3. Concepto de monte.

2Teñen tamén a consideración de monte:

 

    1. Os terreos ermos, rochosos e areais.
    2. As superficies onde estean ubicadas as construcións e infraestruturas destinadas ao servizo do monte, ou equipamentos e infraestruturas sociais.

 

Artigo 4. Función social dos montes.

 

Os montes desenvolven unha función social como fonte de recursos naturais, económicos, didácticos e recreativos, e unha importante función social xa que alberga unha importante parte do patrimonio histórico ( arqueolóxico, etnográfico, etc...) polo que a Administración da Comunidade Autónoma de Galiza procurará a súa conservación, protección, ordenación e mellora, habilitando os medios humanos e materiais que sexan necesarios para manter e potenciar esa función social.

 

Artigo 5. Definicións.

 

Aos efectos desta Lei,  defínense os seguintes termos:

 

Aproveitamentos forestais do monte: os madeirábeis e leñosos, incluída a biomasa forestal, os de cortiza, pastos, caza, froitos, cogomelos, plantas aromáticas e medicinais, produtos apícolas e os demais produtos e servizos con valor de mercado característicos dos montes.

Son tamén aproveitamentos do monte o gando, as instalacións enerxéticas, as industrias extractivas, as canteiras ou a produción de osíxeno (sumidoiros de CO2), aínda que se rexan por unha lexislación especial.

1.- Aínda que no sector o termo forestal é polisémico e abrangue diversas actividades que se realizan no monte, ou cos produtos do monte, a nivel social aproveitamentos como a caza, o mel ou os cogomelos non pertencen á actividade forestal. Unha Lei de Montes, polas características do poboamento galego debe ser ben entendida por toda a poboación.

 

Bosque: zona arborada procedente de rexeneración natural ou pola man do home e composta de especies arbóreas autóctonas.

 

Forestal: todo o relativo aos montes, con respecto as plantacións arbóreas.

2.- Pola mesma razón que a xustificación 1.

 

Pista forestal: Camiño, afirmado ou non, que discorre polo monte e que se utiliza para o seu acceso e a execución de traballos forestais, e outros de servizo ao monte.

 

Residuos forestais: aqueles restos forestais procedentes de cortas, podas, rozas e outras actividades silvícolas realizadas nos terreos forestais, sen aproveitamento na industria de primeira transformación, e que deben ser procesados ou eliminados

3.- Entra en contradición coa definición de biomasa forestal primaria. Debería referirse aos restos que non teñen ningún tipo de aproveitamento, algo inexistente no monte. Propoñemos a súa eliminación.

 

Xestor de biomasa: a persoa física ou xurídica, ou a entidade (que poida ser unha comunidade ou mancomunidade de montes) que, acreditada pola administración forestal, realice accións de recollida, transporte, almacenaxe ou procesado (de residuos forestais) da biomasa forestal primaria, para a súa valorización enerxética, compostaxe ou outros aproveitamentos industriais.

4.- Os veciños e as comunidades de montes son os tradicionais xestores da biomasa. Entendemos que a nova lexislación debe recoller e defender esta actividade.

 

Artigo 6. Disposicións xerais.

 

A Xunta de Galiza respectará os principios e procurará os fins aos que atende esta Lei no desenvolvemento das súas competencias en materia forestal, e cooperará no seu exercicio coas demáis Administracións públicas para garantir a execución coordinada das políticas públicas forestais, medioambientais e de ordenación do territorio.

As comunidades de montes contarán co asesoramento e a colaboración da Xunta de Galicia no desenvolvemento da xestión dos montes veciñais, procurando que esta xestión se realice consonte aos principios desta Lei e nomeadamente coa xestión sustentable.

5.- Competencia básica da administración que debe seguir expresamente recollida na nova lei.

 

Artigo 7. Competencias da administración da Comunidade Autónoma.

 

2         Son competencias da Comunidade Autónoma de Galiza:

 

d .-  A xestión do Rexistro (forestal) de montes de Galiza que inclúe o Catálogo de Montes de Utilidade Pública de Galiza, do Rexistro de Montes Protectores de Galiza, do Rexistro dos Montes Veciñais en Man Común de Galiza e doutros rexistros en materia forestal que se regulan nesta lei.

 

Capítulo III: Clasificación dos montes.

 

Artigo 9. Montes públicos, montes privados e montes veciñais en man común.

6.- Neste capitulo debe incluírse a propiedade veciñal como unha propiedade distinta da pública e da privada, por ter un réxime xurídico específico.

 

  1. Segundo a súa titularidade, os montes poden ser públicos, privados e veciñais en man común.

 

  1. Son montes veciñais en man común as terras situadas na comunidade autónoma de Galiza que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais, e non como entidades administrativas, e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas, na súa condición de veciños con residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o aproveitamento do monte o que conforma o concepto xermánico da propiedade veciñal. No non disposto nesta lei e na normativa regulamentaria que a desenvolva, aplicaráselles o disposto para os montes privados.

7.- Resulta incongruente definir unha propiedade polas súas características sen facer referencia ao concepto do que derivan.

 

Artigo 12. Do Rexistro Forestal de Galiza.

 

  1. Créase o Rexistro (Forestal) de Montes de Galiza, como rexistro administrativo adscrito á consellaría competente en materia de montes, no que se inscribirán todos os montes da Comunidade Autónoma, en función da súa pertenza a algunha das seguintes seccións:

8.- Sendo montes a maioría dos elementos a incluír neste catalogo, resulta reducionista e incompleto titulalo soamente como “forestal”, cando cataloga tamén outros usos que non se poden incluír no forestal.

 

a)       Catálogo de Montes de Utilidade Pública de Galiza: no que se inscriben os montes declarados de utilidade pública que estean situados dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galiza.

b)      Rexistro de Montes Protectores e de Montes de Especial Protección Autonómica de Galiza: no que se inscribirán aqueles montes que, reunindo as circunstancias establecidas nos artigos 32 e 33 desta Lei, fosen declarados protectores ou de especial protección autonómica, tanto con anterioridade á entrada en vigor da presente Lei como a partir deste momento. Tamén se inscribirán neste Rexistro as cargas, gravames e demais dereitos reais que soporten os devanditos montes.

c)       Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común: no que constará unha relación actualizada dos montes veciñais en man común e da súa situación estatutaria e patrimonial. Neste rexistro deberán inscribirse todos os terreos que se adquiriron para suplir as perdas de solo polas expropiacións levadas a cabo nos montes veciñais, tendo a consideración de permutas. E aqueloutros procedentes de enclavados ou tomadas dentro do monte veciñal que pasen a ter a consideración de tales por adquisición ou permuta.

9.- Este rexistro debe recoller as incidencias que afectan aos montes veciñais para estar permanentemente actualizado.

