De: Amigos do Comunal [amigosdocomunal@mundo-r.com]
Enviado: sábado, 12 abril, 2008 12:36 p.m.
Para: Undisclosed-Recipient:;
Asunto: Convocatoria Asemblea Extraordinaria de AMIVE

Estimados amigos,

A activación do proceso de renovación da Lei de Montes de Galicia parécenos que xustifica que retomemos a actividade da Asociación. Achégovos o anteproxecto de lei para quen non o coñeza (está colgado na páxina web da Consellería de Medio Rural: http://mediorural.xunta.es/transparencia/elaboracion/anteproxecto_lei_montes.php). O Capítulo IV do Título II, adícase ao Réxime xurídico dos Montes Veciñais en Man común.

Por este motivo convócase unha Asemblea Xeral Extraordinaria dos socios de AMIVE para debater o anteproxecto de Lei de Montes de Galicia. Seguindo a orde de alternancia das reunións entre Vigo e Pontevedra a reunión farémola en Pontevedra, no Pazo da Cultura - Seminario número 2- o vindeiro venres 25 de abril ás 18.00 horas.

Para sermos máis efectivos no comentario á lei sería interesante que cada un de nós achegara previamente os seus comentarios por adiantado para poder xuntalos e distribuílos na reunión. Senón o faremos na andadura.

Para cualquiera cuestión non dubidedes en poñeros en contacto con nós. Un saúdo, 

 

Laura

Presidenta de AMIVE