Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común. (DOG nº 202, do 20-10-1989)
Os montes veciñais en man común son unha das poucas formas de propiedades de terras en común que logrou sobrevivir á organización municipal do século XIX e ó fenómeno desamortizador.
Por iso, chama a atención que unha forma de propiedade tan orixinal e tan nosa non fose obxecto de regulamentación específica ata hai vinte anos.
A lei 52/1968, do 27 de xullo, de montes veciñais en man común, tivo sen dúbida o mérito de recoñece-la figura, pero desnaturalizouna coas limitacións e restriccións que contén, así como coa inxerencia municipal. A lei 55/1980, do 11 de novembro, quixo ser, e fe feito foi, máis liberalizadora, pero aínda son moitos os atrancos que limitan as súas funcións.
A presente Lei pretende darlle resposta á necesidade dunha regulación realista dos montes veciñais en man común, propiedade peculiar e ben característica de Galicia, tantas veces posta de manifesto por expertos, reivindicada polos campesiños e reclamada pola propia realidade económica.
Non ofrece dúbida a potestade lexislativa da nosa Comunidade por lle vir atribuída no Estatuto de Autonomía ( Artigo 27.11) a competencia exclusiva en materia de <<réxime xurídico dos montes veciñais en man común>>.
A lexislación relativa a estes montes esixe partir do recoñecemento da natureza privada destas terras a favor das Comunidades veciñais que adoito as viñan disfrutando, liberándoas de vencellos que a desnaturalizan. Neste recoñecemento non se poden esquece-los preceptos constitucionais referentes á función social da propiedade que para tales bens cumpran as necesidades da Comunidade propietaria, así como o interese xeral da sociedade, e, en consecuencia, levar a cabo un mellor aproveitamento dos recursos.
As causas de que importantes superficies de Galicia estean improductivas ou con aproveitamentos por debaixo do seu potencial, radican en boa medida nos atrancos legais e institucionais que os veciños atoparon para o aproveitamento dos seus propios montes. Esta Lei facilita a adicación das terras ós cultivos e aproveitamentos que máis conveñan ás circunstancias agrolóxicas dos solos e ós intereses dos veciños, e permite, así mesmo, a división dos montes entre eles, con carácter temporal, para o seu cultivo, aínda que adoptando medidas de protección e cautela que impidan racha-la unidade dos mesmos.
Preténdese, en definitiva, incorporar á actividade económica unha ampla superficie agraria baixo este réxime de propiedade e abrir vieiros para a mellora da dimensión económica das explotacións agrarias pertencentes ás Comunidades con montes veciñais en man común.
Esta Lei dálle á Comunidade de veciños plena autonomía para a xestión e o disfrute do monte, reduce as maiorías necesarias para a toma de decisións, establecendo garantías suficientes de publicidade e concorrencia, dicta normas básicas de organización das Comunidades de veciños e simplifica o articulado -deixando para un posterior desenvolvemento regulamentario tódalas materias non fundamentais-, conseguindo con todo iso unha necesaria sistematización.
Para favorece-lo seu mellor aproveitamento polos veciños, unha vez superadas as limitacións lexislativas anteriores, considérase necesario incluír tamén o seu carácter preferente nas actuacións e axudas da Administración agraria galega.
Contémplase a fórmula de xestión cautelar pola Administración para aqueles casos nos que a Comunidade de veciños se extinga ou desapareza, e tamén para o suposto de que o monte non sexa xestionado de acordo cos seus recursos. A xestión cautelar queda en todo caso supeditada ó aproveitamento directo pola Comunidade, establecendo un procedementos que garanta este principio.
De acordo co previsto no artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e 24 da Lei Reguladora da Xunta e do seu Presidente sanciono e promulgo en nome de El-Rei a Lei de montes veciñais en man común.
TITULO PRELIMINAR
Disposicións Xerais
Artigo 1.-
Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta Lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades productivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cuotas polo membros daquelas na súa condición de veciños. (* ver art. 1 do regulamento de mvmc)
Artigo 2.-
Os montes veciñais en man común son bens indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables, e non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial nin á cuota empresarial da Seguridade Social, de acordo co artigo 2.1 da Lei 55/80.
Artigo 3.-
TITULO I
Réxime xurídico
Artigo 4.-
Artigo 5.-
Os montes veciñais en man común, malia a súa inalienabilidade, poderán ser obxecto de cesión temporal, en todo ou en parte, a título oneroso ou gratuíto, para obras, instalacións, explotacións de diversa índole, servicios e outros fins que redunden de modo principal no beneficio directo da Comunidade de veciños, de acordo coas maiorías previstas no artigo 18.1. A cesión poderá ser por tempo indefinido a favor de calquera das Administracións Públicas cando sexa destinada a equipamentos a prol da propia Comunidade, e en tanto se manteña o fin para o que foi feita a cesión. (* ver art. 5 do regulamento de mvmc)
Artigo 6.-
Artigo 7.-
Artigo 8.-
Malia o disposto no artigo 2, cando razóns de utilidade ou interese social das Comunidades de veciños así o aconsellen, poderán estas, dándolle conta ó Xurado Provincial de Clasificación, permutar terreos integrantes dos montes veciñais en man común, por outros terreos limítrofes que sexan de valor similar.