 

Artigo 26. Unidade mínima de actuación forestal e límite á segregación de montes.

 

A unidade mínima de actuación forestal é de 15 hectáreas, sen prexuízo do previsto na disposición derradeira primeira desta Lei, a excepción dos montes veciñais.

 

Artigo 31. Deberes dos propietarios de montes privados.

 

Son deberes específicos dos propietarios dos montes privados:

 

  1. O mantemento (do uso forestal dos seus montes) da multifuncionalidade dos seus montes, agás resolución administrativa nos termos previstos nesta Lei.
  2.  

Artigo 35. Natureza dos montes veciñais en man común.

 

  1. Os montes veciñais en man común teñen natureza especial derivada desta propiedade en común, suxeita ás limitacións de indivisibilidade, inalienabilidade, imprescriptibilidade e inembargabilidade, conforme o carácter xermánico desta propiedade.

10.- A mesma xustificación que a 7.

 

Artigo 37. Condición de veciño comuneiro

 

2 Os estatutos da comunidade veciñal poderán establecer un prazo mínimo de residencia para adquirir a condición de comuneiro, que, en ningún caso, poderá ser superior a (un ano) dous anos.

 

  1. A acción para reclamar o recoñecemento da condición de comuneiro prescribe aos trinta anos.

11.- O dereito do comuneiro é imprescritible. Propoñemos a eliminación do punto.

 

  1. A condición de comuneiro perderase desde o momento en que deixen de se cumprir os requisitos esixidos para a integración na comunidade veciñal ou polo incumprimento reiterado dos deberes estatutariamente establecidos. En todo caso, a perda desta condición deberá ser acordada pola asemblea xeral, tras a súa inclusión na orde do día, con expresión individualizada das persoas afectadas e sempre con audiencia destas.

12.- Sendo as asembleas xerais de libre acceso para tódolos comuneiros, sempre teñen o dereito de audiencia. A inclusión desta expresión xeraría dúbidas se a non presentación á audiencia invalidaría o procedemento de perda da condición de comuneiro.

 

  1. Artigo 38. Capacidade xurídica da comunidade veciñal

 

  1. De extinguirse a comunidade veciñal titular por causas independentes da súa vontade, transitoriamente e ata que non se configure a nova Comunidade, estarase ao disposto no artigo 70 ¿71? da presente Lei

 

Artigo 39. Aproveitamento e desfrute.

 

  1. Os rendementos do monte adicaranse, en todo ou en parte, e consonte ó disposto nos estatutos ou ó acordado na Asemblea Xeral, a inversións no propio monte, a obras ou servizos comunitarios (con criterios de reparto proporcional entre os diversos lugares), ou ao reparto en partes iguais entre todos os comuneiros. Os rendementos non individualizábeis repartiranse en partes iguais entre todos os comuneiros.

13.- Os criterios de reparto deben ser soberanía das asembleas ou no seu caso recollidos nos estatutos de cada comunidade.

 

Artigo 40. Cota de investimentos en mellora e protección do monte.

 

  1. Os estatutos da comunidade veciñal titular do monte fixarán unha cota de investimentos de acordo co especificado no instrumento de xestión forestal e que, en ningún caso, será inferior ao trinta e cinco por cento dos rendementos económicos producidos polo monte. Esta cantidade será destinada ao cumprimento do instrumento de xestión, e en caso de non contar co devandito instrumento, á redacción do mesmo de xeito prioritario; á mellora, protección, prevención e defensa contra incendios, acceso e demais servizos forestais.

14.- O cumprimento do instrumento de xestión debe ser prioritario e abrangue a todos os demais destinos.

 

  1. No caso de ingresos tales como (expropiacións) actos de disposición, talas de madeira queimada ou calquera outro ingreso extraordinario, poderase xustificar un investimento inferior sempre e cando o monte estea ordeado, cumpra todos os requisitos legais establecidos pola Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e demais lexislación concurrente, e non precise traballos especiais derivados do feito que provocou o ingreso.

 

2-bis.-  No caso de expropiación que signifique a eliminación física do Monte Veciñal ou unha merma significativa, excepcionalmente poderase destinar o diñeiro da mesma á compra de terreos que pasarán a ser MVMC.

15.- A facultade expropiatoria atribuída á Administración para a realización de obras de interese xeral non pode ir en menoscabo da extensión do monte veciñal dun territorio, pois o dereito de reversión non evita a imposibilidade de uso das propiedades veciñais polos seus propietarios por un período longo de anos ou de xeito definitivo, como ocorre actualmente. Dado o fin social do monte veciñal, a posibilidade de dedicar o diñeiro dunha expropiación á compra de propiedades particulares e que estas teñan carácter de monte veciñal en man común garantiría a pervivencia dos servizos do monte. Xuridicamente sería unha permuta, figura recollida na actual lexislación.

 

  1. No primeiro trimestre de cada ano natural a comunidade veciñal titular do monte xustificará ante a consellaría competente en materia de montes a realización dos investimentos previstos de acordo co parágrafo anterior. A non presentación das contas anualmente impediralle ser obxecto de subvencións en tanto non se rendan aquelas.

16.- Suprimir completo, pois as comunidades de montes tributan polo Imposto sobre Sociedades e a Administración xa ten acceso aos datos de Facenda.

 

3.-  Aquelas CMVMC que renuncien estatutariamente ao reparto de diñeiro individualmente entre os comuneiros, serán consideradas como entidades sen ánimo de lucro.

17.- Por equiparar os fins dos seus recursos aos das entidades sen ánimo de lucro.

 

  1. Artigo 41. Lotes, sortes ou parcelas para o aproveitamento gandeiro e agrícola.

 

  1. Producirase a reversión inmediata do lote, sorte ou parcela e a volta á situación de aproveitamento colectivo cando o veciño ao que correspondía o devandito lote, sorte ou parcela o destinara a un uso diferente ou contraditorio do acordado pola comunidade veciñal titular do monte sen autorización. Esta reversión non suporá o aboamento nin suporá carga, nin dereito a indemnización para o propietario.

 

  1. Rematado o período de cesión, a comunidade de veciños poderá facer un novo reparto ou decidir o aproveitamento común. No caso de aproveitamento individual non se poderá repartir a mesma parcela.

 

Subsección segunda: Actos de disposición.

 

Artigo 42. Actos de disposición en montes veciñais en man común.

 

  1. A administración forestal poderá dar carácter público a aqueles usos respectuosos co medio natural, sempre que se realicen sen ánimo de lucro e de acordo coa normativa vixente, en particular co previsto nos instrumentos de planificación e xestión aplicables, e cando sexan compatibles cos aproveitamentos, autorizacións ou concesións legalmente establecidos, con autorización da Comunidade veciñal.

