BORRADOR DE ANTEPROXECTO DA LEI DE MONTES DE GALICIA

 

 

 

 

 

 


ÍNDICE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS_ 5

TÍTULO PRELIMINAR: DISPOSICIÓNS XERAIS_ 14

CAPÍTULO I. OBXECTO E CONCEPTOS XERAIS_ 14

TÍTULO I: COMPETENCIAS DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. 20

CAPÍTULO I. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA. 20

TÍTULO II: CLASIFICACIÓN E RÉXIME XURÍDICO DOS MONTES. A PROPIEDADE FORESTAL. 21

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS. 21

CAPÍTULO II. CLASIFICACIÓN DOS MONTES. 21

Sección primeira: Montes públicos. 21

Sección segunda: Montes privados. 22

Sección terceira. Montes protectores_ 23

CAPÍTULO III. RÉXIME XURÍDICO DOS MONTES PÚBLICOS. 24

Sección primeira: Dos montes de dominio público. 24

Sección segunda. Dos montes patrimoniais. 25

Sección terceira. Montes de utilidade pública. Catálogo de Montes de Utilidade Pública. 25

Sección cuarta. Xestión dos montes públicos_ 28

Sección quinta.  Réxime de usos, autorizacións e concesións nos montes de dominio público. 29

Sección sexta. Servidumes en montes de dominio público. 30

Sección séptima. Recuperación posesoria_ 31

CAPÍTULO IV. RÉXIME XURÍDICO DOS MONTES PRIVADOS. 31

CAPÍTULO V. DESLINDE DOS MONTES. 33

Sección primeira: Do deslinde dos montes públicos. 33

Sección segunda: Do deslinde dos Montes Veciñais en Man Común. 37

CAPÍTULO VI. ADQUISICIÓN DE PROPIEDADES FORESTAIS. 39

CAPÍTULO VII. ORGANIZACIÓN DA PROPIEDADE FORESTAL. 40

Sección primeira: Límites á división dos montes. 40

Sección segunda: Reordenación territorial da propiedade de fincas forestais. 40

TÍTULO III: XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE_ 41

CAPÍTULO I. PLANIFICACIÓN TERRITORIAL FORESTAL. 41

CAPÍTULO II. ORDENACIÓN DE MONTES. 42

Sección primeira: Instruccións xerais para a ordenación de montes. 43

Sección segunda. Instrumentos de xestión forestal. 43

Sección terceira: Rede Galega de Control, Seguemento e Avaliación  da Xestión Forestal Sostible. 45

Sección cuarta: Certificación forestal. 46

CAPITULO III. INSTRUMENTOS DE PLANIFICACIÓN E DE ORDENACIÓN FORESTAL. 46

TÍTULO IV: APROVEITAMENTOS FORESTAIS. 46

CAPÍTULO I. DOS APROVEITAMENTOS EN XERAL. PRINCIPIOS. 46

Sección primeira: Principios xerais_ 46

Sección terceira: Aproveitamentos non madeirables. 48

CAPÍTULO II. APROVEITAMENTOS EN MONTES DE XESTIÓN PÚBLICA. 49

Sección primeira: Aproveitamentos madeirables e leñosos. 49

Sección terceira: Do pastoreo. 49

CAPÍTULO III. APROVEITAMENTOS EN MONTES PRIVADOS DE XESTIÓN PRIVADA. 50

Sección primeira: Aproveitamentos madeirables, leñosos , de cortiza e de resinas. 50

CAPÍTULO IV. APROVEITAMENTOS E USOS EN ZONAS QUEIMADAS. 53

Sección primeira: Aproveitamentos madeirables e leñosos de madera queimada. 53

Sección segunda: Outros aproveitamentos forestais. 53

Sección terceira. Urbanismo. 55

TÍTULO V. USO SOCIAL DOS MONTES. 55

CAPÍTULO I. USO SOCIAL, EDUCATIVO E RECREATIVO DO MONTE. 55

CAPÍTULO II ACCESO DA POBOACIÓN ÓS ESPACIOS FORESTAIS. 56

TITULO VI. DOS USOS FORESTAIS_ 57

CAPÍTULO I. CAMBIO E DEFENSA DO USO FORESTAL. 57

Sección primera: Cambio do uso forestal. 57

CAPÍTULO II. CAMIÑOS E INFRAESTRUCTURAS FORESTAIS_ 59

CAPÍTULO III. ACTUACIÓN HIDROLÓXICA FORESTAL. 60

TÍTULO VII: A CADEA MONTE-INDUSTRIA: SILVICULTORES E PRODUCTORES FORESTAIS, EMPRESAS DE SERVICIOS FORESTAIS E INDUSTRIAS FORESTAIS. 61

CAPÍTULO I. PRODUCTORES FORESTAIS. 61

CAPÍTULO II. EMPRESAS DE SERVICIOS FORESTAIS_ 61

CAPÍTULO III. INDUSTRIAS FORESTAIS. 61

CAPÍTULO IV. FORTALECEMENTO DA CADEA MONTE-INDUSTRIA. 62

CAPITULO V. INFORMACIÓN E REXISTRO. 63

TÍTULO VIII: EDUCACIÓN, DIVULGACIÓN, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN. 64

CAPÍTULO I. EDUCACIÓN E DIVULGACIÓN. 64

CAPÍTULO II. FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN. 65

TÍTULO IX: PRAGAS, ENFERMIDADES FORESTAIS E DEFENSA FITOSANITARIA. 66

CAPÍTULO I. PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS. 66

Sección primeira: Obrigas dos actores implicados. 66

Sección segunda: Protección sanitaria dos montes.

Sección terceira: Axudas e indemnizacións na loita contra pragas.

CAPÍTULO II. MEDIOS DE DEFENSA FITOSANITARIA_

TÍTULO X: INCENDIOS FORESTAIS. 71

CAPÍTULO I. CONCEPTO DE INCENDIO FORESTAL. 71

CAPÍTULO II. COMPETENCIA, COORDINACIÓN E PARTICIPACIÓN. 71

Sección primeira: Competencia e coordinación das Administracións públicas. 72

Sección segunda: Prevención, colaboración e participación. 73

CAPÍTULO III. PLAN DE INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA. 74

CAPÍTULO IV. PREVENCIÓN . 75

Sección primeira: Actuacións promovidas pola Administración forestal. 75

Sección segunda: Obrigas dos propietarios de terreos forestais. 77

Sección terceira: Obrigas dos outros actores implicados. 78

CAPÍTULO V. ZONAS DE ESPECIAL RISCO DE INCENDIO FORESTAL E DE PROTECCIÓN PREFERENTE CONTRA INCENDIOS_ 79

Sección primeira. Zonas de especial risco de incendio forestal. 80

CAPÍTULO VI. EXTINCIÓN. 81

Sección primeira: Organización e desenvolvemento da extinción dos incendios forestais. 82

Sección segunda: Taxas. 84

Sección terceira: Seguro de incendios forestais. 84

TÍTULO XI. MELLORA XENÉTICA E VIVEIROS FORESTAIS_ 85

CAPITULO I. MELLORA XENÉTICA_ 85

CAPÍTULO II. VIVEIROS FORESTAIS.

Sección primeira. Principios xerais.

Sección segunda. Viveiros forestais.

TÍTULO XII. FOMENTO FORESTAL_ 88

CAPÍTULO I. ACCIÓNS DE FOMENTO E COMPENSACIÓNS_ 88

Sección primeira : Agrupacións forestais. 88

Sección segunda: Posta en valor do monte de xestión privada_ 89

Sección terceira: Incentivos económicos en montes ordenados_

Sección cuarta: Protección e conservación dos montes de xestión privada_ ¡Error! Marcador no definido.

Sección quinta: Consolidación e fortalecemento da cadea monte- industria. 91

Sección sexta: Comercialización dos productos forestais galegos. 91

Sección séptima: Cultura forestal. 92

Sección oitava:  Asociacionismo. 92

CAPÍTULO II. MEDIDAS DE FOMENTO. 92

CAPÍTULO III. EXENCIÓNS E BENEFICIOS FISCAIS. 93

TÍTULO XIII: RÉXIME SANCIONADOR_ 94

CAPÍTULO I: DAS INFRACCIÓNS . 94

Sección primeira: clases de infraccións administrativas. 94

CAPÍTULO II: DAS SANCIÓNS_ 99

Sección primeira: Multas aplicables_ 99

Sección segunda: Outras sancións. 100

Sección terceira: Prescrición das sancións_ 101

CAPÍTULO III: PROCEDEMENTO SANCIONADOR_ 102

Sección primeira: Competencia. 102

Sección segunda: Do expediente sancionador. 103

Sección terceira: Das denuncias dos axentes da autoridade e forestais. 104

CAPÍTULO IV: DO REXISTRO DE INFRACTORES_ 105

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS. 105

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS. 107

DISPOSICIÓN DERROGATORIA_ 108

 


 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

De acordo co preceptuado no Estatuto de Autonomía de Galicia, correspóndelle á Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materia de montes, aproveitamentos forestais, vías pecuarias e pastos no marco da lexislación básica do Estado.

Recentemente foi promulgada a Lei 43/2003 de montes como Lei básica do Estado en substitución do anterior corpo normativo en materia forestal, principalmente a Lei de montes de 1957.

É polo tanto, o momento de que Galicia se dote dunha nova Lei que en base as súas peculiaridades e ás necesidades que os tempos actuais introducen, permita un desenvolvemento harmónico do sector forestal, auténtico motor do progreso, e elemento indispensable para un adecuado desenvolvemento rural de Galicia.

MARCO INTERNACIONAL

E todo isto, enmarcado nun proceso de tendencias e de compromisos internacionais  globais o redor do concepto de desenvolvemento sostible e a súa aplicación á xestión forestal sostible. Así, a escala rexional paneuropea, foi acadado un consenso en materia de xestión sostible de bosques a través das Conferencias Ministeriais sobre Protección dos Bosques de Europa.

Helsinki en 1993, Lisboa en 1998 e Viena en 2003 permitiron no contexto europeo definir e desenvolver criterios e indicadores de sostenibilidade, que se apoiaron en tres piares básicos: o ambiental, o económico e o social.

Por outra banda, a Estratexia Forestal Europea recoñece que os bosques coas súas múltiples funcións constitúen unha parte esencial das zonas rurais e un dos principais piares da política integrada de desenvolvemento rural, especialmente no que respecta a súa contribución á renda e ó emprego, e ó seu valor ecolóxico.

Neste contexto Galicia constitúe un territorio paradigmático para a comprensión da sostenibilidade dende o punto de vista forestal.

O MONTE GALEGO

Dende o punto de vista ambiental, os bosques galegos cumpren un papel importante. Fixan do orden do 50% do carbono fixado polas masas forestais de todo o Estado español, cerca do 83% dos mesmos cumpren unha función protectora do solo e dos acuíferos, ademais de contribuír de forma importante ó mantemento da biodiversidade cunha participación importante na proposta galega de Rede Natura 2000.

Dende o punto de vista económico, a contribución dos bosques e o sector forestal é estratéxica para o presente e o futuro de Galicia. A madeira extraída dos bosques galegos, uns 6,5 millóns de m3 anuais, supón 240 millóns de euros para os propietarios forestais, representando da orde do 50 % do total das cortas do Estado español. O sector forestal supón 40.000 empregos en toda a cadea, contribuíndo en máis do 6% ó producto interior bruto de Galicia sen incluí-la industria de 2ª transformación, cun peso similar á pesca, ó marisqueo e á moda galega agrupadas.

Por ultimo, dende o punto de vista social a contribución dos bosques galegos é determinante. Así a propiedade forestal galega é privada nun 97% a través de 650.000 propietarios particulares e 2.840 comunidades veciñais propietarias de montes veciñais en man común. Pode dicirse case calquera familia galega inclúe algún propietario forestal ou comuneiro.

De acordo cos datos do Terceiro Inventario Forestal Nacional o 68,96% do territorio galego é forestal, cunha tendencia ó incremento de superficie. A súa vez, a superficie arbórea acada 1.405.451 ha  cun incremento do 34% respecto do anterior inventario. Tódalas formacións arbóreas incrementaron a súa superficie, as que máis as constituídas por frondosas autóctonas.

As cortas anuais supoñen o 52% respecto o crecemento anual da madeira nos nosos bosques e así as existencias de madeira en pé acadan os 134 millóns de metros cúbicos.

Aínda que a madeira supón actualmente o recurso forestal mais importante e cunha importante marxe de crecemento, outros productos forestais como os cogumelos, castañas, paisaxe  e biomasa encerran un gran potencial.

OBXECTIVOS E PRINCIPIOS.

De tódolo anterior dedúcese que Galicia reúne unhas excepcionais condicións para a actividade forestal e que os seus recursos forestais deben contribuír de forma substancial ó desenvolvemento rural de Galicia, creando emprego, xerando rendas e fixando poboación.

Non podemos esquecer por outra banda, que a actividade forestal permite que os propietarios dos terreos manteñan unha vinculación co territorio, aínda cando residan nun entorno urbano, evitando o abandono das terras.

Consecuentemente co anterior, a presente Lei nace nun contexto distinto ó que tradicionalmente deu lugar ás Leis clásicas de montes, orientadas a conservación dos recursos forestais en momentos de tendencia ó esgotamento dos mesmos.