TITULO II
Da Clasificación e dos seus efectos
( *
ver xurisprudencia sobre clasificación )Artigo 9.-
A Clasificación como monte veciñal dos terreos o que se refire o artigo 1 levarana a cabo os Xurados Provinciais na forma prevista nesta Lei e no seu Regulamento.
Artigo 10.-
En cada unha das provincias galegas existirá un Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais, coa seguinte composición:
Os representantes da Consellería de Agricultura (Nota: hoxe Medio Ambiente) nomearanse regulamentariamente en función do posto de traballo que desempeñen.
Regulamentariamente determinarase todo o relativo á organización, réxime de incompatibilidades, escusas, asistencias, axudas de custo, gastos, sancións, nomeamentos e substitucións dos membros do Xurado (* ver arts. 13 ó 18 do regulamento de mvmc).
Artigo 11.-
Artigo 12.-
As resolucións do Xurado Provincial poderán ser obxecto de recurso de reposición perante o propio Xurado, previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, de conformidade coa Lei Reguladora desta Xurisdicción.
Artigo 13.-
A resolución firme de clasificación dun terreo como monte veciñal en man común deberá conte-los requisitos necesarios para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade de conformidade coa Lei Hipotecaria e no seu Regulamento, e virá acompañada de planimetría suficiente que permita a identificación do monte. A devandita resolución, de acordo co artigo 13 da Lei 55/80, unha vez firme producirá os seguintes efectos:
Se a certificación para a inmatriculación so monte estivese en contradicción con algún asento non cancelado, procederase na forma prevista na lexislación hipotecaria.
TITULO III
Da organización das comunidades.
Artigo 14.-
Artigo 15.-
O Presidente da Xunta Rectora ostenta a representación legal da Comunidade.
Artigo 16.-
Artigo 17.-
Calquera comuneiro poderá defende-los intereses da Comunidade de montes en man común, tendo que serlle reintegrados os gastos que lle ocasione tal defensa, sempre que prosperen as súas pretensións ou sexa aprobado pola Asemblea Xeral.
Artigo 18.-
Artigo 19.-
Artigo 20.-
En situacións xurídicas de pendencia por extinción ou desaparición da Comunidade de veciños titular do monte, a defensa dos seus intereses correspóndelle á parroquia onde radique o mesmo, ou subsidiariamente á Consellería de Agricultura, que regularán en concepto de titulares provisorios o aproveitamento do monte en beneficio da Comunidade Parroquial.
TITULO IV
Dos aproveitamentos.
Artigo 21.-
Artigo 22.
Na asignación de lotes procurarase que comuneiros que traballen conxuntamente baixo a fórmula de explotación comunitaria da terra teñan os lotes contiguos.
Artigo 23.-
De tódolos rendementos económicos que se poidan derivar dos aproveitamentos, reservarase unha cantidade, que se debe fixar nos Estatutos, e en todo caso nunca inferior ó 15% daqueles, para investimentos en mellora, protección, acceso e servicios derivados do uso social ó que o monte poida estar destinado.
TITULO V
Protección e Xestión cautelar.
Artigo 24.-
A Comunidade titular dun monte veciñal en man común tomará as medidas necesarias para a xestión, explotación, protección e defensa do mesmo. Velará pola prevención e loita contra os incendios forestais en coordenación coa Administración Pública.
Artigo 25.-
A Consellería de Agricultura daralles ós montes veciñais en Man Común carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora da producción agraria e na concesión de axudas económicas para as mesmas finalidades. Ademais desempeñará as seguintes funcións:
Artigo 26.-
Na Consellería de Agricultura (Nota: Hoxe Medio Ambiente) crearase un Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común que, en todo caso, será público, coa finalidade de manter unha relación actualizada dos mesmos e da súa situación estatutaria, así como dos actos de disposición a que se refiren os artigos 5, 6 , 7, 8 e 22 desta Lei.
En cada Delegación Provincial existirá unha sección cos datos rexistrais dos montes veciñais do seu ámbito.
Regulamentariamente desenvolveranse as características deste Rexistro.
Artigo 27.-
Os montes veciñais en man común serán xestionados cautelarmente pola Consellería de Agricultura nas seguintes situacións:
Artigo 28.-
Artigo 29.-
A Consellería de Agricultura acomodará a declaración de estado de grave abandono ou degradación ó seguinte procedemento:
Primeiro.- Requirirá de oficio á Comunidade de veciños para que presente un Plan de mellora e transformación integral do monte, no que se exprese o prazo para a súa execución.
Segundo.- Requirida a Comunidade, esta terá un prazo de 3 meses, prorrogables por outros 3, para presenta-lo referido Plan.
Terceiro.- No Caso de non presentación do Plan pola Comunidade ou de non aprobación do presentado, a Consellería de Agricultura procederá á elaboración dun Plan de xestión e mellora integral do monte, que lle será notificado á comunidade, no prazo máximo de 3 meses, para o seu coñecemento e aprobación.