 

  1. A administración forestal poderá autorizar aquelas actividades que non supoñan un uso privativo da propiedade veciñal mediante resolución da delegación provincial da consellaría de medio rural. No expediente garantirase a audiencia aos eventuais beneficiarios da ocupación ou servidume e á comunidade veciñal. Con autorización da Comunidade veciñal.

 

A administración forestal someterá a outorgamento de concesión todas aquelas actividades que impliquen unha utilización privativa dos montes veciñais, previo o expediente no que se acredite a súa compatibilidade coa persistencia dos valores naturais do monte. No expediente garantirase a audiencia aos eventuais beneficiarios da actividade e á comunidade veciñal. Con autorización da Comunidade veciñal.

  1. O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar actos de disposición dos montes. Cando esta se opoña, darase por concluído o procedemento sen máis trámite.

 

Artigo 43. Cesión.

 

4. Os convenios ou protocolos que se asinen deberán garantir a reversión da parcela ao remate do prazo establecido sen que a Comunidade Veciñal deba indemnizar por obras ou instalacións feitas nas mesmas, nin devolver as cantidades satisfeitas, e libres de cargas.

 

5. O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar cesións nos montes. Cando esta se opoña, darase por concluído o procedemento sen máis trámite.

 

Artigo 45. Dereitos de superficie

 

  1. A constitución deste dereito, que ten que formalizarase en escritura pública e inscribirse no Rexistro da Propiedade, será transmisible e susceptible de gravame, e rexerase polo título constitutivo do dereito, pola presente Lei e subsidiariamente, polas normas do Dereito Privado.

18.- Sempre será necesario un novo acordo entre a Comunidade veciñal e os herdeiros. A subrogación é contraria ao carácter do monte veciñal.

 

  1. O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar dereitos de superficie nos montes. Cando esta se opoña, darase por concluído o procedemento sen máis trámite.

 

Artigo 46. Expropiación forzosa.

 

  1. Os montes veciñais en man común poderán ser obxecto de expropiación forzosa por causa de utilidade pública ou interese social prevalente á do propio monte veciñal a medio de declaración expresa do Consello da Xunta de Galiza, logo de informe da consellaría competente en materia de montes e de audiencia ás comunidades de veciños afectadas. Regulamentariamente establecerase o procedemento de expropiación, que deberá incluír o dereito de reversión sen devolución da indemnización cobrada no momento da expropiación.

Previamente á declaración de utilidade pública, A Xunta de Galicia promoverá os acordos de cesión de uso entre as comunidades de montes e as entidades solicitantes da expropiación ou, de ser o caso, a permuta de terreos.

En caso de que as medidas contempladas no parágrafo anterior non puideran evitar o proceso expropiatorio, excepcionalmente a comunidade de montes poderá destinar os recursos obtidos na expropiación á compra de terreos particulares para compensar a perda sufrida. Estes terreos terán tamén carácter de monte veciñal.

19.- A Consellería competente en materia de montes debe seguir tendo a decisión última sobre o informe de prevalencia. Dado o abuso que se ten realizado dos expedientes de expropiación do monte veciñal, ata o punto de que hoxe é o principal método de eliminación do monte veciñal, é urxente tomar medidas para garantir a excepcionalidade da expropiación forzosa e que non supoña eliminación física o monte veciñal.

 

  1. O importe das cantidades aboadas pola expropiación ou servidume haberá de destinarse á mellora do monte, ao cumprimento da lexislación de prevención e defensa contra os incendios forestais, ao establecemento de obras ou servizos de interese xeral da comunidade de veciños ou, na súa imposibilidade, ao reparto entre os comuneiros, de acordo co previsto nos estatutos ou co decidido pola comunidade.

20.- O reparto do diñeiro das expropiacións entre os comuneiros ten un efecto perverso e é contrario ao carácter social do monte.

 

  1. De quedar o monte fóra da titularidade da comunidade veciñal, esta subsistirá para o exercicio dos dereitos que lle correspondan e como titular do eventual dereito de reversión.

 

  1. O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar expropiacións nos montes. Cando esta se opoña, darase por concluído o procedemento sen máis trámite.

 

Artigo 47. Permutas.

 

3         Para favorecer unha axeitada ordenación do territorio, a administración promoverá e xestionará a permuta de terreos nos casos de expropiación forzosa, enclavados ou tomadas particulares no monte e pequenas parcelas afectadas pola planificación urbanística.

21.- Para dar cumprimento a función tutelar da Administración no tocante á defensa da integridade e carácter do monte.

 

4         A comunidade veciñal titular do monte dará traslado da permuta ao Xurado de Montes Veciñais de Galiza e ao Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

 

5         No caso de enclavados no monte veciñal a comunidade de montes ten dereito a reordenación da súa propiedade, abrindo a administración un expediente de permuta forzosa.

 

6         O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar permutas nos montes. Cando esta se opoña, darase por concluído o procedemento sen máis trámite.

 

Artigo 48. Arrendamentos.

 

3         Salvo pacto en contrario, o arrendatario poderá desistir do arrendamento notificándollo ao arrendador con máis de seis meses de antelación á data de finalización do ano agrícola. De facelo así o arrendatario non terá obriga de indemnizar, inda que terá que devolver o monte ao seu estado previo ao arrendamento.

 

4         O aluguer  reconducirase tacitamente poderase prorrogar se polo menos seis meses antes do remate do contrato ningún algún dos contratantes notifica ao outro a vontade de concluír prorrogar o aluguer. O período de tácita reconducción prórroga terá unha duración non superior á pactada inicialmente no contrato máxima dun ano e non poderá volver a prorrogarse.

 

  1. No demais o aluguer do monte suxeitarase á normativa vixente sobre arrendamentos rústicos.

 

  1. O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar arrendamentos nos montes. Cando esta se opoña, darase por concluído o procedemento sen máis trámite.

 

  1. Artigo 49. Parzarías.

 

  1. O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar parzarías nos montes. Cando esta se opoña sen máis trámite, darase por concluído o procedemento.

 

Artigo 50. Reorganización da propiedade

 

  1. Cando se proxecte levar a cabo unha concentración parcelaria que afecte a montes veciñais en man común realizarase consonte co disposto na lexislación galega que regula a materia, sendo necesario un informe preceptivo e vinculante da consellaría competente en materia de montes antes do inicio do proceso relativo á idoneidade da realización da reorganización da propiedade na superficie ocupada polo monte veciñal e sempre con audiencia da comunidade veciñal.

 

  1. En ningún caso a cabida do monte veciñal será inferior trala concentración parcelaria á existente antes de iniciado o proceso.

22.- As razóns que xustifican a cesión de superficie ás administracións públicas non son de aplicación aos montes veciñais porque xa prestan unha clara función social e favorecen a accesibilidade.

 

  1. O consentimento da comunidade veciñal é necesario para autorizar a reorganización da propiedade nos montes. Cando esta se opoña, darase por concluído o procedemento sen máis trámite.