Así, o reto actual consiste en aproveitar uns recursos que tenden a aumentar, en dar un uso ós terreos que se abandonan, e en fomentar unha actividade no medio rural que produce e pode seguir producindo riqueza.

A Lei inspírase nuns principios básicos de partida: a xeración de emprego e rendas no medio rural, a sostenibilidade na xestión forestal, e a responsabilidade dos propietarios forestais na xestión dos seus terreos no marco do ordenamento xurídico.

A partir dos mesmos, fíxanse os obxectivos da Lei: facilitar e regular a labor dos propietarios no desenvolvemento dunha xestión sostible, a multifuncionalidade, a compatibilización de usos e a defensa do monte, a creación de emprego e o desenvolvemento rural, a consolidación da industria de 1ª transformación, a participación social, o fomento do asociacionismo, o fortalecemento da cadea monte-industria, a integración da planificación da política forestal nos obxectivos de acción internacional sobre protección do medio ambiente e a cooperación entre Administracións.

CONTIDOS SOBRESAÍNTES

O concepto de monte ou terreo forestal recolle a necesaria integración coa ordenación territorial excluíndo os terreos urbanos, urbanizables, e núcleos rurais, así como os terreos agrícolas. Nestes casos sométense as novas plantacións á autorización das entidades locais.

A Lei asígnalle á Consellería de Medio Ambiente a aplicación da Lei e a normativa que a desenvolve, establecendo en cada caso a participación doutros departamentos da Xunta de Galicia.

En canto a Administración local a Lei establece o seu papel na xestión forestal e traslada a posibilidade de xestionar os montes da súa titularidade xa sexan catalogados ou patrimoniais.

Asemade establécese un reparto de competencias de xeito que no terreo rústico ordinario, e de protección forestal será a única normativa de carácter forestal aplicable, xunto coa normativa que a desenvolva.

Os montes, atendendo a súa titularidade, poden ser públicos ou privados recollendo as distintas modalidades. En concordancia coa Lei básica de montes recóllese o carácter demanial dos montes catalogados de utilidade publica e aqueles outros destinados a un uso ou servicio público. Así mesmo, recóllense as peculiaridades do catálogo de montes de utilidade pública, e o réxime administrativo dos montes incluídos no mesmo. Os montes privados diferéncianse en montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas, abertales, de voces de voceiro ou de fabeo.

En canto o réxime xurídico dos montes particulares a Lei establece que a xestión realízase por parte da propiedade, podendo contratar a mesma con persoas físicas ou xurídicas de dereito privado ou público.

En canto os montes veciñais, ábrense vías para axilizar os procedementos de deslinde diferenciando as zonas de colindancia entre diferentes montes veciñais en man común, daqueles  de colindancia con particulares ou montes públicos.

En canto ós procedementos de concentración parcelaria refórzase a aplicación de criterios forestais nos terreos de monte.

A Lei resalta a importancia da planificación de cara á implantación da Xestión Forestal Sostible no ámbito da planificación forestal xeral a través da Estratexia Galega de Xestión Forestal Sostible, do Plan Forestal de Galicia e dos Plans de Xestión Sostible de Distrito Forestal orientativos de cara ós propietarios forestais e determinantes de cara ás prioridades de actuación pública no territorio, principalmente en canto a liñas de fomento. A súa aprobación incluirá o tramite de información pública.

Así mesmo, a escala monte adquire gran importancia a ordenación forestal a través dos instrumentos de xestión forestal. Os devanditos documentos de xestión son preceptivos en tódolos montes públicos, nos montes veciñais en man común de máis de 25 has arbóreas, e voluntarios no resto de montes privados.

De acordo coa superficie arborada do monte, diferéncianse os proxectos de ordenación, os plans técnicos de xestión e os plans básicos de xestión. Contémplanse unhas instruccións xerais de ordenación de montes de Galicia adaptando os criterios e indicadores de sostenibilidade.

O titular do monte é o propietario dos recursos forestais e ten dereito o seu aproveitamento no marco da presente Lei. Os aproveitamentos non superarán a capacidade productiva do monte e a Administración forestal poderá realizar os controis e recoñecementos que se consideren necesarios.

Os propietarios de montes poderán acoutar as súas propiedades para o aproveitamento de cogumelos, castañas e outros productos forestais.

O pastoreo como aproveitamento de pastos en terreos forestais é un aproveitamento forestal, e debe axustarse o contido dos instrumentos de xestión, se existen, podendo a propiedade prohibir o pastoreo nos seus montes ou terreos forestais.

A presencia de gando no monte sen contar coas autorizacións dará lugar ás medidas pertinentes que poden chegar ó comiso dos animais.

A biomasa contémplase como un aproveitamento forestal de residuos procedentes da actividade forestal.

En canto os aproveitamentos forestais madeireiros establécese que bastará unha notificación de corta para aqueles montes que conten cun instrumento de xestión forestal aprobado pola Administración .

Para os montes particulares e de varas maiores de 25 has de superficie arborada que non conten cun instrumento de xestión forestal será necesaria unha autorización de corta.

No caso de masas de especies contempladas no anexo I será necesaria unha autorización de corta salvo que conten cun instrumento de xestión forestal, en cuio caso será suficiente unha notificación de corta.

Tanto no caso de notificacións como de autorizacións o silencio considérase positivo.

Os aproveitamentos de madeira queimada requirirán autorización previa da Administración forestal. Se non se solicita en prazo o aproveitamento, cando as condicións de sanidade forestal o aconsellen, a Administración forestal poderá executa-lo aproveitamento subsidiariamente, tomando as medidas necesarias para a restauración do arborado.

Nos terreos queimados acoutaranse tódalas actividades e aproveitamentos incompatibles ca súa rexeneración e en particular o pastoreo por un período mínimo dun ano. Cando o terreo queimado sexa arborado, prohibirase calquera actividade que poida verse favorecida pola desaparición de arborado.

A actividade cinexética tamén prohibirase por un período de dous anos.

Considera a Lei a importancia do uso social e recreativo dos  montes pero sempre tendo en conta os usos e actividades forestais e baixo unhas condicións mínimas de respeto ó medio forestal e outros usuarios.

A Lei contempla os Parques Periurbanos como terreos forestais de certa extensión expresamente habitados para aumentar a súa capacidade de acollida, para actividades sociorecreativas.

A Lei regula o acceso da poboación ós espacios forestais de xeito que os vehículos motorizados ou de tracción animal, poderán desplazarse polas vías de circulación xeral. Permítese o acceso a pé salvo ós terreos cercados ou sinalizados.

A Lei protexe o terreo forestal regulando o cambio de uso forestal e limitandoo especialmente en terreos queimados.

A Lei contempla a necesidade de fortalecer a cadea monte-industria como conxunto de axentes do sector e o fomento da industria de 1ª transformación.

Preséntase unha especial atención á educación e divulgación forestal promovendo unha cultura forestal a través da educación regrada, do uso educativo dos montes e contempla a elaboración dun Plan de divulgación forestal e a potenciación dunha rede de aulas forestais.

Así mesmo, considera específicamente a formación dos profesionais do sector forestal e dos propietarios e silvicultores fomentando a participación das asociacións do sector.

A investigación forestal será así mesmo promovida dende a Administración .

A Lei establece medidas de defensa contra pragas e enfermidades forestais establecendo as funcións da Administración e as obrigas dos propietarios, regulando os casos que pode declararse a existencia dunha praga ou enfermidade forestal e a cualificación de utilidade pública das accións en caso necesario.

No que atinxe os incendios forestais a Lei establece a necesaria coordinación entre Administracións e o reparto de competencias entre as mesmas. Así a Consellería de Medio Ambiente é responsable da defensa contra incendios en terreos rústico e as Administracións Locais no resto do territorio, coa obrigación de colaboración mutua.

Os titulares dos predios rústicos como titulares da súa xestión son responsables da execución das medidas de prevención.

Establécese a obriga xeral de avisar da existencia dun incendio e de colaborar na extinción.

A Lei consolida o Plan de incendios forestais de Galicia (INFOGA) que establece a organización e procedemento operativo de actuación dos recursos e servicios das distintas Administracións para facer fronte ós incendios permitindo unha coordinación e actuación conxunta. Será aprobado cada ano polo Comité Galego de Defensa dos Montes contra os Incendios Forestais, como órgano de coordinación superior.

A Lei presta unha grande importancia as accións de prevención en canto a accións sobre o territorio, dotación de equipos e medios de loita contra os incendios, a concienciación e sensibilización social, e a regulación do uso do lume.

A Lei contempla a declaración de zonas de especial risco de incendio forestal, nas que se establecerán medidas preventivas específicas e nas que se elaborarán Plans de defensa.

En ditas zonas considérase a execución subsidiaria pola Administración das obrigas incumpridas por Entidades ou particulares, e a declaración de perímetros de preferente ordenación para o pastoreo,  onde o gando debe estar no interior de cercados gandeiros.

Na extinción de incendios a Lei consagra o principio do mando único e establece as funcións dos directores de extinción.

A Lei establece os supostos en que poderán repercutirse taxas polos Servicios públicos de extinción, e contempla a promoción dun seguro de incendios forestais.

Contémplanse medidas específicas de promoción da mellora xenética forestal e regularase a actividade dos viveiros forestais en canto os materiais de base.

A Lei establece un conxunto de medidas de fomento da xestión forestal sostible mediante subvencións e incentivos, priorizando os montes que conten cun instrumento de xestión forestal.

Así mesmo a agrupación de terras para a xestión común, a posta en valor dos montes, as accións de protección e restauración e a consolidación de industrias forestais son medidas contempladas nas accións de fomento.

A Lei inclúe un réxime de infraccións e sancións nas materias obxecto da Lei, e fixando os criterios de cualificación das infraccións segundo a súa gravidade e fixando as sancións correspondentes.


 

TÍTULO PRELIMINAR: DISPOSICIÓNS XERAIS

CAPÍTULO I. OBXECTO E CONCEPTOS XERAIS

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Esta Lei ten por obxecto establecer o marco normativo para a protección e aproveitamento sostible dos recursos forestais galegos de conformidade co establecido  na Constitución Española, no Estatuto de Autonomía de Galicia e na Lei básica de montes.

2. Esta Lei será de aplicación a tódolos montes ou terreos forestais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

3. Ós efectos da presente Lei, enténdese por monte ou terreo forestal, todo terreo no que vexetan especies forestais arbóreas, arbustivas, de matorral ou herbáceas, sexa espontaneamente ou procedan de sembra ou prantación, que cumpran ou poidan cumprir funcións ambientais, protectoras, productoras, culturais, paisaxísticas ou recreativas.

Teñen tamén a consideración de monte ou terreo forestal:

a)      Os terreos ermos, rochedos e arenais.

b)      As construccións e infraestructuras destinadas ó servicio do monte no que se emprazan.

c)      Os terreos agrícolas abandonados que cumpran as condicións e prazos que se determinen regulamentariamente, e sempre que adquiran sinais inequívocas do seu  carácter forestal, salvo a súa inclusión en banco de terras agrarias ou similares.

d)      Todo terreo que, sen reunir as características descritas anteriormente, se adscriba á finalidade de ser repoboado ou transformado ó uso forestal cunha superficie mínima de 5 ha.

4.- Non teñen a consideración de monte ou terreo forestal:

a)      Os terreos adicados ó cultivo agrícola.

b)      O solo urbán, os núcleos rurais e o solo urbanizable, incluindo a canle e a zona de dominio público hidráulico destes solos, e aqueles outros excluídos pola normativa vixente.

c)      Os terreos rústicos de protección agropecuaria, salvo as novas repoboacións e as masas arboradas de máis de 5 ha.

5. A presente Lei e o seu desenvolvemento regulamentario, constituirán o exclusivo marco regulador dos usos e aproveitamentos forestais nos terreos forestais que se atopen en solos clasificados, en virtude da aplicación da Lei 9/2002, de 30 de decembro de Ordenación urbanística e protección do medio rural, que seguidamente se relacionan:

a)      Rústico de protección ordinaria.

b)      Rústico de protección forestal.

c)      Masas arboradas de máis de 5 ha. ubicadas en terreo rústico de protección agropecuaria.

d)      Rústico de protección de espacios naturais, no que non se opoña a súa norma de declaración e os instrumentos de planificación ou xestión recollidos na Lei 9/2001 do 21 de agosto, de Conservación da natureza así como ós instrumentos de ordenación do territorio, ás normas provinciais de planeamento ou o planeamento urbanístico que os califiquen deste xeito, tal como se recolle na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural.

Artigo 2. Principios.

1. Os terreos forestais galegos constitúen un recurso estratéxico que debe contribuir ó desenvolvemento socioeconómico de Galicia, xerando emprego e rendas no medio rural.

2. A xestión dos terreos forestais debe realizarse de xeito sostible.

3. A xestión dos terreos forestais corresponde os seus titulares.

4. Sendo necesario salvagarda-la función social e o interese xeral dos terreos forestais, os dereitos relativos á propiedade forestal exerceranse nos termos previstos na lexislación básica do Estado, na presente Lei e no resto do ordenamento xurídico.

