Mañán xoves, 22 de Xullo do 2.004, terá lugar
na Consellería de Medio Ambiente a ¿derradeira xuntanza? do grupo de
traballo formado pola Consellería con institucións e asociacións implicadas
de calquera xeito no sector forestal (no senso montes).
Dado que na xuntanza precedente, das máis de 250
alegacións, só foron aceptadas 27, o sentimento xeral, en particular dos
representantes da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), é
dunha grande frustracción.
Teño novas da Asociación "Amigos do Monte
Veciñal" do mesmo teor. Andan na procura de artellar un estudo do
borrador e a confección das emendas. Logo trataríase de presentalas no lugar
acaído dependendo do estado da tramitación da Lei.
Volvendo á ORGACCMM, o sentimento que se ten é
que o pregón da Consellería dicindo que a Lei ía ser consensuada co sector
é pouco menos cun brinde ó sol.
E probabel que na xuntanza de mañá sáibase xa
o trámite seguinte, ... cómo sempre, non vai ficar máis solución que usar
ós representantes no Parlamento para tentar acadar unhas rectificacións que
en moitos casos son peticións coincidentes de sectores que en moitas ocasións
non soen se-lo.
E máis nada polo de agora. Deica o momento as
alegacións tiveron un caracter discreto dacordo cos procedementos formais que
a Consellería propuxo, ... no intre no que se peche a situación actual, sen
acadalo consenso, encetaranse outros procedementos.