 

 

Sección terceira: Clasificación dos montes veciñais en man común.

 

Artigo 51. Clasificación.

 

A clasificación como monte veciñal en man común dos montes abertais, de voces, varas ou de fabeo realizarase polos Xurados de Montes Veciñais de Galiza cada provincia na forma prevista nesta Lei e na súa normativa de desenvolvemento ou en virtude de sentenza firme ditada pola xurisdición ordinaria, segundo dispón o artigo 57 da  Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.

23.- Os Xurados de Montes Veciñais deben seguir sendo provinciais; un xurado de Montes centralizado en Santiago so faría entorpecer a xestión das Comunidades mais desfavorecidas xeograficamente.

 

Artigo 52. O Xurado de Montes Veciñais de Galiza.   

 

  1. Os Xurados de Montes Veciñais de Galiza cada provincia son órganos colexiados permanentes da Comunidade Autónoma de Galiza, especializados en materia de montes en man común e no procedemento para a súa cualificación e declaración.

 

  1. Os Xurados de Montes Veciñais de Galiza cada provincia estarán adscritos á consellaría competente en materia de montes e actuarán, no cumprimento das súas funcións, con autonomía funcional e sen estar sometidos a instrucións xerárquicas.

 

Artigo 53. Composición.

 

  1. A composición do Xurado de Clasificación de Montes Veciñais de Galiza cada provincia é a seguinte:

a)       Presidente: O Director Xeral de Montes Delegado Provincial da Consellería competente en materia de montes:

b)      Vogais:

                                                               i.      Un letrado da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galiza designado polo seu Director Xeral.

                                                             ii.      Un avogado designado polo Consello Xeral da Avogacía de Galiza.

                                                            iii.      Un técnico con titulación forestal universitaria, designado polas organizacións colexiais galegas de Enxeñeiros de Montes e Enxeñeiros Técnicos Forestais.

                                                           iv.      Catro un técnico da consellaría competente en materia de montes que será o instrutor do expediente.

24.- Consideramos excesivo o número de catro técnicos da consellería no caso de xurados provinciais.

 

                                                             v.      Un representante do concello ou concellos onde estea ubicado o monte, elixido pola Federación Galega de Municipios e Provincias.

25.- A presencia de representantes de concellos cando se dirime a titularidade do monte veciñal é absurda e parcial. Os concellos teñen a oportunidade de presentar alegacións.

 

                                                           vi.      Un representante das asociacións ou organizacións de comunidades de montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma provincia elixido de entre elas a convocatoria do delegado provincial.

26.- A elección debe facerse de xeito directo entre os representantes das comunidades de montes. Hai asociacións de comunidades de montes que tamén asocian a propietarios particulares, e os seus representantes non o son de comunidades de montes. A convocatoria do delegado provincial facilitaría a elección deste representantes, que estivo tantos anos ausente.

 

Artigo 54. Organización e funcionamento.

 

  1. A organización do Xurado de Montes Veciñais de Galiza cada provincia establecerase regulamentariamente.

 

  1. O Xurado de Montes Veciñais de Galiza cada provincia axustará o seu funcionamento ao disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, para os órganos colexiados.

 

  1. As súas funcións administrativas e técnicas estarán a cargo do servizo da consellaría competente en materia de montes e serán determinadas regulamentariamente.

 

  1. O Xurado reunirase de forma ordinaria cada semestre, e de forma extraordinaria cantas veces sexa necesario.

27.- Trátase de asegurar un funcionamento mínimo do Xurado, e non segundo as circunstancias de cada delegación provincial.

 

 

Artigo 55. Procedemento de clasificación

 

  1. Os expedientes de clasificación de montes veciñais en man común iniciaranse de oficio pola consellaría competente en materia de montes ou por instancia de calquera veciño interesado, das comunidades veciñais interesadas ou do concello ou concellos onde estea situado o monte, e tramitaranse polo Xurado de Montes Veciñais de Galiza cada provincia.

 

  1. A iniciación do procedemento publicarase no DOG e por edictos no concello ou concellos concernidos e no lugar ou lugares onde estea ubicado o monte a clasificar.

 

  1. A tramitación do procedemento non excederá dun ano dende a súa incoación, debendo notificarse aos interesados. O acordo de incoación do expediente e o conseguinte nomeamento de instrutor non excederá de seis meses desde a presentación de solicitude da clasificación.

28.- A incoación dun expediente non pode demorarse indefinidamente, como ten ocorrido no pasado.

 

  1. O procedemento rematará cunha resolución motivada na que se explicitarán os criterios  tidos en conta para adoptala.

 

  1. Transcorrido o prazo para ditar resolución expresa, caducará o procedemento de se ter iniciado de oficio e poderase entender desestimada a solicitude de clasificación de se ter iniciado a instancia do interesado, agás en casos de especial complexidade nos que o Xurado poderá establecer un novo prazo improrrogable dun ano. En todo caso, o Xurado emitirá resolución aclaratoria da desestimación ou da prorroga do expediente e cos motivos da mesma, que trasladará ao interesado solicitante da clasificación.

 

29.- Pode haber casos de especial complexidade para o cal un ano pode ser prazo insuficiente. O Xurado debe explicar sempre os fundamentos das súas decisións.

 

  1. Unha vez iniciado o expediente de clasificación o Monte non poderá ser obxecto de ningunha actividade sobre el, agás os traballos de prevención e extinción de incendios.

 

  1. Non será atranco para a clasificación como montes veciñais en man común, as parcelas que, sendo tradicionalmente aproveitadas en man común polos veciños, foran cedidas para outros usos polas Administracións públicas, cando nos acordos de cesión non conste o consentimento expreso da comunidade veciñal.

30.- Os acordos de cesión realizados en momentos nos que non era posible a oposición dos veciños non deben ser considerados actos de disposición libremente realizados. Todo acordo que non conte coa autorización escrita dos veciños reunidos en asemblea deben ser considerados nulos.

  1. .- Inclusión en catálogos, inventarios e rexistros públicos.

Non será obstáculo á clasificación dun monte como veciñal en man común o feito de estar incluído nalgún catálogo, inventario ou rexistro público con asignación de diferente titularidade, salvo que os asentos se practicasen en virtude de sentencia dictada en xuízo declarativo.

No caso de que o ben clasificado estivese incluído no Inventario de Bens Municipais ou no Catálogo de Montes de Utilidade Pública, nin os concellos ni a Administración estarán obrigados a impugna-la resolución do xurado.

31.- Inda que estes parágrafos anteriores estaban recollidos no Regulamento de montes do 92, parécenos da suficiente importancia (pois afectan aos criterios de clasificación) como para que deban incluírse na Lei.

Artigo 56. A resolución firme de clasificación.