Artigo 3. Obxectivos.

Son obxectivos da presente Lei:

a)      O facilitar e regula-la labor dos propietarios forestais privados na execución das actuacións selvícolas e no desenvolvemento da xestión sostible dos montes galegos.

b)      O cumprimento equilibrado da multifuncionalidade dos montes nos seus valores económicos, sociais e ambientais; fomentando as produccións forestais de calidade e os seus sectores económicos asociados; favorecendo o uso recreativo e pedagóxico do monte; e preservando a función ambiental dos bosques.

c)      O compatibiliza-la mellora e aproveitamentos das explotacións forestais e selvícolas de orientación madeideira, con outros usos e aproveitamentos como os recreativos, cinexéticos, enerxéticos, de pastoreo e de xeneración doutros productos, adoitándose as medidas de salvagarda precisas para defende-los ecosistemas forestais contra os incendios, as pragas e o uso indebido.

d)      O desenvolvemento da investigación forestal, básica e aplicada, a fin de mellorar as técnicas e prácticas selvícolas.

e)      A creación de riqueza e emprego e o desenvolvemento do medio rural, a posta en marcha de  modalidades de reorganización de propiedades forestais que permitan atinxir unha clarificación e seguridade na tenencia da propiedade así como a dimensión necesaria para levar a cabo unha xestión forestal viable, e o fomento de iniciativas de xestión forestal conxunta.

f)        O desenvolvemento dunha industria da primeira transformación da madeira e de outros productos forestais orientada ó mercado, que contribúa a acadar o equilibrio entre a producción forestal e a demanda, presente e futura, da industria transformadora.

g)      A efectiva participación social nas decisións sobre as materias contidas na presente Lei; fomentando, especialmente, a participación dos propietarios forestais e  dos que habitan o medio rural e potenciando a concienciación social sobre os valores que integran  o patrimonio forestal galego.

h)      O fomento do asociacionismo como instrumento fundamental para o desenvolvemento sostible do monte  e da propiedade forestal .

i)        A colaboración dos sectores implicados na producción, transformación e comercialización dos recursos forestais, consolidando a cadea monte-industria.

j)        A articulación da ordenación administrativa e da xestión do monte coa ordenación do territorio, o planeamento dos espacios naturais protexidos, o réxime urbanístico e a planificación sectorial.

k)      A adecuación da política forestal galega ós obxectivos da acción internacional sobre protección do medio ambiente, especialmente en materia de cambio climático e biodiversidade, creación de emprego e fixación da poboación rural

l)        A colaboración e cooperación coas diferentes Administracións Públicas na elaboración e execución das políticas forestais.

Artigo 4. Definicións.

Ós efectos desta Lei,  defínense os seguintes termos:

Forestal: todo o relativo ós montes.

Xestión: o conxunto de actividades de índole técnica e material relativas á  conservación, mellora e aproveitamento do monte.

Selvicultura: o conxunto de técnicas que tratan da conservación, mellora, aproveitamento e rexeneración, ou no seu caso restauración, das masas forestais. 

Corta: o conxunto de operacións selvícolas destinadas a mellorar ou rexenerar as masas arboradas, poidendo obter ou non delas aproveitamentos forestais.

Tala: a operación que ten por obxecto facer desaparecer o arborado e deixar raso o terreo, con fins non selvícolas.

Xestión forestal sostible: a organización, administración e uso dos montes de xeito e intensidade que permita mante-la súa biodiversidade, productividade, vitalidade, potencialidade e capacidade de rexeneración, para atender, agora e no futuro, as funcións ecolóxicas, económicas e sociais relevantes a escala local, nacional e global, e sen producir danos a outros ecosistemas.

Repoboación forestal: introducción de especies forestais nun terreo mediante sembra ou prantación. Pode ser forestación ou reforestación.

Forestación: repoboación, mediante sembra ou prantación, dun terreo que era agrícola ou estaba adicado a outros usos non forestais.

Reforestación: reintroducción de especies forestais, mediante sembra ou prantación, en terreos que estiveron poboados forestalmente ata épocas recentes, pero que quedaron rasos a causa de talas, cortas, incendios, vendavais, pragas, enfermidades ou outros motivos.

Aproveitamentos forestais: son aproveitamentos forestais os madeirables e leñosos, incluida a biomasa forestal, os de cortiza, pastos, caza, froitos, fungos, plantas aromáticas e mediciñais, productos apícolas e demais productos e servicios con valor de mercado característico dos montes.

Subproductos forestais: enténdese por subproductos forestais aqueles restos forestais procedentes de cortas, podas e outras actividades realizadas nos aproveitamentos forestais.

Pastoreo: enténdese por pastoreo o aproveitamento, por calqueira tipo de gando, de pastos herbáceos ou leñosos en terreo forestal.

Incendio forestal: o incendio que se extende sen control sobre combustibles forestais situados no monte.

Incendio periurbán: o incendio que se extende sen control sobre vexetación situada sobre solos urbáns, núcleos rurais e solos urbanizables.

Parques periurbáns: son terreos forestais de certa extensión habilitados para unha utilización sociorecreativa en canto a accesibilidade, a existencia de infraestructuras e, en xeral, a accións e dotacións que aumenten a súa capacidade de acollida.

Cambio do uso forestal: toda actuación material ou acto administrativo que faga perder ó monte o seu carácter de tal.

Instrumentos de xestión forestal: categoría que engloba ós proxectos de ordenación de montes, ós plans técnicos de xestión, os plans básicos de xestión e outras figuras equivalentes.

TÍTULO I: COMPETENCIAS DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

CAPÍTULO I. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA.

Artigo 5. Competencias da Consellería de Medio Ambiente.

1. Á Consellería de Medio Ambiente correspóndelle executa-las funcións atribuidas por esta Lei, pola normativa que a desenvolva e polas correspondentes disposicións de atribucións de competencias, en tódolo que non se lle atribúa explícitamente a outro organismo en virtude da presente Lei.

A vixilancia no  cumprimento dos preceptos desta Lei correponde ós axentes forestais e os demais corpos e institucións da Administración que, con carácter xeral, teñan encomendadas funcións de custodia dos recursos forestais.

2. A Consellería de Medio Ambiente poderá desenvolver normativamente as materias que son obxecto de regulación na presente Lei.

3. A Consellería de Medio Ambiente creará e desensenvolverá un órgano de carácter consultivo e de asesoramento da Administración en materia forestal co fin  de dar cumprimento ó principio de participación pública e establecer unha canle de colaboración dos estamentos interesados da sociedade galega e da comunidade científica. Crearase co  obxecto de facilitar unha adecuada xestión sostible dos montes galegos e fomentar o desenvolvemento  económico e social do sector forestal.

Neste órgano estarán presentes os representantes da propiedade forestal, das organizacións empresariais do sector forestal e demais organizacións, asociacións e entidades interesadas.

Artigo  6. Competencias da Administración Local

1. As Entidades Locais de Galicia administrarán e dispoñerán dos aproveitamentos e terreos forestais da súa pertenza, con arreglo ó disposto na presente Lei.

2. Asemesmo, tódalas súas  autoridades, órganos e axentes velarán, no exercicio das súas respectivas atribucións, polo cumprimento do preceptuado na presente Lei.

3.  As Administracións locais regularán a actividade forestal en terreos que non reúnen a condición de forestais de acordo co disposto no artigo 1, apartado 4. 

TÍTULO II: CLASIFICACIÓN E RÉXIME XURÍDICO DOS MONTES. A PROPIEDADE FORESTAL.

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS.

Artigo 7. Clasificación dos montes pola súa titularidade.

1. Os montes, por razón da súa titularidade, poden ser públicos ou privados.

2. Son montes públicos os pertencentes a Comunidade Autónoma de Galicia, ás Entidades Locais e a outras entidades de dereito público.

3. Son montes privados aqueles nos que o dominio pertence a persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, xa sexa individualmente ou en réxime de copropiedade.

4. Os montes veciñais en man común son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables, de natureza especial privada e colectiva e rexiranse polo disposto na súa lexislación específica, ademais de polas prescripcións recollidas na presente Lei e as disposicións que a desenvolvan.

CAPÍTULO II. CLASIFICACIÓN DOS MONTES.

Sección primeira: Montes públicos.

Artigo 8. Clasificación dos montes públicos.

Pola súa natureza xurídica os montes públicos poden ser de dominio público ou demaniais, e patrimoniais.

Artigo 9. Montes de dominio público.

Son de dominio público ou demaniais e integran o dominio público forestal:

a)      En atención o seu interese xeral e ó servicio público que prestan ó conxunto da sociedade, os montes públicos declarados de utilidade pública e incluídos no Catálogo de Montes de Utilidade Pública así como os que se inclúan nel, dacordo co artigo 21 da presente Lei.

b)      Os montes comunais, pertencentes as entidades locais en tanto o seu aproveitamento corresponde ó común dos vecinos.

c)      Aqueles outros montes públicos que, non estando incluidos no Catálogo de Montes de Utilidade Pública, foran afectados a un uso ou servicio público.

Artigo 10. Montes patrimoniais.

Son montes patrimoniais os de propiedade pública que non sexan demaniais.

Sección segunda: Montes privados.

Artigo 11. Clasificación dos montes privados.

Pola súa natureza os montes privados poden ser montes de particulares, montes veciñais en man común ou montes que, axustándose a un réxime de comunidade con asignación de cuotas, se denominan, entre outros, dos seguintes xeitos: de varas, abertales, de voces, de vocerío ou de fabeo.

Artigo 12. Montes de particulares.

Son montes privados de particulares aqueles nos que o dominio pertence a unha persoa física ou xurídica de dereito privado. Estes montes rexiraxen polo exposto nesta Lei para os montes privados e as disposicións que a desenvolvan.

Artigo 13. Montes veciñais en man común.

Son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades productivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan ás agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais, e non como entidades administrativas,  e veñan aproveitándose consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cuotas polos membros de aquelas na súa condición de veciños, segundo as condicións establecidas para elo na lexislación de montes veciñais en man común.

Artigo 14. Montes denominados, entre outros, de varas, abertales, de voces, de vocerío ou de fabeo.

Son montes denominados, entre outros, de varas, abertales, de voces, de vocerío ou de fabeo, os montes que pertencen pro indiviso a varias persoas que son propietarios en réxime de comunidade con asignación de cuotas.

Sección terceira. Montes protectores

Artigo 15. Concepto.

1. Poderán ser montes protectores os montes privados que cumpran algunha das condicións que para montes públicos establece o artigo 21.

2. A Consellería de Medio Ambiente, de oficio ou a instancia do propietario,  poderá clasificar como protectores os montes descritos no apartado 1 do presente artigo.

3. A desclasificación dun monte protector, ou parte deste, e a súa consiguinte exclusión no Rexistro de montes protectores, farase pola Administración forestal, previa audiencia do propietario.

Artigo 16. Rexistro dos montes protectores.

Se crea o Rexistro de montes protectores, adscrito a Consellería de Medio Ambiente, como rexistro público de carácter administrativo. Regulamentariamente estableceranse as súas funcións e normas de funcionamento.

CAPÍTULO III. RÉXIME XURÍDICO DOS MONTES PÚBLICOS.

Sección primeira: Dos montes de dominio público.

Artigo 17. Os montes de dominio público en xeral.

1. Os montes de dominio público son inalienables, imprescriptibles e inembargables, e non están afectos a tributo algún que grave a súa titularidade.

2. A Administración poderá recuperar de oficio en calqueira momento a posesión indebidamente perdida.

Artigo 18. Afectación ó dominio público.

1. A afectación ó dominio público dos montes non catalogados de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia producirase por acordo específico do Consello da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na lexislación  do patrimonio de Galicia, previa instrucción do expediente, no que se acrediten algunha das situacións previstas no artigo 9. 

2. A afectación ó dominio público dos restantes montes públicos non catalagodos se tramitará pola súa administración titular e requerirá, en todo caso, o informe favorable da Administración forestal.

Artigo 19. Desafectación dos montes de dominio público.

1. A desafectación dos montes de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia producirase cando desaparezan as causas que motivaron a súa afectación, sendo necesario acordo expreso do Consello da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na lexislación sobre o Patrimonio de Galicia.

2. A desafectación dos restantes montes demaniais se tramitará pola súa administración titular e requerirá, en todo caso, o informe favorable da Administración forestal.

3. A desafectación dos montes catalogados requerirá, en todo caso, a súa previa perda da condición de utilidade pública e a súa exclusión do Catálogo.

Sección segunda. Dos montes patrimoniais.

Artigo 20. Usucapión ou prescripción adquisitiva.

A usucapión ou prescripción adquisitiva dos montes patrimoniais só se dará mediante a posesión de boa fe, en concepto de dono, pública, pacífica e non interrumpida durante trinta anos. Enténderase interrumpida a posesión, a efectos da prescripción, pola iniciación de expedientes sancionadores, pola realización de aproveitamentos forestais ou por calquer outro acto posesorio realizado pola Administración propietaria do monte.

Sección terceira. Montes de utilidade pública. Catálogo de Montes de Utilidade Pública.

Artigo 21. Montes declarados de utilidade pública.

