NOTA DE PRENSA
CONSTITUCIÓN DA ASOCIACIÓN
DE AMIGOS DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN.
En coincidencia co Día Forestal
Mundial, a Xunta Xestora da Asociación de Amigos dos Montes Veciñais
en Man Común ven a celebrar a súa Asemblea Constituínte
que terá lugar ás 12,00 horas do vindeiro Domingo
21 de Marzo no Monte do Castro de Vigo. Esta
asociación sociocultural de ámbito galego, xorde dende a vontade sensible
de distintas persoas de diferentes eidos da vida profesional e cultural coa
finalidade de defender, desenvolver e promover a figura da Comunidade Veciñal
do Monte en Man Común, unha das máis importantes figuras sociais da
cultura galega. Entre outras accións previstas, propoñémonos a creación
de foros de debate e opinión que servan para o intercambio de experiencias
e coñecementos; a difusión da figura do Monte Veciñal no eido urbano e no
eido da educación dos nosos nenos/as; o apoio á formación das comunidades
de montes; así como a elaboración de programas de estudio e investigación
arredor do pasado e presente do Monte Veciñal, figura tradicional
galega por excelencia.
Por outra banda, consideramos
necesaria a elaboración de propostas que contemplen e promovan á
comunidade veciñal e aos seus montes nos Planos de Desenvolvemento Local e
Rural, e que as mesmas fomenten unha Xestión Sostible
dos seus recursos e aproveitamentos. Dende esta Asociación promoverémos
tamén a relación da comunidade veciñal galega con figuras semellantes de natureza
xermánica doutras autonomías ou países.
A Asociación ten creada unha dirección
de correo electrónico para atender a tódolos interesados en consultar,
asociarse ou colaborar con ela, amigosdocomunal@mundo-r.com,
e próximamente vai poñer en marcha a súa páxina Web.
Agradecendo a atención do seu medio
informativo, reciba un cordial saúdo.
Luis Uriarte. Xunta Xestora.
Para máis información ou contactos
no seguinte teléfono: 620 604030