 

2  A resolución firme de clasificación producirá os seguintes efectos:

    1. Atribúe a propiedade á comunidade veciñal mentres non exista sentenza xudicial firme en contra.
    2. Serve de título inmatriculador para inscribir o monte no rexistro da propiedade, para excluílo dos catálogos de montes de utilidade pública e dos inventarios de bens municipais, e asemade, para resolver sobre as inscricións total ou parcialmente contraditorias que resulten afectadas.
    3. A exención dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e a gratuidade da primeira inscrición do monte e as cancelacións que se produzan por este motivo, de acordo co artigo 13 da Lei 55/1980, de 11 de novembro, de montes veciñais en man común.

Así como tódalas novas inscricións por permutas ou adquisicións derivadas de compras de terreos obrigados por esta Lei como inversións obrigatorias.

 

1.       Artigo 59. Deslindamento con outros montes veciñais en man común.

 

4 Os desacordos entre comunidades propietarias de montes veciñais en man común no procedemento de deslindamento provisional contemplado nos parágrafos anteriores dará lugar a unha arbitraxe da administración forestal, a cal, en base á documentación aportada polas comunidades e a obrante no seu poder e no expediente de clasificación, dictará resolución e dará traslado da mesma ao catastro e ao rexistro da propiedade.   En caso de non ser aceptada esta resolución por algunha das comunidades, o conflicto deberá ser resolto pola vía civil.

32.- Como responsable da realización do deslinde, a Administración ten a obriga de rematar o procedemento cunha resolución consonte á documentación de que dispoña. Manter a redacción actual fomentaría a aparición de conflictos da propiedade sen fundamento. A referencia a que queda a vía civil parécenos obvia, pero non nos opoñemos a que apareza.

 

5. Nos procedementos de deslindamento realizados pola administración forestal con posterioridade á súa clasificación como monte veciñal en man común, en caso de disconformidade por parte das comunidades afectadas polo deslindamento, declararase, asimesmo, a existencia dun conflicto de propiedade, a resolver na vía civil correspondente. dictarase resolución e darase traslado da mesma ao catastro e ao rexistro da propiedade.   En caso de non ser aceptada esta resolución por algunha das comunidades, o conflicto deberá ser resolto pola vía civil.

 

  1. A consellaría competente en materia forestal habilitará liñas de axudas específicas para a realización de deslindamentos provisionais entre comunidades de montes veciñais

 

  1. Artigo 60. Deslindamentos con propiedades particulares ou montes públicos

 

  1. No deslindamento de perímetros con propiedades particulares analizaranse as situacións posesorias acreditadas e os títulos presentados, e teranse en conta todos os inscritos no rexistro da propiedade.
  2. 33.- A inscrición no Rexistro da Propiedade pode ser irregular en moitas ocasións e adxudicar a propiedade erroneamente.

 

Artigo 61. Colocación de marcos.

Firme en vía administrativa o acordo aprobatorio de deslindamento, e a reserva do que puidera resultar dun xuízo declarativo de propiedade, a Administración Forestal procederáse á colocación de marcos no monte. Os lugares de ubicación dos marcos serán sinalizados con formato GPS no  levantamento topográfico con tratamento informático.

 

Artigo 61.bis. Inscrición de fincas particulares lindantes co Monte Veciñal.

O procedemento de inscrición no rexistro da propiedade dunha propiedade privada colindante co Monte Veciñal levará aparellada a obriga do propietario particular de presentar un certificado de non invasión do monte veciñal emitido pola comunidade veciñal.

34.- Esta medida para evitar a apropiacións de parcelas de monte veciñal por particulares debe seguir en vigor para defender o monte.

 

Sección quinta: Organización das comunidades de montes veciñais en man común.

 

Artigo 62. Asemblea xeral de comuneiros.

 

  1. A Asemblea Xeral, da que forman parte todos os comuneiros, é o órgano supremo de expresión da vontade da comunidade veciñal.

 

  1. Teñen dereito a asistir ás asembleas xerais todos os comuneiros que cumpran coas obrigas establecidas nos estatutos da comunidade. Todo comuneiro está obrigado a asistir ás asembleas xerais ordinarias ou extraordinarias que regulamentariamente se convoquen.

 

  1. A Asemblea Xeral ordinaria será convocada unha vez ao ano e sempre dentro dos seis meses seguintes á data de peche do exercicio económico. Con carácter extraordinario, poderá convocarse Asemblea Xeral a iniciativa do presidente da Xunta Reitora, da maioría da Xunta Rectora ou a petición dun mínimo do vinte por cento dos comuneiros.

35.- Trátase de evitar os casos de presidencialismo, ás veces presentes no funcionamento das comunidades de montes.

 

  1. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando estean presentes ou representados máis da metade dos comuneiros e en segunda convocatoria cando estea polo menos un trinta vintecinco por cento destes. Entre a primeira e a segunda convocatoria haberá de transcorrer un mínimo (dunha) de media hora.

 

  1. A convocatoria de Asemblea Xeral farase cun mínimo de dez días de antelación, mediante notificación escrita a todos os comuneiros e coa orde do día dos asuntos a tratar, e estará exposta durante o mesmo prazo nos taboleiros de anuncios do concello, así como nos lugares de costume da entidade onde radique a comunidade.

 

  1. Para asistir á Asemblea Xeral, un comuneiro poderá delegar a súa representación nun membro maior de idade da mesma unidade económica, ou noutro comuneiro, mais ningún comuneiro poderá asumir máis dunha delegación. En todo caso, a delegación haberá de ser expresa para cada Asemblea Xeral.

36.- Parece sensato ter a posibilidade de delegar noutro membro da familia antes que nun veciño.

 

Artigo 65. Estatutos da comunidade

1.       A comunidade de veciños propietaria redactará e aprobará os estatutos, que haberán de recoller os usos e costumes polos que se viña rexendo a comunidade e as previsións desta Lei, e conterán como mínimo os seguintes aspectos:

a.       A atribución da condición de comuneiro.

b.      A representación por casa unidade económica, e a delegación entre comuneiros.

c.       As condicións de admisión de novos comuneiros.

d.      O xeito de exercitar os dereitos derivados da condición de comuneiros.

e.      As obrigas dos comuneiros relacionadas co funcionamento da comunidade e sobre a custodia, defensa e conservación do monte.

f.         Os órganos aos que se atribúe o goberno e administración, ,o proceso electoral dos novos cargos, modo de nomealos, substituílos e funcións que lles corresponden.

 

Artigo 67. Réxime de maiorías.

1.       A aprobación, reforma ou revogación dos estatutos, así como os acordos referidos a actos de disposición corresponden á Asemblea Xeral, requirindo a convocatoria expresa e o voto favorábel de dous tercios dos votos co quórum establecido no artigo 62.4 63.4.