1. Poderán ser declarados de utilidade pública, e incluidos no Catálogo de Montes de Utilidade Pública, ós montes públicos comprendidos nalgún dos seguintes supostos:

a)       Os que sexan esenciais para a protección do solo frente ós procesos de erosión.

b)       Os situados nas cabeceiras das concas hidrográficas e aqueles outros que contribúan decisivamente á regulación do réxime hidrolóxico, evitando e reducindo aludes, riadas e inundacións e defendendo poboacións, cultivos e infraestructuras.

c)       Os que eviten ou reduzan os desprendementos de terras ou rocas e o aterramento de encoros e aqueles que protexan cultivos e infraestructuras contra o vento.

d)       Os que sen reunir plenamente, no seu estado actual, as características descritas nos párrafos a), b) ou c), sexan destinados á repoboación ou mellora forestal, cos fins de protección recollidos nos apartados indicados.

e)       Os que contribúan á conservación da diversidade biolóxica, a través do mantemento dos sistemas ecolóxicos, a protección da flora e da fauna ou a preservación da diversidade xenética, e en particular, os que constituen ou formen parte da Rede Galega de espacios protexidos.

f)         Os que formen masas arbóreas naturais de especies autóctonas  ou matorrais de valor ecolóxico.

g)       Os que se vinculen á satisfacción de intereses xerais, e en concreto, á protección e mellora da calidade de vida da zona ou ó ocio e esparcimento dos cidadáns. Son montes nos que as características sociais ou recreativas prevalecen sobre outro tipo de aproveitamentos.

2. A declaración de utilidade pública farase de oficio ou a petición da entidade propietaria do monte, mediante Orde da Consellería de Medio Ambiente, a proposta do seu órgano forestal, previa instrucción do correspondente procedemento no que, en todo caso, se solicitará informe preceptivo da Administriación titular e concederase audiencia ós titulares doutros dereitos sobre o monte.

3. Os montes públicos declarados de utilidade pública pasan a integrarse no dominio público.

Artigo 22. Perda de condición da utilidade pública.

1. Mediante Orde da Consellería de Medio Ambiente, a proposta do seu órgano forestal, e oídos a Administración titular e os titulares doutros dereitos sobre o monte, poderá declararse a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de todo ou parte dun monte, cando desapareceran as causas que motivaron a súa declaración ou cando, por sentencia firme en xuicio declarativo de propiedade, se acredite que a propiedade non é pública.

2. Igualmente, poderá producirse a perda da condición de utilidade pública dun monte, e a conseguinte exclusión do Catálogo, por declaración de prevalencia doutro interese público debidamente motivada, mediante  Resolución da Consellería de Medio Ambiente, ou, no caso de disparidade de criterios entre órganos administrativos competentes, por decisión do Consello da Xunta de Galicia.

3. A exclusión parcial do Catálogo ou permuta dunha parte non significativa dun monte declarado de utilidade pública e catalogado, poderá ser autorizada pola Consellería de Medio Ambiente, a proposta do seu órgano forestal, e previo informe, no seu caso, da entidade titular, sempre que supoña unha mellor definición da superficie do monte ou unha mellora para a súa xestión e conservación.

4. Con carácter excepcional, a Consellería de Medio Ambiente, a proposta do seu órgano forestal e, no seu caso, previo informe da entidade titular, poderá autoriza-la exclusión ou permuta dunha parte dun monte catalogado por razóns distintas das previstas no apartado anterior.

Artigo 23. O Catálogo de Montes de Utilidade Pública.

O Catálogo de Montes de Utilidade Pública é un rexistro público de carácter administrativo  no que se inscriben tódolos  montes de titularidade pública que, con anterioridade, foran declarados de utilidade pública e os que se declaren con posterioridade á entrada en vigor da presente Lei. 

Artigo 24. Inclusión e exclusión dos montes do Catálogo de Montes de Utilidade Pública.

1. Á inclusión ou exclusión dun monte, ou parte deste, do Catálogo de Montes de Utilidade Pública  farase de oficio pola Consellería de Medio Ambiente, simultáneamente á obtención da condición de utilidade pública ou a súa perda. 

2. As reclamacións sobre inclusión ou exclusións de montes no Catálogo que non se refiran a cuestións de propiedade terán carácter administrativo e resolveranse ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 25. Desenvolvemento regulamentario.

Regulamentariamente establecerase o procedemento para a levanza e rectificación do Catálogo de Montes de Utilidade Pública que lle corresponderá ó órgano forestal.

Sección cuarta. Xestión dos montes públicos

Articulo 26. Xestión dos montes públicos.

1. Os montes públicos patrimoniais serán xestionados polo seu titular.

2. Os montes de Dominio Público serán xestionados pola Administración forestal ou pola entidade propietaria, cando o solicite.

3. En todo caso, na xestión dos montes de Dominio Público deberá detraerse de tódolos seus ingresos un mínimo do 30% como fondo de mellora que deberá investirse nos traballos programados no instrumento de xestión obligatorio aprobado pola Administración forestal. As contas xustificativas das inversións realizadas cos fondos de melloras deberán ser aprobadas pola Comisión Provincial de Montes de Dominio Público.

Artigo 27. Comisión Provincial de Montes de Dominio Público.

Se crea unha Comisión Provincial de Montes de Dominio Público en cada unha das provincias. Cada unha destas Comisións será presidida polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e contará coa participación das entidades locais propietarias de montes de Dominio Público. Entre as competencias destas Comisións, que serán desenvolvidas regulamentariamente, atópanse:

a) A de coñecer e informar o plan anual de melloras dos montes de dominio público xestionados pola Administración forestal, previamente a súa aprobación pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

b) A de aprobar as contas xustificativa dos traballos e inversións realizados anualmente co fondo de melloras en tódolos montes de dominio público.

Sección quinta.  Réxime de usos, autorizacións e concesións nos montes de dominio público.

Artigo 28. Usos respectuosos co medio forestal.

A Administración titular dos montes de dominio público dará carácter público ós usos respectuosos co medio forestal, sempre que se realicen sen ánimo de lucro e dacordo coa normativa vixente, en particular co previsto nos instrumentos de planificación e xestión aplicables, e cando sexan compatibles cos aproveitamentos, licencias ou concesións legalmente establecidos.

Artigo 29. Outorgamento de licencias.

1. A Administración titular dos montes de dominio público someterá a outorgamento de licencia aquelas actividades temporais, a realizar por persoas ou entidades determinadas, que o requiran pola súas circunstancias singulares de  intensidade de uso, peligrosidade, e outras semellantes. 

3. O outorgamento desta licencia velará porque se garantice a continuidade dos usos xerais que se viñan realizando, e moi especialmente a dos usos e aproveitamentos forestais se estes corresponden a outra  Administración xestora.

Artigo 30. Outorgamento de permisos de ocupacións temporais.

1. O uso privativo de dominio público forestal que non exclúa ou limite as funcións propias do monte, mediante a ocupación dunha porción do mesmo que non implique a realización de obras permanentes ou de instalacións fixas, requerirá o permiso de ocupación temporal que será otorgado pola Administración titular do monte.

2. O permiso de ocupación temporal leva implícita a claúsula de precariedade e poderá revocarse libremente en calquera momento pola Administración, sen que o interesado teña dereito a ningunha indemnización.

3. Nos montes catalogados, esta concesión requerirá o informe favorable, emitido pola Consellería de Medio Ambiente, de compatibilidade coa persistencia dos valores forestais do monte.

Artigo 31. Outorgamento de concesións.

A Administración titular dos montes de dominio público someterá a outorgamento de concesión todas aquelas actividades que impliquen unha utilización privativa do dominio público forestal non conforme ás funcións propias do monte, ou aquelas que ainda que acordes co destino normal do monte requiran unha ocupación permanente  mediante obras e instalacións de carácter fixo.

Esta concesión requerirá o informe favorable emitido pola Consellería de Medio Ambiente.

Sección sexta. Réxime xurídico das servidumes en montes de dominio público.

Artigo 32. Establecimento de servidumes.

Con carácter excepcional, a Administración titular poderá establecer servidumes ou gravámenes nos montes de dominio público.

 Artigo 33. Servidumes de interese particular.

A Administración titular poderá establecer servidumes ou gravames de interese particular, previo expediente onde se acredite a súa compatibilidade coa utilidade, uso ou servicio público do monte. A servidume ou gravame se establecerá sempre que non exista sustitución posible ou convinte en terreos externos ó devandito monte.

Artigo 34. Servidumes por razón de interese público.

A Administración titular poderá establecer servidumes, por razón de obras ou servicios públicos e como consecuencia de concesións administrativas. A desaparición da causa de interese público que motivou a constitución da servidume producirá automáticamente  a extinción do gravame.

Artigo 35. Servidumes en montes catalogados.

No Catálogo de Montes de Utilidade Pública inscribiranse as servidumes e demais dereitos reais que graven os montes incluídos no mesmo.

Artigo 36. Extinción ou suspensión das servidumes.

A Consellería de Medio Ambiente declarará a extinción ou a suspensión temporal das servidumes, cando se estime que son incompatibles coa utilidade pública do  monte ou non resulten debidamente xustificadas, sen perxuicio das indemnizacións ás que houbese lugar.

Sección séptima. Recuperación posesoria

Artigo 37. Potestade investigadora e recuperación de oficio.

1. A Consellería de Medio Ambiente poderá investiga-la situación de terreos que se presuman pertencentes ó dominio público forestal, poidendo recabar tódolos datos e informes que se consideren necesarios.

2. Os titulares dos montes demaniais ou, no seu caso, a Administración xestora nos montes catalogados, poderán exerce-la potestade de recuperación posesoria dos poseídos indebidamente por terceiros, que non estará sometida a prazo, e respecto á que non se admitirán accións posesorias nin procedimentos especiais.

CAPÍTULO IV. RÉXIME XURÍDICO DOS MONTES PRIVADOS.

Artigo 38. Xestión dos montes privados.

1. Os montes privados xestionanse polo seu titular dacordo coa presente Lei e as normas que a desenvolvan.

2. A xestión será sostible, axustándose, no seu caso, ó correspondente plan de xestión forestal aprobado pola Administración.

Artigo 39. Contratos de xestión.

1. Os titulares dos montes privados poderán contrata-la súa xestión, que poderá ter por obxecto calquer tipo de aproveitamento forestal, a persoas físicas ou xurídicas de dereito privado ou público.

2. A Administración forestal poderá suscribir contratos de xestión pública cos propietarios de montes privados.

3. A administración forestal poderá realizar os investimentos a fondo perdido i en forma de anticipo reintegrable, sendo as características do monte obxecto do contrato de xestión determinantes á hora de establecer a cantidade investida en cada concepto.

4. Os ingresos obtenidos nestes montes se destinarán, por orden de prioridade:

a) Ó cumprimento do previsto no instrumento de xestión.

b) A devolución progresiva do anticipo reintegrable.

a) Á posta en disposición do propietario

5. Teñen preferencia na suscripción destes contratos de xestión as comunidades de montes veciñais en man común  e as agrupacións de particulares de máis de 25 ha., previa redacción dun instrumento de xestión forestal aprobado pola Administración, e os montes que reunindo as carácterísticas endóxenas necesarias para poder realizarse neles unha xestión forestal sostible que permita unha fijación de población no rural, se atopen en situación de abandono.

 

Artigo 40. Peculiaridades de montes denominados, entre outros, de varas, abertales, de voces, de vocerío ou de fabeo.

1. O aproveitamento destes montes realizarase polos seus titulares en réxime de comunidade con asignación de cuotas, poidendo contratar a súa xestión, conforme o disposto no artigo anterior, sempre e cando a propiedade se manteña pro indiviso.

2. Estes montes rexiranse polo Código Civil e subsidiriamente polo costume do lugar, sen perxuicio do establecido na presente Lei, no que se refire ós montes privados e ás disposicións que a desenvolvan.

CAPÍTULO V. DESLINDE DOS MONTES.

Artigo 41. Delimitación de termos municipais.

Se o proceso de deslinde dun monte público ou veciñal en man común coincidera no tempo coa sustanciación dun expediente administrativo sobre a delimitación de termos municipais quedará interrompido o expediente referido á delimitación de montes, ata que se resolvera o dos termos municipais.

Sección primeira: Do deslinde dos montes públicos.

Artigo 42. Potestade de deslinde.

1. Os titulares dos montes públicos gozarán da potestade de deslinde administrativo dos seus montes.

2. O deslinde dos montes inscritos no Catálogo de Montes de Utilidade Pública  e, en todo caso, o dos montes titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia  realizarase conforme o procedemento que se establece nos artigos que siguen.

3. O deslinde dos montes non catalogados que non sexan titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia se deslindarán conforme o procedimento que determinen as respectivas Administracións públicas titulares.

A petición das  ditas administracións, e as súas expensas, a Administración forestal poderá deslindar os montes non catalogados pertencentes a elas, con arreglo os mesmos requisitos e formalidades que se detallen nos artigos seguintes.

Artigo 43. Iniciación do procedemento.

1. A iniciación do expediente de deslinde  se anunciará no Diario Oficial de Galicia e mediante fixación de edictos nos concellos, e se notificará en forma ós colindantes e interesados coñecidos, poidendo ser promovido polas entidades propietarias, de oficio pola Administración forestal ou a instancia dos propietarios privados das fincas colindantes ou titulares de dereitos reais sobre as mesmas.