Cuarto.- Transcorridos 3 meses sen que a Comunidade aceptase o Plan nin se chegase a fórmulas de compromiso, a Consellería de Agricultura elevaralle a proposta ó Concello da Xunta de Galicia para que o monte sexa declarado en estado de grave abandono ou degradación. Contra esta resolución cabe o recurso contencioso-administrativo.
Artigo 30.-
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira.-
As resolucións dos Xurados Provinciais terán eficacia durante o prazo de un ano, a partir da súa firmeza, para rectifica-las inmatriculacións contradictorias do Rexistro da Propiedade, agás que estas se practiquen en virtude de sentencia, dictada en xuízo declarativo, de acordo coa lei 55/80, do 11 de novembro.
Segunda.-
As comunidades propietarias de montes de veciños consorciados ou con convenios coa Administración, e con independencia de que neles fosen parte os Concellos ou Deputacións Provinciais, poderán optar por subrogarse no consorcio ou convenio preexistente, realizar un novo convenio ou resolve-lo existente.
As débedas dos consorcios realizados pola Administración Forestal do Estado serán condonadas polo importe a que ascendía a débeda no momento da clasificación do monte como veciñal en man común.
Se os consorcios coa Administración continúan en vigor, ben na súa forma orixinal ou transformados en convenios ó abeiro da Disposición Derradeira terceira da Lei 55780, do 11 de novembro, e a totalidade ou parte da débeda existente no momento da clasificación fose amortizada, o importe desta devolveráselles ás comunidades en forma de investimentos que ten que realiza-la Administración no propio monte.
Cando o consorcio ou convenio fose resolto e liquidado, as Comunidades interesadas poderán solicita-la devolución do importe das amortizacións realizadas no momento da clasificación, que será compensado pola Administración en forma de investimentos materializados no propio monte.
Estes investimentos realizaranse con acordo expreso das Comunidades propietarias, nun prazo máximo de catro anos.
En todo caso, aquelas Comunidades que se beneficien da condonación da débeda segundo o contemplado nesta Disposición e queiran rescindi-lo consorcio ou convenio terán que presentar sempre un Plan de aproveitamento e xestión do monte, que deberá ser aprobado pola Administración.
Terceira.-
Tódolos procedementos, agás o de clasificación, serán substanciados polo trámite de incidentes perante o Xulgado de Primeira Instancia. (Nota: Declarado inconstitucional)
Cuarta.-
Os dereitos atribuídos nesta Lei á parroquia entenderanse no marco do disposto e previsto nos artigos 40.3 e 27.2 do Estatuto de Galicia.
Quinta.-
A Consellería de Agricultura confeccionará, nun prazo de tres anos, un inventario xeral dos montes en man común no que consten individualizados os datos que permitan a perfecta identificación dos mesmos, tales como a situación xeográfica, superficie, lindeiros, estado económico de aproveitamento, usos, concesións, convenios, consorcios e arrendamentos establecidos sobre os mesmos.
Sexta.-
Concluído o inventario a que fai referencia a Disposición adicional quinta, a Consellería de Agricultura, partindo da demandas das Comunidades propietarias, elaborará un Plan de aproveitamento de montes veciñais en man común, que terá como obxectivo o mellor uso destas terras atendendo á súa vocación productiva e ás necesidades das Comunidades.
Este Plan, que será debatido no Parlamento Galego, contará coas previsións correspondentes de financiación e promoción de aproveitamentos.
A Xunta de Galicia impulsará e promoverá o aproveitamento cooperativo, ou comunitario, daqueles montes que polas súas circunstancias poidan ser susceptibles de aproveitamento industrial.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
Primeira.-
O entrar en vigor esta Lei os Xurados Provinciais dos montes veciñais en man común configuraranse de acordo co disposto nesta Lei, sen prexuízo de que aqueles expedientes en trámite sexan resoltos de conformidade coa lexislación existente no momento de comezalos.
Segunda.-
Os Estatutos aprobados e as Xuntas de Comunidade constituídas de conformidade coa lexislación anterior adaptaranse ó disposto na presente Lei no prazo de un ano dende a entrada en vigor da presente Lei.
Terceira.-
As Actuacións para a declaración dun monte veciñal en estado de grave abandono ou degradación non se poderán iniciar antes de transcorrido un ano dende a entrada en vigor da presente Lei para os montes xa clasificados ou desde a clasificación cando esta sexa posterior á mesma.
Cuarta.-
O Ministerio Fiscal defenderá as Comunidades de veciños de montes en man común, cando estas se vexan afectadas na propiedade da que son titulares, ó abeiro da Lei 55/80, do 11 de novembro.
DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS
Primeira.-
A Xunta de Galicia aprobará o Regulamento da presente Lei no prazo de seis meses, computados dende o día da entrada en vigor da mesma.
Segunda.-
A presente Lei, xunto coa costume, constitúen o dereito propio de Galicia en materia de montes veciñais en man común, que de conformidade co disposto no artigo 38.1 do Estatuto de Autonomía será de aplicación, no seu ámbito territorial, con preferencia a calquera outro.