 

Artigo 69. Situacións transitorias por extinción ou desaparición da comunidade veciñal.

 

 

 

2 Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, a consellaría competente en materia de montes poderá exercer a xestión cautelar prevista no apartado anterior, de maneira directa ou indirecta, utilizando os medios legais que estime máis oportunos. Os rendementos netos, por medio desta xestión, orixinados pola explotación do monte serán investidos na súa mellora e na prevención e defensa contra incendios de acordo coa lei 3/2007 ou, en todo caso, nos montes públicos. A Administración forestal estará obrigada a publicar anualmente no DOG a conta de resultados de dito monte.

 

3         Para o reinicio da actividade da Comunidade extinguida ou desaparecida deberanse cumprir os seguintes requisitos :

 

a.       Presentación de solicitude por parte dunha Xunta Provisional do monte veciñal.

b.      Acreditación da existencia dunha comunidade veciñal formada por comuneiros de pleno dereito e elección dunha Xunta Provisional consonte co disposto nesta Lei a respeito dos orgaos das comunidades veciñais.

c.       Compromiso notarial da Xunta Provisional de asunción do estado contable do monte e do instrumento de xestión forestal vixente, que de non existir, deberá ser elaborado e aprobado pola consellaría competente en materia forestal.

d.      No caso de que, como consecuencia da extinción da comunidade veciñal, a Administración forestal adxudicara con anterioridade, mediante o correspondente concurso público, a xestión e explotación do monte a outra entidade, o reinicio da actividade solicitada pola Xunta Provisional non será posible ata o remate do prazo correspondente á quenda máis longa de explotación madeirabel especificada no instrumento de xestión forestal do monte, ou ata o prazo de 10 anos para o resto de explotacións ou actividades, salvo acordo entre as partes.

...no momento de volver a existir a comunidade veciñal producirase unha coxestión entre a comunidade veciñal e a entidade beneficiada deica o remate da quenda da madeira ou dous anos para as actividades agrícolas e gandeiras. Os principios desta coxestión serán:

1º.- 35 % dos rendementos para mellora do monte e

2º.- a formalización dun contrato de aluguer entre a comunidade veciñal e a entidade beneficiaría.

37.- O dereito á xestión do monte do que é titular existe desde o mesmo momento da existencia da comunidade veciñal e non pode retrasarse á espera de que unha entidade privada obteña todos os rendementos previstos nos seus plans económicos. 

 

Sección sexta: Competencias da Administración da Comunidade Autónoma.

 

Artigo 70. Funcións.

 

1.       A consellaría competente en materia de montes dará aos montes veciñais de man común, xunto con outras figuras de xestión conxunta da propiedade, carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora do monte, e na concesión de axudas económicas para as mesmas finalidades suxeitas a plans de viabilidade económica e ao cumprimento dos instrumentos de xestión e recuperación dos impactos medioambientais.

38.- O trato preferente que a Administración debe ao monte veciñal non é debido soamente a que ten unha xestión conxunta. A recuperación do monte dos impactos ambientais queda frecuentemente fóra das liñas de axudas.

 

2.       A dita consellaría, ademais das funcións específicamente sinaladas nesta lei, desenvolverá as seguintes funcións:

 

a.       Promover a marcaxe dos lindes entre os montes veciñais.

b.      Procura da súa conservación e defensa da integridade do Monte veciñal e dos valores naturais e do uso veciñal deste tipo propiedade.

39.- A función tutelar da Administración cos montes veciñais abrangue á súa defensa e integridade, non soamente dos seus usos e valores naturais.

 

c.       Impulso e promoción do aproveitamento do monte.

d.      Asesoramento técnico ás comunidades veciñais.

e.      Labores de gardería forestal.

f.         Coidar do cumprimento do disposto nesta lei e na normativa que a desenvolva, aplicando as medidas correctoras e sancionadoras establecidas legalmente.

g.      Subscribir convenios ou contratos de xestión dirixidos a un mellor aproveitamento do monte veciñal.

h.       Defensa e xestión en caso de grave abandono ou extinción da comunidade veciñal.

i.        Velar polo estricto cumprimento das leis en materia urbanística e de infraestructuras no ámbito do monte veciñal.

40.- Con frecuencia actuacións urbanísticas no ámbito municipal derivan en situacións de indefensión do monte veciñal, ante a pasividade da Consellería.

 

j.         Resolución de expedientes de recuperación de parcelas degradadas por impactos medioambientais.

41.- Nestes expedientes tamén se produce indefensión do monte veciñal, pois ningunha consellería exercita esta función tutelar.

 

Artigo 71. Estado de grave abandono ou degradación.

 

1.       O monte veciñal en man común entenderase en estado de grave abandono ou degradación se de modo manifesto se produce un incumprimento grave e sistemático das obrigas legais e estatutarias polos órganos representativos da comunidade veciñal, sofre un grave deterioro medioambiental, non é xestionado consonte aos instrumentos de xestión forestal e outros en vigor ou padece unha extracción abusiva dos seus recursos.

42.- O incumprimento de obrigas legais ou estatutarias poderá dar lugar a faltas e sancións, pero en ningún caso pode dar lugar a unha declaración que conleve o alleamento da xestión do monte.

 

2.       A consellaría competente en materia de montes é competente para declarar por razóns de utilidade pública e interese xeral o estado de grave abandono ou degradación, para o cal instruirá o correspondente expediente, con audiencia a comunidade veciñal. Previamente a esta declaración dictará unha resolución explicando as razóns do abandono  e concederá á comunidade veciñal un prazo e medios para por en valor o Monte Veciñal.

43.- A declaración de grave abandono debe ser a derradeira medida a tomar, con carácter excepcional, cando a comunidade veciñal teña dado reiteradas mostras de non querer xestionar o seu monte. Unha vez coñecido o diagnóstico da Administración, a comunidade veciñal debe ter a oportunidade (prazo e axudas, no seu caso) de xestionar axeitadamente o seu monte.

 

3.       A consellaría competente en materia de montes establecerá regulamentariamente e con carácter periódico os indicadores obxectivos que sirvan para a determinación do estado de grave abandono ou degradación dos montes atendendo fundamentalmente aos seguintes criterios:

 

a)       Grao de incumprimento do funcionamento estatutario ou das obrigas legais pola  comunidade veciñal de acordo con esta lei.

b)      A superficie relativa afectada.

c)       O grao de incumprimento dos instrumentos de xestión forestal de acordo con esta lei.

d)      O grao de manifesto desuso.

e)       O carácter depredador das actividades extractivas dos recursos.

f)        O perigo manifesto de degradación do solo.

g)      A importancia medioambietal das formacións forestais degradas.

h)      Calquera outro criterio que, no seu momento e de maneira xustificada, poida establecer a administración competente en materia forestal.

44.- En total desacordo con este apartado. Retirar todo.