2. Regulamentariamente fixarase a participación económica da Administración forestal e dos propietarios privados, neste caso, únicamente, cando o deslinde sexa promovido por eles mesmos.

Artigo 44. Procedemento.

1. O deslinde poderase realizar mediante un procedemento ordinario ou extraordinario.

2.  Realizaranse por procedemento extraordinario os deslindes de montes públicos que se atopen incompletos ou integrados por un expediente que, pola súa antigüedade, non reúna as características de fiabilidade e precisión que exisen as novas técnicas topográficas.

3. O procedemento ordinario iniciarase mediante o correspondente acordo da Administración forestal, no que se encargará a redacción dunha memoria.

4. A iniciación do expediente de deslinde facultará á Administración forestal para promove-los traballos de toma de datos e apeos necesarios, instalar fitos e sinais e recabar dos afectados os documentos que acrediten a titularidade dos dereitos sobre os predios, previa notificación ou publicación no seu caso.

5. Asemesmo, a iniciación do expediente de deslinde poderá implica-la suspensión do outorgamento de servidumes, ocupacións, concesións ou licencias de uso. A aprobación do deslinde implicará o levantamento da suspensión no caso no que non resultase alterada a superficie ou condicións do predio sobre o que estaba concedida.

6. Regulamentariamente desenvolverase o procedemento de deslinde e fixaranse os órganos competentes para a instrucción e aprobación do mesmo, así como o procedemento de resolución de conflictos cando o deslinde afecta a montes públicos de distintas administracións.

Artigo 45. Apeo.

1. A aprobación da memoria levará consigo a iniciación do trámite de apeo. A estes efectos, publicaranse anuncios no Diario Oficial de Galicia e porase, asemesmo, de manifesto no taboeiro de anuncios das Entidades Locais correspondentes, que conterán como mínimo:

a)      Emprazamento ós colindantes coñecidos e a quen acredite un interese lexítimo para comparecer nas sesións de apeo, que deberá presentar, na oficiña da Administración competente no deslinde, os documentos que xustifiquen a súa lexitimación para personarse no expediente no prazo de treinta días.

b)      Referencia ás datas previsibles para as distintas sesións de apeos, sen que se precise unha nova convocatoria para cada sesión, que se realizará na anterior.

c)      A advertencia ós interesados coñecidos de que as declaracións sobre os apeos haberán de formularse, para que consten en acta, na data e lugar no que aqueles se realicen,  co fin de evitar novos recoñecementos sobre o terreo.

2. Só terán valor e eficacia no trámite de apeo aqueles títulos de dominio inscritos no Rexistro da Propiedade e aquelesoutros que a Administración considere con valor posesorio suficiente.

3. Cando os interesados no expediente aporten títulos de propiedade inscritos no Rexistro da Propiedade, a Administración competente dirixirase ó Rexistrador co fin de que practique a anotación preventiva de deslinde.

4. De cada sesión de apeo levantarase acta, na que se describirá con precisión o percorrido das coordenadas xeográficas de cada punto perimetral. Na acta, igualmente, recolleránse as declaracións, manifestacións e observacións formuladas por quen acreditara o seu interese lexítimo no expediente. Todas estas aportacións acompañaranse das sinaturas dos declarantes.

5. En cada sesión de apeo colocaranse fitos e sinais, recollendo as súas coordenadas xeográficas por métodos  topográficos ou co uso de sistemas de posicionamento global, que constituirán un sinalamento provisional ata a aprobación do deslinde.

6. Finalizado o apeo, elaborarase un informe do que se dará trámite de audiencia  a tódolos interesados no expediente. 

7. Formuladas, no seu caso, as oportunas alegacións, e previo informe da Asesoría xurídica xeral, elevarase a proposta ó organo competente para aproba-lo deslinde.

Artigo 46. Aprobación.

1. O deslinde aprobado e firme supón a delimitación do monte público e a declaración administrativa da súa posesión a favor da Administración titular do mesmo.

2. A Resolución aprobatoria do deslinde publicarase no Diario Oficial de Galicia e notificarase debidamente ós interesados e colindantes coñecidos. Ésta será recurrible ante a xurisdicción  contencioso – administrativa, unha vez esgotada a vía administrativa, por razóns de competencia ou procedemento. Se o que se discute é o dominio, a posesión ou calquera outro dereito real, será recorrible ante a xurisdicción ordinaria.

3. A resolución definitiva do expediente de deslinde é título suficiente, segundo caso, para a inmatriculación do monte, para a inscripción de rectificación da descripción das fincas afectadas e para a cancelación das anotacións practicadas con motivo do deslinde en fincas excluidas do monte deslindado.

Artigo 47. Amolloamento.

Firme en vía administrativa o acordo aprobatorio de deslinde, e a reserva do que poidera resultar dun xuicio declarativo de propiedade, procederase ó amolloamento do monte.

Sección segunda: Do deslinde dos Montes Veciñais en Man Común.

Artigo 48. Procedemento.

1. Os deslindes de montes veciñais en man común poderán realizarse en dúas fases. A primeira  actuará sobre as partes do perímetro colindante con outros montes veciñais en man común e a segunda que se ocupará das partes do perímetro colindantes con montes públicos ou propiedades particulares.

Artigo 49. Deslinde con outros montes veciñais en man común.

1. Os perímetros colindantes con outros montes veciñais en man común poderán ser obxecto de deslinde provisional polas comunidades propietarias. A estos efectos poderán abrirse liñas específicas de axudas.

2. Unha vez ratificado o deslinde provisional previsto no apartado anterior polas Asambleas Xerais de cada unha das comunidades afectadas,  darase traslado dos acordos alcanzados, e da documentación que regulamentariamente se indique, á Administración forestal que dictará Resolución aprobatoria do deslinde  que será publicada  no Diario Oficial de Galicia e debidamente notificada ós interesados.

3. Unha vez publicada e notificada a Resolución darase traslado da mesma ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común que, si fora necesario, fará a oportuna toma de razón.

4. Os desacordos entre comunidades propietarias de montes veciñais en man común no procedimento de deslinde provisional contemplado nos apartados anteriores dará lugar a unha arbitraxe da Administración forestal que en caso de non ser aceptadas por ambas partes, implicará, os efectos de aplicación da presente Lei, que se declare un conflicto de propiedade, que deberá ser resolto pola vía civil.

5. Nos procedimentos de deslinde realizados pola Administración forestal con posterioridade a súa clasificación como monte veciñal en man común, en caso de disconformidade por parte das comunidades afectadas polo deslinde, se declarará, asimesmo, a existencia dun conflicto de propiedade, a resolver na vía civil correspondente.

Artigo 50. Deslindes con propiedades particulares ou montes públicos

1. A Administración realizará deslindes de montes veciñais en man común con propiedades particulares ou montes públicos, segundo o procedemento establecido para  estes últimos.

2. No deslinde de perímetros con propiedades particulares se analizarán as situacións posesorias acreditadas e os títulos presentados, e se terán en conta tódolos inscritos no Rexistro da Propiedade.

3. Unha vez realizados o deslinde , a Administración forestal dictará Resolución aprobatoria do deslinde que será publicada no Diario Oficial de Galicia e debidamente notificada ós interesados.

4. Unha vez publicada e notificada a Resolución darase traslado da mesma ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común.

Artigo 51. Rexistro.

1. O procedemento de inscripción no Rexistro da Propiedade dunha finca particular colindante cun monte veciñal levará aperellada a obriga, do propietario particular, de presentar un certificado de non invasión do  monte veciñal en man común emitido pola Administración forestal; no caso de non estar deslindado, e exista unha dúbida razoable,  o propietario presentará informe da Administración forestal no que se dará conta deste feito. O Rexistro fará as anotacións preventivas pertinentes.

CAPÍTULO VI. ADQUISICIÓN DE PROPIEDADES FORESTAIS.

Artigo 52. Adquisición de terreos pola Administración: dereitos de tanteo e retracto.

1. A Xunta de Galicia terá dereito de adquisición preferente, a reserva do disposto no apartado 2, nos seguintes casos de transmisións onerosas:

a)      De montes de superficie superior a 250 ha.

b)      Dos montes clasificados coma protectores conforme o artigo 15.

2. No caso de fincas ou montes enclavados nun monte público ou colindantes con él, o dereito de adquisición preferente corresponderá á administración titular do monte colindante ou que contén o enclavado. No caso de montes colindantes con outros pertencentes a distintas administracións públicas, terá prioridade no exercicio do dereito de adquisición preferente o monte que teña un maior linde común co monte en cuestión.

3. Non haberá dereito de adquisición preferente cando se trate de aportación de capital en especie a unha sociedade na que os titulares transmitentes deberán ostentar unha participación maioritaria durante alomenos 5 anos.

4. Para posibilita-lo exercicio do dereito de adquisición preferente a través da acción de tanteo, o transmitente deberá comunica-los datos, prezos e características da proxectada  transmisión á administración titular dese dereito. Esta disporá dun prazo de tres meses, a partir da data de notificación, para exercita-lo dereito, co correspondente pago ou consignación do seu importe nas referidas condicións.

5. Os Notarios e Rexistradores da propiedade non autorizarán nin inscribirán, respectivamente, as correspondentes escrituras sen que se lles acredite previamente a práctica da devandita notificación de forma fidedigna.

6. Si se leva a efecto a transmisión sen a comunicación previa  ou sen segui-las condicións reflectidas nela, a administración titular do dereito  de adquisición preferente poderá exerce-la acción de retracto no prazo dun ano contado desde a inscripción da transmisión no Rexistro da Propiedade ou, no seu defecto, desde que a Administración tivera coñecemento oficial das condicións reais da devandita transmisión.

7. O dereito de retracto ó que se refire este artigo é preferente a calquer outro.

CAPÍTULO VII. ORGANIZACIÓN DA PROPIEDADE FORESTAL.

Sección primeira: Límites á división dos montes.

Artigo 53. Límites ás parcelacións, divisións ou segregacións.

Non se poderán realizar nin autorizar parcelacións, divisións ou segregacións definitivas de parcelas forestais, salvo por causa non imputable ó propietario, cando o resultado sexa parcelas de superficie inferior a 5 ha. Exceptúase desta prohibición a división ou segregación de parcelas forestais cando se realice simultáneamente á agregación ou agrupación de fincas que den como resultado parcelas de máis de 5 ha. Esta prohibición exténdese as transmisións “inter vivos” e as “mortis causa”.

Sección segunda: Reordenación territorial da propiedade de fincas forestais.

Artigo 54. Aspectos forestais da concentración parcelaria.

1. Cando a solicitude da concentración parcelaria inclúa, total ou parcialmente, terreos forestais se dará traslado da mesma á Administración forestal que emitirá un informe, preceptivo e vinculante, co obxecto de incorporalo na fase de estudio de viabilidade do procedimento de concentración, para os efectos de incluir ou non esos terreos forestais no perímetro da zona que se vai concentrar. Neste trámite de concentración parcelaria e o longo de todo o procedimiento, a Administración forestal, velará para que o acordo de concentración finalmente aprobado non supoña unha disminución, no conxunto das parcelas forestais a concentrar, da superficie inicial de arborado autóctono de idade media superior a 25 anos.

2. Se  a concentración inclúe terreos forestais, será  necesaria a elaboración dun plan forestal de acción  por parte da Administración forestal a incorporar na fase de elaboración do proxecto de concentración. Este plan forestal de acción, elaborado previa audiencia dos propietarios forestais, se dirixirá á posta en producción dos terreos forestais, nos que se manteña o uso forestal, cunha rede de infraestructuras axeitadas a tal fin. Estes terreos forestais deben reforestarse nun prazo máximo de 5 anos, poidendose establecer liñas de axudas nas que se priorizarán as agrupacións forestais, nestes casos as axudas poderán alcanzar os importes máximos.

3. O organismo  competente en materia de concentración parcelaria transmitirá á Administración forestal o acordo de concentración parcelaria antes da súa aprobación para verificar que o acordo de concentración se axusta o plan de actuacións forestais elaborado.

Art. 55. Concentración Forestal

A Consellería de Medio Ambiente artellará os mecanismos necesarios para promover as actuacións dos propietarios que teñan por obxecto a concentración das súas parcelas forestais co fin de poñer en marcha unha xestión conxunta e sostible dun terreo forestal que supere as 25 ha.

TÍTULO III: XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE

CAPÍTULO I. PLANIFICACIÓN TERRITORIAL FORESTAL.

Artigo 56. Estratexia Galega de Xestión Forestal Sostible.

A Estratexia Galega de Xestión Forestal Sostible é o instrumento que estructura os obxectivos, principios e liñas de acción  que guiarán a xestión forestal dos montes galegos cara a sostenibilidade, en consonancia cos principios de xestión forestal sostible acordados a nivel estatal e  internacional.

Artigo 57. Plan Forestal de Galicia.

O Plan Forestal de Galicia é o instrumento cuantitativo e cualitativo básico de referencia da política forestal a longo prazo, no que se recollerá a planificación territorial e se cuantificarán os obxectivos de evolución dos recursos forestais. As súas revisións deberán ter en conta os obxectivos e principios declarados na Estratexia Galega de Xestión Forestal Sostible.

