NOTA DE PRENSA
DE:Celso
Milleiro Fariñas
Lugar de Caticobas 14-B
36637 MEIS (Pontevedra)
Tfo. 607 89 54 10
DNI 9.605.680 Y
Asociación "Amigos do Monte Veciñal en Man Común"
O Domingo, 21 de Marzo, terá lugar no Monte do Castro en Vigo o acto fundacional da Asociación Socio-Cultural "Amigos do Monte Veciñal en Man Común".
E lóxico que cando hai que criar unha asociación de amigos e porque hai enemigos, ... pois iso: vaise criar a asociación de Amigos do MVMC.
O nacemento probocao a situación a que se ten chegado, senlleiramente, polos intereses económicos esmagantes de grandes empresas ás que favorece unha administración ó seu servizo e un cortello de vividores chuchadores das frangullas que os anteriores deixan cair para que lles laven as vergoñas.
Vaían dúas pérolas da situación:
1.- O lugar de nacemento da Asociación ten o seu aquel simbólico: O Castro de Vigo é un lugar do que foi despoxado o veciñaxe da parroquia de Santa María de Vigo e máila de Santiago de Vigo. A propiedade veciñal é imprescriptibel, eis, pois, unha base que pode facer que os veciños recuperen o seu.
2.- A outra pérola anda a cotío nos medios de comunicación propalada pola Xunta: no derradeiro inventario apereceron máis de 400.000 Has.(a provincia de Pontevedra ten 490.000 Has.) máis de monte arbolado. Entre o último Inventerio Forestal e o anterior pasouse un pouco máis de 900.000 Has arboladas a máis de 1.400.000. Á Xunta subvencionara menos de 90 mil e os incendios forestais devastaron centos de miles de Has. no intervalo inter-Inventarios. MILAGRE¡¡¡ ou MENTIRA??? Os medios que tan adoitos están a consultar ás autoridades para confirmar o que pretenden denunciar os civilles, por qué non consultades o anterior con técnicos non vendidos que os hai? Xa veriades que a cada galego nos corresponderían menos árbores, árbores de verdade, per cápita.
Qué pasou para que acontecera o anterior, a aparición de árbores de infima calidade ?: o "Plan Forestal Español" pode diciros algunhas causas do acontecido:
La drástica reducción y el envejecimiento de la población rural, especialmente acusados en areas de montaña, el abandono de aprovechamientos tradicionales como la ganadería extensiva o las leñas y de extensas áreas de cultivo en zonas marginales, el estancamiento en el precio de la madera (en términos reales) y el aumento de los costes asociados a la actividad forestal, la falta de mano de obra cualificada en trabajos forestales y, en ocasiones, las dificultades provocadas por algunos procedimientos administrativos, entre otros, han tenido como consecuencia una disminución de la presión humana sobre los montes, que ha permitido la regeneración y densificación del arbolado de muchos de ellos y la expansión de la cubierta forestal en áreas de frontera y en comarcas de predominio de mosaico agroforestal.
Rematadas as pérolas, vaiamos á Asociación:
Obxecto
e beneficiarios da Asociación de Amigos do Monte Veciñal en Man Común.<?xml:namespace
prefix = o ns = "urn:schemas-microsoft-com:office:office" />
a).-
A Asociación de Amigos do Monte Veciñal en Man Común ten por obxecto a
promoción e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa figura do Monte
Veciñal en Man Común.
b).-
Para o cumprimento do obxecto a Asociación de Amigos do Monte Veciñal en Man
Común poderá promover ou realizar entre outras actividades:
1).-
Foros de debate e opinión sobre aquelas medidas legais ou técnicas que poidan
afectar ós montes veciñais en man común en tódala súa esfera de influencia
e significado, elaborando propostas que contemplen e promovan a comunidade de
monte veciñal en man común e os seus montes nos planos de desenvolvemento
local e rural, e promocionando o fomento da Xestión Sostible dos recursos e
aproveitamentos dos montes veciñais en man común.
2).-
Apoio á formación consolidación, e bo funcionamento das comunidades de montes
veciñais en man común, en tódolos seus ámbitos. En particular neste eido a
Asociación promoverá o intercambio de coñecementos
e apoio dende as comunidades ou foros máis desenvolvidos a aquelas zonas
de Galicia onde a figura da comunidade de montes teña un menor desenvolvemento.
A Asociación tamén promoverá a relación da comunidade veciñal con outras
figuras similares de natureza xermánica doutras comunidades autónomas ou países.
3).-
Programas de estudio e investigación relacionados coa historia e o presente do
significado social da figura e da realidade xeográfica e natural dos montes
veciñais en man común, incluíndo a creación dunha base de documentación con
fondos bibliográficos e audiovisuais, sobre o monte veciñal en man común.
Como complemento a estes programas, procurarase a difusión mediante campañas
de divulgación da figura da comunidade de monte veciñal en man común, tanto
nos medios rurais, coma especialmente nos medios urbanos. O desenvolvemento de
planos educativos dirixidos á poboación escolar sobre a realidade da
comunidade e as comunidades de montes veciñais en man común.
4).-
A creación dunha Fundación que ampare baixo o eido desta figura xurídica ós
obxectos da Asociación e dea cabida á participación directa na mesma das
Comunidades de Montes e Institucións.
5).-
Calquera outro relacionado co punto a) do presente artigo que sexa acordado
polos órganos de goberno da Asociación conforme á legalidade vixente e o
definido polos presentes estatutos.
c).-
A Asociación de Amigos do Monte Veciñal en Man Común poderá utilizar,
promover ou desenvolver os seguintes medios:
1).-
Seminarios, congresos, conferencias, foros, páxinas web, coloquios ou debates
sobre o obxecto da Asociación; incluíndo convenios, contratos ou creación de
centros destinados á realización de estudios e informes; así coma a realización,
financiamento e difusión de edicións impresas, audiovisuais ou calesquera
soporte das novas tecnoloxías; e a orientación e perfeccionamento ou
desenvolvemento de tarefas de axuda e ensinanza no eido do obxecto da Asociación.
2).-
Canalización ou creación de axudas, subvencións, becas e premios para a
realización de estudios ou traballos en institucións docentes públicas ou
privadas, propias ou alleas relacionadas cos fins fundacionais.
3).- Calquera outro relacionado co punto a) do presente artigo que sexa acordado polos órganos de goberno da Asociación conforme á legalidade vixente e o definido polos presentes estatutos.
E máis nada, ... somentes que unha causa do nacemento da Asociación é o descoñecemento da sociedade do que son e poden siñificar os Montes Veciñais no progreso de Galicia. Neste senso o contar dentro da Asociación con amigos xornalistas sería fundamental: os bos e xenerosos animádevos.