 

 

4.       Declarado un monte en estado de grave abandono ou degradación, a consellaría competente en materia de montes, en exercicio dos dereitos que lle outorga o artigo anterior desta lei, asumirá a xestión directa ou indirecta deste monte. A Administración forestal estará obrigada a publicar anualmente no DOG a conta de resultados do devandito monte que deberá ser comunicada á comunidade veciñal para o seu coñecemento.

45- Existindo a comunidade veciñal e en caso de grave abandono, a Administración é a que debe facerse cargo da xestión, sen participación de entidades alleas.

 

5.        A reversión da xestión do monte á comunidade veciñal poderase verificar, previa solicitude, cando se cumpran os seguintes requisitos:

 

a)       Acreditación da existencia dunha comunidade veciñal formada por comuneiros de pleno dereito e elección dunha Xunta Reitora ou Xunta Provisional consonte co disposto nesta Lei.

b)      Compromiso notarial da Xunta Provisional de asunción do estado contable do monte e do instrumento de xestión forestal vixente, ou de non habelo, de elaborar un que deberá ser aprobado pola consellaría competente en materia forestal.

c)       No caso de que a xestión e explotación do monte fose adxudicada con anterioridade pola Administración a outra entidade, seguindo o procedemento indicado no parágrafo 4 deste artigo, a reactivación da Comunidade Veciñal solicitada pola Xunta Provisional non será posible ata o remate do prazo correspondente á quenda máis longa de explotación madeirábel especificada no instrumento de xestión forestal do monte, ou ata o prazo de 10 anos para o resto de explotacións ou actividades, salvo acordo entre as partes.

(5.)                          Os Montes Veciñais en Man Común declarados en grave abandono serán coxestionados pola Administración Forestal coa comunidade titular do monte. Os actos de disposición do monte non poderán levarse a cabo mentres dure a declaración de abandono.

46.- A xestión pola administración do monte declarado de grave abandono debe ter como obxectivo ao menor prazo a devolución da xestión do monte á comunidade titular. A intervención dunha entidade allea entorpecería o proceso.

 

6.       Os beneficios que se poidan obter neste período, unha vez deducidos os gastos e investimentos na xestión e mellora do monte, serán investidos pola Consellaría competente en materia forestal en montes de xestión pública. Os procedementos para a declaración de grave abandono ou degradación así como o de reversión á comunidade veciñal serán establecidos mediante a correspondente normativa regulamentaria.

(6.) Os rendementos netos, se os houbera, serán investidos en melloras do monte ou, no seu defecto, en obra cultural, social ou comunitaria. Cando remate a declaración de abandono o monte veciñal volverá a ser xestionado pola comunidade titular.

 

47.- É totalmente inaceptable que os beneficios dos montes veciñais teñan destino os montes de xestión pública. Nos casos de montes veciñais con declaración de grave abandono, esta situación sería impresentable. Non contemplamos outro destino que o propio monte.
Título III. Da planificación e da xestión forestal sustentábel.

 

Capítulo I: Información forestal.

 

1.       Artigo 72. Inventario Forestal da Comunidade Autónoma de Galiza.

3         O Inventario Forestal da Comunidade Autónoma de Galiza estruturarase nos seguintes bloques:

 

e.  Aspectos xurídico-administrativos: titularidade dos montes incluídos no Catálogo de Montes de Utilidade Pública, comunidades e mancomunidades de montes,, mancomunidades, agrupacións de propietarios, proxectos de ordenación, instrumentos de xestión ou planificación vixentes.

 

Artigo 85. Plans de ordenación dos recursos forestais.

 

1.       A consellaría competente en materia de montes, atendendo ao establecido no Plan Forestal de Galiza, poderá elaborar elaborará Plans de Ordenación dos Recursos Forestais como instrumentos de planificación forestal, que afectarán a un territorio de similares condicións xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas, culturais ou paisaxísticas homoxéneas.

 

2.        

 

3.       Os Plans de Ordenación de Recursos Forestais serán aprobados polo Consello da Xunta mediante decreto, tras a consulta ao Consello Forestal de Galiza, aos representantes das comunidades de montes veciñais en man común, do sector forestal e das entidades locais e a outros colectivos usuarios con intereses no monte. A aprobación destes plans incluirá o trámite de información pública, que durará como mínimo un mes e como máximo dous meses, a medio de anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión do ámbito de aplicación do plan. Ao mesmo tempo que o trámite de información pública, a consellaría competente en materia de montes recabará das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, que deberán ser emitidos no prazo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo. Transcorrido este prazo sen que se comunique o informe recabado, poderá continuarse o procedemento de aprobación do plan.

48.- Resulta chamativo que sendo as comunidades de montes o primeiro propietario forestal de Galicia, non se teña citado expresamente .

 

Artigo 93. Compra responsábel de produtos forestais.

 

3         Nos procedementos de contratación pública priorizarase e primarase a utilización de madeiras e outros produtos procedentes dos montes galegos.

 

Capítulo IV. Aproveitamentos non madeirábeis.

 

Artigo 98. Pastoreo.

a.- O pastoreo realizado nos montes veciñais en man común deberá contar coa autorización dos titulares das terras, e o gando deberá estar identificado. A carencia desta autorización ou identificación leva consigo a retirada do gando pola Administración.

49.- Hai que ordenar o sector dunha vez, e deben quedar claramente establecidas as competencias da Administración.

 

3          Nos montes, que non conten cun instrumento de xestión forestal que regule os pastos, será necesaria a autorización da administración competente en materia de montes para poder realizar o aproveitamento. A inclusión de parcelas dedicadas a pastos nos instrumentos de xestión leva consigo a definición destas como prados ou rodais de aproveitamento silvopastoril.

50.- Para superar indefinicións dos usos do monte entre as distintas administracións.

 

Artigo 100. Outros aproveitamentos non madeirábeis.

 

1.       Réxense pola súa normativa específica, sen prexuízo do disposto nesta Lei:

a)       Os aproveitamentos de recursos non renovábeis, derivados da explotación de canteiras, áridos ou calquera outra actividade extractiva a ceo aberto ou subterránea. Cando se trate de montes de utilidade pública, protectores ou de especial protección autonómica e montes veciñais en man común, calquera autorización que emita o órgano competente na respectiva materia, esixirá informe previo vinculante da consellaría competente en materia de montes. En todo caso, a autorización do aproveitamento determinará o depósito de fianza abonda por parte do interesado, que garanta a íntegra restauración dos terreos afectados.

b)      Os aproveitamentos derivados da caza ou da pesca.

 

  1. A consellaría competente en materia de montes emitirá un informe vinculante sobre os plans de aproveitamento cinexético, piscícola ou mineiro que afecten a terreos forestais con instrumento de xestión aprobado. Tamén poderá establecer como zonas excluídas de caza aquelas que por seguridade ou reserva cinexética así o entenda, coa obriga de sinalizalas.