Artigo 58. Plans de Xestión Forestal Sostible de Distrito .

1. A Administración forestal poderá elaborar  Plans de Xestión Forestal Sostible de Distrito  como instrumentos de planificación forestal, que afectan a un territorio de similares condicións xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas e culturais, cunha extensión superior a do monte e inferior á provincia.

2. Os Plans de Xestión Forestal Sostible de Distrito serán elaborados e aprobados pola Administración forestal, previa consulta ós representantes do sector forestal e das entidades locais, logo do informe das consellerías afectadas por ter intereses no ámbito planificado. A aprobación destes plans incluirá o trámite de información pública.

3. Os Plans de Xestión Forestal Sostible de Distrito serán orientativos das actuacións dos propietarios nos montes privados e marcarán as prioridades da actuación pública no territorio.

4. Regulamentariamente desenvolverase o contido e o procedemento de aprobación dos Plans de Xestión Forestal Sostible de Distrito.

CAPÍTULO II. ORDENACIÓN DE MONTES.

Artigo 59. Concepto

1. A ordenación de montes é a organización, técnicamente xustificada, dos recursos forestais recollida nun documento denominado instrumento de xestión forestal. Neste documento establecense as accións a executar na unidade de xestión forestal, na procura dos principios contidos nunha axeitada xestión forestal sostible.

2. A Administración forestal impulsará técnica e económicamente a ordenación dos montes da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Tódolos montes públicos deberán dotarse dun instrumento de xestión forestal. Este plan será tamén obrigatorio nos montes veciñais en man común de superficie superior a 25 ha. arboradas.

4. Os montes particulares poderán dotarse dun instrumento de xestión forestal de forma voluntaria, axustándose as prescripcións que sobre este particular recolle a presente lei e a normativa que a desenvolva.

Sección primeira: Instruccións xerais para a ordenación de montes.

Artigo 60. Aprobación e contido das Instruccións Xerais para  a ordenación de montes.

1. A Administración forestal elaborará as Instruccións Xerais de ordenación de montes de Galicia.

2. As Instruccións Xerais determinarán a adaptación ós montes da Comunidade Autónoma de Galicia  dos criterios e indicadores de sostenibilidade de conformidade cos criterios establecidos en resolucións internacionais, recollendo e desenvolvendo tres instrumentos técnicos de ordenación forestal: proxectos de ordenación de montes, plans técnicos de xestión e plans básicos de xestión.

Sección segunda. Instrumentos de xestión forestal.

Artigo 61. Redacción e contido dos instrumentos de xestión forestal.

1. Os instrumentos de xestión forestal se elaborarán a instancia do titular do monte ou da Administración forestal, nos casos de xestión pública. En todo caso, nestes instrumentos deberá constar a conformidade da  propiedade.

2. Os instrumentos de xestión forestal redactaranse por  profesionais con titulación forestal universitaria, seguindo as instruccións xerais elaboradas pola Administración forestal.

3. O contido dos instrumentos de xestión forestal se determinarán nas instruccións de ordenación de montes a desenvolver pola Administración forestal.

Artigo 62. Proxectos de ordenación de montes.

 Os proxectos de ordenación de montes son instrumentos de xestión forestal para montes ou conxunto de parcelas dun mismo titular, que poidan constituir unha unidade dasocrática, co obxectivo de obter un equilibrio de idades da masa arbórea e unha organización estable no tempo. Por norma xeral, serán de aplicación para montes cunha superficie superior ou igual ás 250 ha. arboradas

Artigo 63. Plans técnicos de xestión.

Os plans técnicos de xestión  son instrumentos de xestión forestal, dirixidos a montes ou conxunto de parcelas dun mismo titular con superficie forestal arborada entre 25 y 250 ha., que poidan constituir unha unidade dasocrática, cunha estimación de existencias non tan precisa como o caso do proxecto de ordenación.

Artigo 64. Plans básicos de xestión

Os plans básicos de xestión son instrumentos de xestión forestal, dirixidos a montes o conxunto de parcelas dun mismo titular con superficie forestal arborada inferior a 25 ha., que permitan planificar melloras e aproveitamentos cun criterio selvícola e non dasocrático, non supeditado á necesidade de obter un equilibrio de idades ou unha producción constante no tempo.  

Artigo 65. Aprobación.

1. Crease o Rexistro Galego de Montes dotados de Instrumentos de Xestión Forestal, adscrito á Consellería de Medio Ambiente, como rexistro público de carácter administrativo. Regulamentariamente estableceranse as súas funcións e normas de funcionamento.

2. A aprobación dos instrumentos de xestión forestal corresponde á Administración forestal, previa proposta dos Servicios Provinciais acompañada dos informes técnicos en materia forestal e de defensa contra incendios. A súa aprobación levará consigo a inclusión de oficio no Rexistro Galego de Montes dotados de Instrumentos de Xestión Forestal.

3. Se transcurridos seis meses desde a solicitude de aprobación do instrumento de xestión forestal pola propiedade, non existise contestación nin notificación por parte da Administración forestal, que suspenda o prazo, o instrumento de xestión forestal entenderase aprobado.

Artigo 66. Modificación e revisión dos instrumentos de xestión

A modificación e revisión dos instrumentos se xestión adaptarase as condicións e prazos que se establezan nas instruccións xerais para a ordenación de montes.

Sección terceira: Rede Galega de Control, Seguemento e Avaliación  da Xestión Forestal Sostible.

Artigo 67. Creación da Rede.

Crease a Rede Galega de Control, Seguemento e Avaliación  da Xestión Forestal Sostible co obxectivo de seguer e avaliar o grao de sostenibilidade dos montes galegos segundo os criterios e indicadores panaeuropeos. Regulamentariamente estableceranse as súas funcións e normas de funcionamento.

Sección cuarta: Certificación forestal.

Artigo 68. Certificación forestal.

1. A Administración forestal promoverá medidas e instrumentos que fomenten a certificación forestal como medio voluntario de verificar, dunha forma transparente e independente,  que os recursos forestais proveñen de bosques xestionados de xeito sostible.

2. Desde a Administración fomentaránse as modalidades de certificación que se axeiten, no posible, á estructura de propiedade dos montes da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPITULO III. PREVALENCIA DOS INSTRUMENTOS DE PLANIFICACIÓN DOS ESPACIOS NATURAIS PROTEXIDOS.

Artigo 69. PORN, PRUX e plans de conservación.

1. Os instrumentos de planificación e de ordenación forestal adaptaranse ó disposto nos plans de ordenación de recursos naturais, así coma ós plans rectores de uso e xestión nos espacios naturais protexidos  e ós plans de conservación vixentes, cando os montes formen parte da Rede Galega de espacios protexidos tal e como se recolle na Lei 9/2001, de 21 de agosto, de Conservación da natureza.

2. En todo caso, a Administración forestal participará, emitindo un informe preceptivo, na elaboración dos plans de ordenación dos recursos naturais, plans rectores de uso e xestión dos espacios naturais protexidos  e plans de conservación da Lei 9/2001 de 21 de agosto, de Conservación da natureza,  que afecten a terreos forestais.

TÍTULO IV: APROVEITAMENTOS FORESTAIS.

CAPÍTULO I. DOS APROVEITAMENTOS EN XERAL. PRINCIPIOS.

Sección primeira: Principios xerais

Artigo 70. Aproveitamentos forestais

1. O titular do monte é o propietario dos recursos forestais e ten dereito o seu aproveitamento. Todo aproveitamento forestal estará sometido  as prescripcións da presente Lei e as disposicións que a desenvolvan.

2. Os aproveitamentos forestais dos montes non superarán a súa  capacidade productiva, salvo aproveitamentos obrigados por catástrofes ou desastres naturais, e se farán sempre armonizando a utilización racional dos mesmos cunha axeitada conservación e mellora do medio forestal e o desenvolvemento rural.

3. Os aproveitamentos previstos nun instrumento de xestión aprobado pola Administración non necesitan de autorización para a súa execución, sendo suficiente a notificación, previa á realización do aproveitamento.

4. Os aproveitamentos nos montes afectados por zonas de servidume, policía, ou afección dos dominios públicos hidráulico, marítimo-terrestre, de estradas, ferroviario ou de interese patrimonial, artístico ou histórico non precisarán da autorización dos órganos competentes dos devanditos dominios, sempre e cando tales montes dispoñan dun instrumento de xestión  informado favorablemente polos órganos de xestión dos dominios públicos mencionados, no proceso de aprobación levado a cabo pola Administración forestal.

5. Os aproveitamentos nos montes situados en espacios naturais, protexidos pola Lei 9/2001 do 21 de agosto, de Conservación da natureza, polas normas provinciais de planeamento ou os clasificados deste xeito polo planeamento urbanístico non precisarán da autorización dos órganos competentes dos devanditos espacios, sempre e cando tales montes dispoñan dun instrumento de xestión  informado favorablemente polos órganos de xestión destes espacios naturais, no proceso de aprobación levado a cabo pola Administración forestal.

6. A Administración forestal poderá efectua-las inspeccións, controis  e recoñecementos que estime convintes, tanto durante a realización do aproveitamento, como unha vez finalizado o mesmo.

7. O incumplimento reiterado e inxustificado das prescripcións previstas nun instrumento de xestión aprobado pola Administración forestal dará lugar a súa exclusión do Rexistro Galego de Instrumentos de Xestión Forestal e a conseguinte obrigatoriedade da solicitude de autorización para os futuros aproveitamentos. Todo isto, sen perxuicio da apertura do correspondente expediente sancionador.

Sección segunda: Aproveitamentos non madeirables.

Artigo 71. Cogumelos, castañas, prantas aromáticas e mediciñais, cortizas, corchos e resinas e outros productos e subproductos forestais.

1. Os propietarios de montes teñen dereito o acoutamento das súas propiedades para o aproveitamento exclusivo da actividade de recolleita de cogumelos, castañas, prantas aromáticas e mediciñais, cortizas, corchos e resinas e outros productos ou subproductos forestais, así coma de calqueira outro tipo de recursos ou usos que poideran constituir unha fonte de rendas para o propietario, nas condicións que regulamentariamente se determinen.

2.  A Consellería de Medio de Ambiente poderá dictar disposicións para a regulación do aproveitamento dos recursos enunciados no apartado anterior.

3. A Consellería de Medio Ambiente promoverá a utilización dos subproductos forestais como  biomasa, para a súa valoración enerxética ou outras formas de apreciación.

Artigo 72. Pastoreo

1. O aproveitamento polo gando de pastos en terreos forestais é un aproveitamento forestal.

2. Os propietarios dos terreos forestais poderán, en calquer momento, prohibir ou condicionar o aproveitamento de pastos nos mesmos, de acordo co procedemento que regulamentariamente se establezca.

3. A Administración forestal regulará os aproveitamentos de pastos no terreo forestal . A presencia de gando no monte que non se axuste ós termos e condicións desta regulación levará consigo a adopción das medidas necesarias, a desenvolver pola Consellería de Medio Ambiente. Ditas medidas poderán incluir o comiso dos animais.

Artigo 73. Aproveitamentos cinexéticos.

1. Os aproveitamentos cinexéticos en terreos forestais axustaránse o establecido na Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia e as disposicións que a desenvolvan.

2. A Administración forestal emitirá un informa vinculante sobre os plans de aproveitamento cinexético que afecten a terreos forestais con instrumento de xestión aprobado pola Administración forestal.

CAPÍTULO II. APROVEITAMENTOS EN MONTES DE XESTIÓN PÚBLICA.

Sección primeira: Aproveitamentos madeirables e leñosos.

Artigo 74. Enaxenación.

1. As enaxenacións dos aproveitamentos forestais que se produzan nestes montes realizaranse por subasta, por procedimento negociado ou por enaxenación directa.

2. As enaxenacións de madeira en corta final poderán financiar a reforestación da superficie de corta, no caso de non ser viable a rexeneración natural. 

A este fin, se poderá realizar no mesmo procedemento administrativo, a enaxenación da madeira, o acondicionamento do terreo e a nova reforestación.

Sección terceira: Do pastoreo.

Artigo 75. Do pastoreo.

A Administración forestal fixará as condicións do pastoreo dos montes de xestión pública, a través dos instrumentos de xestión forestal, perseguindo a súa integración en sistemas equilibrados de aproveitamento silvopastoral.

CAPÍTULO III. APROVEITAMENTOS EN MONTES PRIVADOS DE XESTIÓN PRIVADA.

Sección primeira: Aproveitamentos madeirable e, leñosos

Artigo 76. Notificación e comunicación.

1. Os aproveitamentos madeideiros, leñosos, de cortiza e de resinas, de calquer especie nestes montes, que conten cun instrumento de xestión aprobado, e que se realicen seguindo as prescripcións contidas no mesmo, requerirán, únicamente, a notificación previa á Administración forestal.

2. Mediante resolución motivada, poderá denegarse ou condicionarse a execución dos aproveitamentos nun prazo de quince días, entendéndose aceptado no caso de non emitirse resolución expresa no devandito prazo.