 

4         A consellaría competente en materia de montes promoverá novas actividades e aproveitamentos do monte de xeito que favorezan o control da vexetación a posta en valor do monte, e contribúan a fixación da poboación no rural.

 

Artigo 101. Supervisión administrativa.

 

 

  1. Os axentes da autoridade pública, a requirimento da comunidade titular, poderán esixir a calquera persoa que realice aproveitamentos forestais suxeitos a autorización a acreditación documental que ampare as devanditas operacións. A falta dela, requiriranlle para que suspenda as súas actividades, dando conta coa maior brevidade posíbel á consellaría competente en materia de montes aos efectos da incoación, se é o caso, do correspondente expediente sancionador.

 

 

Capítulo V. Aproveitamentos en montes públicos e aproveitamentos en montes xestionados pola administración forestal.

 

Artigo 102. Alleamento.

 

 

2         Nos montes sinalados no número 1, apartados a) e c) do presente artigo, o importe polo alleamento da madeira en corta final que corresponda, destinarase ao financiamento da reforestación da superficie de corta, no caso de non ser viábel a rexeneración natural. Con este fin, dentro do mesmo procedemento que regule o alleamento da madeira, determinaranse as medidas necesarias que deberá levar a cabo o adxudicatario para o acondicionamento do terreo e a nova reforestación.

 

 

Capítulo VI. Fondo de melloras.

 

Artigo 103. Fondo de melloras.

 

6. Os montes veciñais que dispoñan de consorcio ou convenio, rexeranse polo estipulado nos mesmos ata que se regule normativamente.

 

Artigo 110. Disposicións xerais.

 

3         Os montes periurbanos serán obxecto dunha especial protección, a desenvolver regulamentariamente.

 

 

Artigo 118.  Sistema de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

 

3         Serán obxecto de especial protección contra os incendios aqueles montes que, sendo evidente a súa aportación á biodiversidade, constitúan un exemplo de rexeneración, coidado, aportación do bosque autóctono e se atopen moi preto de núcleos urbanos, supoñendo para a existencia destes un elemento amortecedor das infraestructuras, presión poboacional, flora e fauna.


 

Artigo 119. Da educación e divulgación.

 

  1. A Xunta de Galiza promoverá o ensino de contidos forestais na educación primaria e secundaria, e fomentará e regulará o uso educativo dos montes, e fomentará programas de sensibilización cara os bosques e a diversidade dos seus usos. Así mesmo promoverá na educación primaria e secundaria o coñecemento das características e funcións do monte veciñal en man común.

51.- Agora mesmo, malia a supoñer a cuarta parte do territorio, o monte veciñal non se estuda en ningunha etapa educativa obrigatoria.

 

Artigo 120. Programas de divulgación.

 

  1. Así mesmo, a Comunidade Autónoma de Galiza, en colaboración con outras administracións públicas e cos axentes sociais representativos, promoverá o establecemento de programas de divulgación orientados a concienciar ao conxunto da sociedade da importancia da existencia dos montes e dos seus produtos como recursos naturais renovábeis, así como da súa xestión sustentábel. As entidades locais tamén desenvolverán programas de concienciación e sensibilización sobre a prevención de incendios forestais, fomentando a participación social e favorecendo a corresponsabilidade da poboación na protección do monte. Así mesmo, a Xunta de Galicia promoverá nos centros educativos campañas de coñecemento do monte veciñal en man común, as súas características e a súa tripla función, social económica e ambiental.

 

  1. Con tal fin, poderán outorgarse convenios de colaboración con centros de investigación e empresas de transformación, coas distintas administracións públicas, coas universidades, cos colexios profesionais coas comunidades de montes, e con calquera outra organización con identidade de fin.

 

Artigo 135. Beneficiarios dos incentivos.

 

Poderán ser beneficiarios das axudas:

  1. Os propietarios de montes, sexan públicos, privados ou veciñais.

 

Disposicións adicionais.

 

Disposición adicional primeira. Concorrencia de expedientes sobre deslindamento de montes e delimitación de concellos.

 

Se o proceso de deslindamento dun monte dunha entidade local ou veciñal en man común coincidira no tempo coa substanciación dun expediente administrativo sobre a delimitación de concellos, quedará interrompido o expediente referido á delimitación de montes ata que se resolva o dos concellos.

52.- Os lindes dos concellos e dos montes veciñais non sempre coinciden. Condicionar os procedementos de deslinde é inútil e entorpecedor.

 

Disposición adicional cuarta. Clasificación como veciñais en mán común dos montes de titularidade municipal e uso comunal.

 

  1. O Xurado de Montes Veciñais de Galiza de cada provincia, de oficio ou a pedimento da comunidade vecinal que viñera aproveitando un monte de titularidade municipal e uso comunal, poderá instar, a respecto do mesmo, os expedientes de clasificación correspondente aos efectos de comprobar a pervivencia do seu uso veciñal e, xa que logo, a súa clasificación coma monte veciñal en mán común se fose procedente.

 

  1. Neste senso, no decurso do primeiro ano de vixencia desta Lei, o Xurado de Montes Veciñais de Galiza de cada provincia instará de todos e cada un dos concellos  certificación dos montes de titularidade municipal e uso comunal que consten en cadanseu  Inventario, con expresión da súa superficie, lindes e datos rexistrais, de ser o caso e sinalando, asemade, o tipo de uso comunal que se fai de todos e cada un dos mesmos e a vecindade dos seus beneficiarios.

 

Disposición transitoria oitava. Procedementos de clasificación pendentes de resolución.

 

Os procedementos de clasificación pendentes de resolución, pasarán a ser tramitados polo Xurado de Montes Veciñais de Galiza e seguirán o procedemento establecido nesta Lei.

 

Disposición transitoria undécima. Regulamento da Lei de Montes Veciñais en Man Común

 

Manterase en vigor o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, en todo aquilo que non vaia en contra desta Lei.

 

SUXESTIÓNS en referencia aos artigos.

 

141.- Deberíase especificar mais nos casos en que, cando o órgano competente penal exclúa a existencia de delito ou falta a Administración poderá seguir co proceso sancionador. De non facelo así pode parecer que as comunidades de montes poidan ser dobremente sancionadas.

 

144.- Este artigo está sen texto, deberíase definir os actos susceptíbeis de ser obxecto de multas. De non facelo así semella que quedaría a libre interpretación do órgano sancionador.

 

146.- Este artigo debería complementarse con medidas correctoras e graduais no caso de reparación de danos e indemnizacións xa que se debe ter en conta en moitos casos os poucos recursos económicos que teñen algunhas comunidades de montes.

 

Asdo. en Vigo a 5 de maio de 2008

A Xunta Rectora da ORGACCMM