3. Con carácter xeral, os aproveitamentos que se destinen a uso doméstico, que en ningún caso poderán superar os 10 m3/anuais  por propietario, se entende que non son obxecto de comercialización, e que únicamente requerirán comunicación á Administración forestal, cun mínimo dun día de anterioridade a realización do mesmo.

4. Os contidos dos documentos de notificación e de comunicación serán establecidos regulamentariamente.

Artigo 77. Autorizacións con emisión nun prazo máximo de 15 días.

 

1. Os aproveitamentos madeireiros e leñosos  en montes privados de xestión privada de superficie inferior a 25 ha. arboradas, que non conten cun instrumento de xestión aprobado pola Administración forestal,  así como calquera actividade ou obra que non implique un cambio de uso e que sexa necesaria para a realización deste aproveitamento, requerirán autorización  previa da Administración forestal.

 

2 . Regulamentariamente arbitrarase un procedemento simplificado que permita, ó receptor da autorización para a execución das cortas nunha determinada área, a realización doutros aproveitamentos na zona.

 

3. A Administración forestal emitirá as autorizacións nun  prazo máximo de 15 días. No caso de non emitirse autorización no prazo de 15 días entenderase estimada a solicitude. Se a contestación fose negativa deberá xustificarse técnicamente.

 

Artigo 78. Autorización con emisión nun prazo máximo de 30 días.

1. Os aproveitamentos madeireiros, leñosos, de cortiza e de resinas que se realicen en montes de máis de 25 ha. arboradas que non conten cun instrumento de xestión aprobado, así como calquera actividade ou obra que non implique un cambio de uso e que sexa necesaria para a realización do aproveitamento nestes montes, deberán contar cunha autorización da Administración forestal.

2. En todo caso, as cortas en masas de especies contempladas no anexo I, requerirán autorización conforme o previsto neste artigo, salvo nos supostos en que conten cun instrumento de xestión  forestal aprobado pola Administración, neste caso será necesaria unha notificación dacordo co artigo 76.

3. A Administración forestal emitirá as autorizacións nun  prazo máximo de 30 días. No caso de non emitirse autorización no prazo de 30 días entenderase estimada a solicitude. Se a contestación fose negativa deberá xustificarse técnicamente.

 

4. Os requisitos e condicións da autorización serán establecidos regulamentariamente.

Artigo 79. Disposicións comúns as notificacións e as autorizacións.

1. O responsable de realizar a notificación ou de presentar a solicitude das autorizacións previstas nos artigos anteriores será o propietario, salvo que exista unha empresa ou particular que se ocupe da xestión do monte ou grupo deles, caso no que será o xestor, o encargado. O xestor deberá contar cun documento que acredite esa potestade de xestión.

2. A empresa de aproveitamentos tamén poderá realizar a notificacion ou solicitar a autorización, sempre que exista unha delegación do propietario e que conte cun documento que acredite esa delegación.

 

3. Os clareos, as cortas de mellora ou de policía e os tratamentos selvícolas sen aproveitamento comercial, non requerirán nin a comunicación previa, nin a notificación, nin a autorización prevista nos artigos anteriores.

 

4. As solicitudes de autorización previstas no artigo 78 , no caso de montes veciñais en man común e ata que non se doten do instrumento de xestión obrigatorio, deberán incluir  un plan facultativo de corta anual, asinado por profesionais con titulación específica forestal universitaria,  onde deberá xustificarse, como mínimo, a necesidade ou oportunidade do aproveitamento, así como a súa localización planimétrica, a superficie obxecto do aproveitamento, o número de pes e volumen por especie afectada e a tasación  correspondente.

 

Artigo 80. Obrigación de reforestación.

As superficies obxecto de notificación ou autorización de corta finais deberán ser reforestadas no prazo máximo de dous anos, salvo rexeneración natural. Námbolos dous casos, á hora de executar os traballos selvícolas necesarios, terase en conta que o momento e a forma de execución non incida negativamente sobre o resto de aproveitamentos do monte.

Artigo 81. Dominio Público Hidráulico.

1. Calquer aproveitamento que se produza na canle ou zona de servidume do dominio público hidráulico, requerirá autorización da Administración forestal, previos informes preceptivos e vinculantes do organismo de conca que corresponda e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

2. Na restante zona policía do dominio público hidráulico únicamente se requirirá informe do organismo autónomo Augas de Galicia cando as actuacións necesarias para os aproveitamentos impliquen movementos de terra, obras civís, ou poidan supoñer deterioro do réxime de caudais ou degradación ou deterioro do dominio público hidráulico.

CAPÍTULO IV. APROVEITAMENTOS E USOS EN ZONAS QUEIMADAS.

Sección primeira: Aproveitamentos madeirables e leñosos de madera queimada.

Artigo 82. Aproveitamentos de madeira queimada.

1. Calquer aproveitamento de madeira queimada, con independencia da especie forestal, requirirá autorización previa da Administración forestal que será solicitada polo propietario do terreo. Exceptúanse de autorización os aproveitamentos para usos domésticos que requerirán unicamente comunicación á Administración forestal, cun mínimo dun día de anterioridade á realización do mesmo.

2. Se o propietario do monte onde se producíu o incendio non solicita autorización de aproveitamento de madeira queimada no plazo de tres meses dende a data en que tivo lugar o incendio, ou non executa o aproveitamento no plazo fixado pola Administración forestal, ésta poderá executa-lo aproveitamento subsidiariamente a costa do propietario se as condicións sanitarias así o aconsellan, e tomando as medidas necesarias para garanti-la restauración do arbolado.

3. A Administración forestal emitirá as autorizacións nun  prazo máximo de 15 días. No caso de non emitirse autorización no prazo de 15 días entenderase estimada a solicitude. Se a contestación fose negativa deberá xustificarse técnicamente.

 

Sección segunda: Outros aproveitamentos forestais.

Artígo 83. Limitacións ó pastoreo.

En tódolos montes ou terreos forestais que resulten afectados por incendios se prohíbe con carácter xeral o pastoreo, por un plazo mínimo dun ano e ata que as axeitadas condicións de restauración do terreo forestal o permitan, agás naqueles pastizais implantados que dispoñían dun plan de aproveitamento e logo de informe da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e aprobación da Consellería de Medio Ambiente. Regulamentariamente estableceranse os prazos, condicións e excepcións á devandita prohibición.

Artigo 84. Limitacións á actividade cinexética.

1. Os aproveitamentos e a repoboación cinexética en terreos queimados queda prohibida durante un período mínimo de dous anos dende a data do incendio, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, previo informe preceptivo da Dirección  Xeral de Montes e Industrias Forestais.

2. Nos terreos cinexéticos ordenados, cando o número de incendios ou a suma de superficies queimadas ó longo do ano así o aconselle, a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais poderá  propone-la revisión do contido dos plans de ordenación de aproveitamento cinexético. A Consellería de Medio Ambiente, polas causas contempladas anteriormente, poderá suspender temporalmente a actividade cinexética.

3. O reinicio da actividade cinexética pola suspensión temporal prevista no apartado 2 do presente artigo, será acordado pola Consellería de Medio Ambiente, de oficio ou a petición xustificada dos titulares dos aproveitamentos cinexéticos afectados, previo informe preceptivo da Dirección  Xeral de Montes e Industrias Forestais

Artigo 85. Outras limitacións.

1. Con carácter xeral prohíbese en terreos arborados queimados, calqueira actividade que poida verse favorecida pola desaparición do arborado.

2. Non se poderá clasificar ou reclasificar como solo urbanizable o solo rústico que sufrira os efectos dun incendio forestal a partir da entrada en vigor da presente Lei ou nos dous anos anteriores. Esta prohibición exténdese os corenta anos seguintes os que se tivera producido o incendio forestal, salvo autorización expresa do Consello da Xunta de Galicia na forma que regulamentariamente se determine.

3. En solo clasificado como urbanizable se prohibe a urbanización nos terreos que sufriran os efectos dun incendio. Esta prohibición extenderase ata un mínimo de 3 anos , salvo autorización expresa do Consello da Xunta na forma que regulamentariamente se determine.

4. Prohíbense en terreos queimados aqueles aproveitamentos  e usos incompatibles coa súa rexeneración.

Sección terceira. Urbanismo.

Artigo 86. Limitacións á instalacións.

1. As autorizacións para construcción de instalacións en solo rústico queimado, previstas na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, requirirá informe favorable da Consellería de Medio Ambiente.

2. Esta disposición será tamén de aplicación ós montes que foran afectados por un incendio nos cinco anos anteriores á entrada en vigor desta Lei.

TÍTULO V. USO SOCIAL DOS MONTES.

CAPÍTULO I. USO SOCIAL, EDUCATIVO E RECREATIVO DO MONTE.

Artigo 87. Principios xerais.

1. A Consellería de Medio Ambiente fomentará o uso social, educativo e recreativo dos montes respetando o medio forestal. Con este fin, a Consellería de Medio Ambiente promoverá a planificación, instalación, mellora e conservación de actividades ou estructuras que cumplan con estes obxectivos.

2. O uso social, educativo e recreativo do monte deberá axustarse, en todo caso, ás seguintes condicións:

a)         A necesidade de contar co consentimento do propietario e  a obrigatoriedade de gardar o debido respeto ós usos e aproveitamentos que o propietario desenvolve no seu monte.

b)         Non está permitido o uso do lume, excepto se se realiza en áreas reservadas  a tal efecto e sempre que se leve a cabo fora das épocas de risco de incendios.

c)         Todo usuario ten a obriga de deixa-lo monte limpo do lixo e residuos que produza, sendo responsable da recollida e retirada dos mesmos. Isto enténdese sen perxuicio da responsabilidade do  propietario de manter limpos os seus montes de conformidade co establecido no artigo 138 da presente Lei.

d)         Poderase prohibir ou limita-la utilización de elementos sonoros ou de actividades productoras de ruido sempre que, a xuicio da Consellería de Medio Ambiente, poidan perturba-lo normal desenvolvemento das actividades socio-recreativas doutros usuarios ou os hábitos do gando e da fauna silvestre.

3. Nos montes incluidos na Rede Galega de espacios protexidos, as actividades recollidas neste título rexiranse pola súa normativa especial.

4. Regulamentariamente fixaranse as condicións de uso e sinalización dos parques periurbáns, pero en todo caso terán a consideración de terreos non cinexéticos. 

CAPÍTULO II ACCESO DA POBOACIÓN ÓS ESPACIOS FORESTAIS.

Artigo 88. Acceso ós espacios forestais.

1. O acceso da poboación ós  espacios forestais armonizarase coa súa  preservación e o respecto dos dereitos e bens afectados.

2. O acceso da poboación ós espacios forestais rexirase polos seguintes principios:

a)       O acceso ós montes utilizando medios mecanizados quedará limitado ás actividades agro-forestais, á realización de obras de infraestructura que conten coas debidas autorizacións e permisos, á residencia, á actividade inspectora da Administración, á actividade dos servicios de vixilancia e gardería dos titulares dos dereitos cinexéticos e a outros usos debidamente autorizados, excepto nas vías expresamente abertas á circulación xeral.

b)       O acceso utilizando tracción animal ou medios non mecanizados permitirase polos camiños e sendas, sempre e cando, no caso de camiños ou sendas privadas, non estea expresamente prohibido polo propietario.

c)       En xeral, permitiranse os accesos a pé. Exceptúanse deste acceso tolerado os terreos cercados ou sinalizados con prohibición de acceso.

3. A realización de actividades en terreo forestal que trascendan do normal uso do monte, como deportes motorizados, parapente, vó sen motor, acampada por máis dun día e outros, implicará, en todo caso, a autorización por escrito do propietario e o xestor do terreo no seu caso, sen perxuicio das autorizacións e permisos pertinentes recollidos pola lexislación sectorial vixente.

TITULO VI. DOS USOS FORESTAIS

CAPÍTULO I. CAMBIO E DEFENSA DO USO FORESTAL.

Sección primera: Cambio do uso forestal.

Artigo 89. Concepto.

1. O cambio do uso forestal dos montes, ós efectos desta Lei, é toda actuación material ou acto administrativo que faga perder ó monte o seu carácter de tal.

2. O cambio de uso forestal en monte particular ou nos públicos patrimoniais implica un cambio da natureza do solo, deixando de ser terreo forestal ós efectos da presente Lei.

Artigo 90. Regulación do cambio do uso forestal.

1. O cambio do uso forestal dun monte cando non veña motivado por razóns de interese xeral, sen perxuicio da normativa ambiental aplicable, terá carácter excepcional e requerirá autorización do órgano forestal competente.

2. Regulamentariamente se establecerá o procedemento simplificado para a autorización de cambio do uso naquelas superficies forestais para as que se solicite unha reversión a usos anteriores non forestais.

3. Cando o cambio de uso forestal o sexa para a implantación de cultivos agrícolas ou pastizais será necesario, para conceder a autorización, informe preceptivo e vinculante da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. 

4. Non se poderán autorizar cambio de uso naqueles terreos forestais onde se tivera producido un incendio forestal nos últimos tres anos, salvo que acontezan circunstancias excepcionais, que serán definidas regulamentariamente.

Artigo 91. Construcción de infraestructuras públicas non forestais.

1. Nos proxectos de construcción de todo tipo de infraestructuras alleas á xestión dos montes evitarase, sempre que existan alternativas viables, afectar a montes de utilidade pública, a montes protectores, a montes veciñais en man común ou a montes con plans de xestión aprobados pola Administración, sempre que a infraestructura poida afectar o seu normal aproveitamento. 

2. Os instrumentos de planificación de infraestructuras deberán ser informados previamente pola Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 92. Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

1. Ós efectos da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia:

a)      As vías de saca temporais para actividade de extracción de madeira, independentemente da súa lonxitude e os accesos para a prevención e defensa contra o lume non serán consideradas camiños.

b)      Os cargadeiros de madeira procedentes de aproveitamentos forestais non serán considerados depósitos de materiais.

c)      A maquinaria forestal, en tanto se estea a realizar un aproveitamento ou labor en terro forestal non terán a consideración de estacionamento de maquinaria.

2.  Previa á aprobación dos Plans Xerais de Ordenación Municipal pola Consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, será preceptivo informe da Administración forestal, cando os devanditos plans afecten a terreos forestais.

CAPÍTULO II. CAMIÑOS E INFRAESTRUCTURAS FORESTAIS

Artigo 93 . Camiños forestais.

Os camiños públicos e privados situados en solo rústico de protección forestal terán a consideración de camiños forestais polo seu destino principal a este fin.

Artigo 94. Características e esixencias dos camiños forestais.

As características e esixencias constructivas dos camiños forestais públicos serán establecidas regulamentariamente e respostarán ós requerimentos do transporte dos productos forestais e do acceso ós montes da maquinaria forestal.

Artigo 95. Infraestructuras forestais.

1. Nas áreas forestais poderase dispoñer de parques para almacenamento de madeira procedente dos montes da área a fin de facilitar os traballos de aproveitamento madeireiro.

2. O emprego con fins forestais dos camiños forestais públicos non poderá ser gravado por ningunha taxa.

3. A construcción de camiños forestais privados de carácter permanente requerirá autorización por parte da Administración forestal e cumprirá as esixencias que regulamentariamente se establezan.

Artículo 96.  Promoción de infraestructuras forestais.

A Consellería de Medio Ambiente promoverá a construcción daquelas infraestructuras forestais necesarias para unha axeitada xestión  dos recursos forestais.

CAPÍTULO III. ACTUACIÓN HIDROLÓXICA FORESTAL.

Artigo 97. Restauración hidrolóxica forestal.

1. Corresponde á Administración forestal a restauración hidrolóxica forestal no territorio da Comunidad Autónoma de Galicia, sen perxuicio das competencias das demais administracións públicas.

2. Ós efectos desta Lei, enténdese por restauración hidrolóxica forestal, os plans, traballos e accións que sexan necesarios para a conservación, defensa e recuperación da estabilidade e fertilidade dos solos forestais, a regulación de escorrentías, a consolidación de laderas, a contención de sedimentos e a defensa do solo contra a erosión.

Artigo 98. Plans  e proxectos de restauración hidrolóxica forestal.

Nas zonas onde sexa necesario poderanse establecer proxectos hidrolóxicos forestais e plans de recuperación hidrolóxico forestal específicos.

TÍTULO VII: A CADEA MONTE-INDUSTRIA: SILVICULTORES E PRODUCTORES FORESTAIS, EMPRESAS DE SERVICIOS FORESTAIS E INDUSTRIAS FORESTAIS.

CAPÍTULO I. PRODUCTORES FORESTAIS.

Artigo 99. Incentiva-la producción e diversificación de productos forestais.

A Admistración forestal promoverá o desenvolvemento das organizacións, empresas ou sociedades de productores forestais e das mancomunidades e organizacións de montes veciñais en man común, orientadas a mellorar as técnicas da silvicultura e os procesos de comercialización, a fin de diversificar a producción forestal, mellorar a calidade dos productos forestais e satisfacer a demanda de productos procedentes dos bosques galegos, dacordo coas demandas do mercado e respetando as técnicas e criterios da xestión forestal sostible.

CAPÍTULO II. EMPRESAS DE SERVICIOS FORESTAIS

Artigo 100.  Empresas de servicios forestais.

A Administración forestal promoverá a instalación, reconversión e mellora das empresas de servicios e de aproveitamentos forestais co fin de optimizar as técnicas e os traballos de aproveitamento forestal no marco da xestión forestal sostible dos recursos.

CAPÍTULO III. INDUSTRIAS FORESTAIS.

Artigo 101. Promove-la instalación, reestructuración e mellora das industrias forestais de primeira transformación.

A Administración forestal promoverá a instalación, reestructuración e mellora das industrias forestais de primeira transformación, con especial atención ás que incrementen o valor engadido dos recursos forestais rexionais, xeren productos de calidade e movilicen recursos humans das áreas rurais.

CAPÍTULO IV. FORTALECEMENTO DA CADEA MONTE-INDUSTRIA.

Artigo 102. Fortalecemento da cadea Monte-Industria.

1. Enténdese por cadea Monte-Industria o conxunto do sector forestal integrado polos silvicultores, as empresas de servicios forestais, as adicadas a execución de aproveitamentos, as de comercialización e as industrias de primeira transformación, nas que se inclúen as de serra, chapa, taboeiros, pasta de celulosa e cortiza, as de aproveitamentos enerxéticos do monte e as restantes que transformen productos forestais procedentes dos montes galegos, exceptuando, en todo caso, as industrias adicadas á transformación de productos agroalimentarios.

2. A Consellería de Medio Ambiente prestará especial apoio ó fortalecemento da cadea Monte-Industria, mediante:

a)      O fomento das relacións entre o sector da producción forestal e o industrial adicados á transformación dos productos forestais.

b)      A promoción de convenios de colaboración entre centros de investigación de productos forestais, públicos ou privados, e as empresas do sector, que permitan a transferencia axeitada de tecnoloxía e a modernización e mellora dos procesos de  transformación e de comercialización.

3. Cando a Administración participe na  posta en marcha dos mecanismos ou convenios aludidos neste Capítulo e no precedente, será necesaria a presentación, por parte de perceptor, dunha avaliación dos resultados obtidos en cada unha das actividades financiadas.

Artigo 103. Mesa da Madeira.

1. Por Decreto da Consellería de Medio Ambiente crearase a Mesa da Madeira na que estarán representadas as organizacións profesionais relacionadas co sector e, mediante as súas asociacións, os propietarios forestais, as empresas de servicios e de explotación forestal, as industrias de transformación de productos forestais madeideiros, as industrias que utilicen nos seus  productos derivados directos ou indirectos de produccións forestais madeireiras, e as que produzan bens de equipo para traballos forestais.

2. As funcións da Mesa da Madeira serán:

a)      Colaborar na catalogación, normalización e estandarización dos productos forestais e dos bens de equipo utilizados nas actividades forestais.

 

b)      Elaborar un listado periódico e ordenado de prezos dos productos forestais.

 

c)      Coordina-las posibilidades de producción forestal coas necesidades industriais.

 

d)      Propoñer líñas de fomento, mellora e experimentación no sector forestal e nas industrias derivadas.

 

CAPITULO V. INFORMACIÓN E REXISTRO.

Artigo 104. Estatística forestal.

1. Os productores forestais e as súas organizacións deberán suministrar anualmente datos á Administración a efectos estatísticos a fin de permitir coñecer a economía das explotacións forestais e a súa evolución.

2. As empresas de servicios forestais, as de e aproveitamentos  forestais, as industrias de primeira transformación forestais e as industrias de pasta de papel e de taboeiros deberán suministrar anualmente á Administración forestal, a efectos estatísticos, a información relativa á súa actividade, en particular á relacionada co consumo de productos forestais, á producción, transformación e comercialización dos productos forestais e emprego.

3. A Administración forestal elaborará e publicará periódicamente os datos estatísticos do sector forestal necesarios para avaliar a evolución dos sectores de producción, servizos e transformación, tanto públicos coma privados.

Pola súa importancia a Administración forestal impulsará a elaboración de estudios que permitan conocer a realidade e a evolución socioeconómica dos propietarios forestais, particulares e comunidades de montes veciñais.

Artigo 105. Rexistro de empresas forestais que conforman a cadea monte-industria.

1. Se crea  un rexistro de empresas forestais que conforman a cadea Monte-Industria. 

2.  O réxime de inscripción e funcionamiento do Rexistro, así como o sistema de suministro da información, axustarase as normas regulamentarias correspondentes.

TÍTULO VIII: EDUCACIÓN, DIVULGACIÓN, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN.

CAPÍTULO I. EDUCACIÓN E DIVULGACIÓN.

Artigo 106. Ensinanza en materia forestal.

A Xunta de Galicia incorporará ós plans de estudio de primaria e secundaria a ensinanza en materia forestal, que profundizará no axeitado coñecemento do medio forestal, dos seus usos e aproveitamentos, da figura das comunidades de montes veciñais en man común como singularidade propia da nosa Comunidade Autónoma e da importancia do sector forestal no ámbito social, económico e ambiental de Galicia.

Artigo 107. Plan de divulgación forestal.

1. A Xunta de Galicia fomentará e regulará o uso educativo dos montes. Para elo desenvolverá un Plan de divulgación forestal que terá como obxectivo  dar a coñecer a transcendencia que ten para a sociedade galega a existencia dos montes e a súa xestión sostible, a importancia dos seus productos como recursos naturais renovables e a variedade de ecosistemas que alberga, involucrando á sociedade na mellora, conservación e valoración dos espacios forestais.

2. O Plan, que será elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, coa participación dos axentes sociais representativos do sector forestal galego, será precedido dun estudio onde se poñan de manifesto as carencias e os coñecementos reais da sociedade galega no que atinxe os usos, aproveitamentos, conservación e xestión dos montes, disporá os obxectivos específicos e metas programáticas da cultura forestal galega e articulará, mediante un plan de acción, o xeito de acadalos. 

3. Potenciaranse as aulas forestais e os centros de interpretación forestal, medioambiental e de flora e fauna como principais instrumentos canalizadores destes fins e como centros locais de encontros.

CAPÍTULO II. FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN.

Artigo 108. Formación técnica.

1. A Administración forestal realizará de forma continuada, actividades tendentes a incrementa-la formación técnica dos profesionais no sector forestal, colaborando no fomento da formación profesional e no desenvolvemento de ensinanzas medias ou superiores en materia forestal.

2. Co fin de contribuir o desenvolvemento e promoción dos aspectos sociolaborais do sector forestal e ó fomento do emprego, con especial atención ás poblacións rurais, a Consellería de Medio Ambiente, en colaboración cos axentes socias máis representativos do sector forestal, promoverá a elaboración de plans de formación e emprego no sector forestal, incluindo medidas e accións específicas de formación, asesoramento e seguimento en materia de prevención de riscos laborais.

Artigo 109. Reciclaxe e perfeccionamento dos propietarios, dos traballadores  e dos xestores de empresas do sector.

1. A Administración forestal impulsará a formación dos propietarios e silvicultores, dacordo coas  de normas de xestión forestal sostible. Nas labores de formación se fomentará a participación das asociacions profesionais do sector.

2. A Administración forestal en colaboración, no seu caso, cos propietarios e os xestores e as súas asociacións, fomentará a reciclaxe e o perfeccionamento dos traballadores do sector.

Artigo 110. Formación continua do personal da Administración forestal.

A Administración fomentará os programas anuais de reciclaxe e perfeccionamiento do personal da Administración forestal, prestando unha especial atención ó personal que traballa no medio rural.

Artigo 111. Desenvolvemento da investigación forestal.

A Administración forestal promoverá o desenvolvemento da investigación científica e técnica, a experimentación e os estudios en materia forestal que permitan dispoñer dos coñecementos científicos e técnicos para a mellora do medio forestal e das actuacións que sobre o mesmo  se executen.

TÍTULO IX: PRAGAS, ENFERMIDADES FORESTAIS E DEFENSA FITOSANITARIA.

CAPÍTULO I. PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS.

Sección primeira: Obrigas dos actores implicados.

Artigo 112. Marco xurídico da Sanidade Forestal

1. Na prevención e loita contra pragas forestais, no Rexistro de Productos Fitosanitarios a utilizar nos montes e na introducción e circulación de plantas e productos forestais de importación, así como en calquera outro aspecto da sanidade forestal estarase ó establecido na Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal.

2. A Consellería de Medio Ambiente asumirá as competencias previstas, neste ámbito, pola  presente lei; sen perxuicio das funcións derivadas das delegacións ou colaboracións que, no que se refire a pragas e enfermidades forestais, se establezan con outras consellerías. 

Artigo 113. Actuacións da Administración

1.      Corresponde á Administración forestal a vixilancia, localización e estudo das pragas e enfermidades forestais, así como as labores de prevención e control que se consideren oportunas, sen prexuízo das actuacións que poida realizar a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no marco das súas competencias.

2.      A Administración forestal prestará asesoramento e axuda técnica para a loita contra pragas e enfermidades forestais, e poderá formalizar convenios económicos cos propietarios para a execución de traballos de prevención e extinción de enfermidades e pragas.

Artigo 114. Obrigas dos propietarios dos montes e dos titulares dos aproveitamentos